Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/31/2006


Pechando o ano cunha reflexión ao fío dunha nova de onte

Marx tiña razón na súa visión científica do avance da Historia: a evolución (ou involución) ven dada pola confrotanción dialéctica de dous bloques antagónicos que rematará nun proceso de síntese (da antítese da tese) con preponderancia do bloque emerxente. Pasou no antigo Réxime coa Revolución Francesa (que previo paso da Restauración deunos o Liberalismo). Dun quedounos, para desgraza, a monarquía. Da revolución a soberanía, a seperación de poderes e a Declaración Universal dos Dereitos do home e do cidadán. Do outro a filosofía global que aparece subordinada á idea de liberdade do individuo e o racionalismo. Máis tarde o Liberalismo sufriu unhas reformas que resultaría nas Democracias Liberais Monárquicas, nas que conservamos a igualdade xurídica entre homes, máis non a efectiva. Diso ocuparíase a Democria Igualitaria no que non se dará prioridade ao mantemento da liberdade individual, senón que estará por debaixo da búsqueda da igualdade real (lembremos a retrousa de que prima o interés xeral sobre o particular). Para iso socializarase a política mediante unha educación laica, gratuíta e universal e uns medios de comunicación independentes. O problema será a ineficacia da Democracia autodenominada igualitaria para solucionar as desigualdades. Disto xurdirán proxectos políticos que neguen a capacidade desa Democracia para lograr unha sociedade igualitaria. Os dous movementos antagónicos serán primeiro o pensamento socialista. Logo os recalcitrantes fascismos. Este último caso unha clara e perversa involución.
Logo desa Democracia igualitaria interrumpida en Italia, Alemania e no Estado español, configurouse o que, obxectivamente, elevou o nivel de vida dos europeos cuantitativa e cualitativamente levándoos aos máis altos niveis de benestar coñecidos ata a época. Suecia, Francia, Alemaña, Países Baixos, Noruega. A democria do benestar. É aquí onde o pensamento de Marx non se pode aplicar. Xa que diante desta democracia de Benestar está xurdindo dúas antíteses.

En primeiro lugar a antítese neoliberal, que pretende abafar o Estado, restaurar os principios do liberalismo intransixente clásico e favorecer o interese dos máis ricos en favor dos desherdados da terra e así afondar nas desigualdades. É ideoloxía da morte, da destrucción e do imperio do máis forte.

En segundo lugar a democracia participativa do benestar individual e colectivo, como a min me gusta chamala, non en tanto unha antísese senón unha evolución reformadora cara un socialismo práctico, aberto e fondamente reformista tendo como valores a igualdade, a democracia participativa e a fraternidade. Parto da idea de que o cultura individualista do sistema ten que ser derrotada en mans da cultura da cooperación. Ten que ser unha sociedade civil activa a que fiscalice o poder, botando man de certos mecanismos de democracia directa sempre dentro da viabilidade lóxica e da cultura democrática do lugar. Ven sendo un resumo de todo o bo que nos deixou o pensamento político teórico e práctico universal adaptado ao século XXI. E para facelo extensible a todo o mundo.

Eis a miña reflexión para rematar o ano. Non queda dúbida que deixarei ata o meu último alento para que esa democracia participativa do benestar individual e colectivo gañe a batalla.

12/30/2006

Dúas malas novas para o mundo civilizado

En efecto, hoxe 30 de decembro, erguinme (máis ben tarde) con dúas novas non moi agradables. En primeiro lugar o executamento de Sadam Husein na forca. Está claro que Sadam foi un dictador. Un fillo de puta, vamos. Cometeu milleiros de crimes. Pero ante todo queridos compañeiros da Comunidade Internacional, DEREITOS HUMANOS. En pleno século XXI e logo de avanzarmos xuntos en prol da consecución de dereitos inalienables, creo, obxectivamente, que a pena de morte é un paso atrás. Para Sadam cadena perpetea sería o xusto, porque como é lóxico, non hai posibilidade ningunha de reinserción social. Pero nunca a morte. Nin tan sequera a Bush, ese tirano imperialista e asasino que ben o merecería. Pero non, compañeiros da Comunidade Internacional, non me deixaría levar pola irracionalidade do sentimento humano (odio cara os EEUU e para el en particular). Tería que ser xulgado por ser reponsable político directo de mortes en medio mundo, máis nunca coa morte. DEREITOS HUMANOS, sempre.
A outra nova que tamén me entristeceu foi (no caso de confirmarse) a autoría de ETA do atentando na T4 de Barajas. Agora que todas as forzas democráticas estabamos avanzando conxuntamente (agás o PP, deixómolo aí, que tampouco debemos consideralos democraticos, mellor un pseudodemocraticos) para rematar coa violencia no EE...Veñen os de sempre e...A volver a comezar a e aturar os "ya os lo decía yo" do PP. Quédome coas declaracións do BNG, EA ou Aralar. "Tranquilidade e sosego. O proceso non debe pecharse".
E repito, o fondo que pretende ETA é totalmente lexítimo e democrático: a autodeterminación dun pobo. É o mesmiño que busco eu na miña fronte. Pero hai unha diferencia, que é o camiño. Nunca está xustificada a violencia nun Estado onde ese obxectivo se pode acadar por métodos políticos. Nunca.

Agardemos que Batasuna faga un exercicio de intelixencia e condene o atentado e poidamos todos sentarnos nunha mesa para discutir como persoas civilizadas.

12/29/2006



GALIZA IS NOT SPAIN
A pesar de que algúns desexen revestir ao partido de onte cun toque "rexionalista e folclórico" e queiran desxelitimar o encontro con novas certamente manipuladas, eu estiven en Riazor. Había 3/4 de entrada, moito máis que nos partidos do Dépor este ano. Ou sexa que iso de que gañou o cemento é men-ti-ra.

O Galiza-Ecuador foi máis que un xogo. Foi máis que un empate a un nun partido vibrante e contaxioso. Comeuzou co himno nacional cos puños en alto, berrando ben forte a estrofa final..."Nazón de Breogán". E non porque quixeramos este concepto no préambulo do Novo Estatuto, como propuxeron no seu día os progres lights sen cafeína, senón porque sabiamos que o fútbol (para ben ou para mal, máis ben para mal, xa que é triste que sexa isto o que máis move ao ser humano) é un arma de socialización e de expresión máis directa: era a nosa reafirmación e vontade a vida voz de que somos unha nación. E dubido que 20.000, ou 30.000 ou nin tan sequera 3.000 persoas se xunten para berrar que somos "unha rexión", "unha identidade nacional", "unha comunidade histórica" ou algún subterfuxio destes.

O que vivín onte foi máis que un partido. Foi a constatación de que a parte de lingua, historia, cultura e dinámica socio-económica propia, temos vontade de ser nación. Dinme conta de que por fin somos un pobo maduro. E como pobo maduro, temos dereito a escoller libre e democraticamente o noso futuro.

12/28/2006


Anotación previa: Dígoo con toda lealdade ao proxecto de Galiza Nova e do BNG.


Volvemos ao de sempre. Creo que ás cousas debemos entendelas por convención. Non podemos crear unha endogamia lingüística que o único que alimenta é un proceso de diverxencia coa sociedade e unha sorte de espiral do silencio.
Non se pode conectar coa mocidade presentándolle unha dicotomía moi enrevesada teoricamente e pouco efectiva e palpable na práctica. Nacionalismo VS Estatalismo ou, no seu defecto, Nacionalismo VS Imperialismo. E quedamos tan tranquilos. Ou es nacionalista ou senón estás a favor da aniquilación dos pobos e dos dereitos políticos destes.

Creo que debemos encadrarnos nas correntes de pensamento da cultura universal para poder chegar a ser unha forza hexemónica en Galiza. Debemos asentar a cabeza, permeabilizar o descurso (sen chegar a descafeinalo, ollo) e explicitar o que convela ser de esquerdas no universo simbólico das ideas. Ser antiimperialista, traballar en prol da maioría social, estar a favor da igualdade real e efectiva sen discriminación de ningún tipo, ser solidarios cos pobos asoballados e tamén coa xente non asoballada no sentido nacional pero sí no seu día a día, intentar erradicar a pobreza, ser antimilitaristas, ecoloxistas, propoñer medidas para un desenvolvemento sostible no planeta, participar activamente nos foros sociais mundiais onde o descurso se rexuvenece...

Non debemos entender que é o "sistema" esa man invisible que nos obriga a definirnos. Porque para ben ou para mal, estamos dentro do sistema e se queremos cambialo debemos aceptar certa terminoloxía. Cando menos a terminoloxía. E que queredes que vos diga. Eu son antisistema no sentido en que non son conformista e non estou a favor do status quo. Síntome orgulloso de ser nacionalista e de esquerdas porque creo que é o máis intelixente que podo facer eu como galego. É o meu grao de area dende este pequena nación do mundo para a cultura universal.

12/26/2006




LÉMBRATE
EE logo da súa enfermidade do desdobramento cuasiintencionado, só puido artellar este monólogo cargado de sentimento..
-O frío cristaliza os meus beizos e seca a miña lingua. Máis non me dou quitado, para ben, ese analxésico da gorxa. Sabe como as larpeiradas que tomaba cando era neno. O sabor que marchaba, devagar, devagariño. Ata parecía dulcificar a luminaria do nadal coa súa alta concentración de azucre. Prolongábase ate o infinito. Mesmo na cama parecía un rumiante mastigándome a min mesmo. E agora, nas papilas cor sangue, parece redundar o sabor daquel tempo. Lonxe quedou por fin o sucio e ríspeto medo. Lonxe ficou o inimigo intrínseco. Lémbrate: dille que na miña boca só hai sinceridade. Lémbrate de dicirlle que alguén está agardando que a sensación das larpeiradas de cando era neno volvan burbullar cunha intensidade frenética. Lémbrate de dicirlle que non teño presa.

Non existe no mundo algo tan sinxelo. Pídoche só iso: lémbrate.

12/23/2006





-Bolboreta.
-Sáeme mariposa. Eche o que hai cos castelanismos.
(esvaecemento temporal sen raccord)

-¿Onde a merchaches?
(Na praza de Galiza, o xoves pola noite tremendo ambos os dous do cabo á cima. Unha rapaza medianamente etílica e descoñecida preguntouno)

- Cando damos unha aperta sempre damos unha parte de nós.
( inconexo)

- "...qsepas q ont stuvn gnial cntg...".
(nokia, merquei fai un par de meses un nokia. Recibino ás 02:35)

- Oes, se ves que molesto dimo.
(Magosto, día do roubo)

- ¿Non estará mirando para aquí?
- Que va, non ves que ten ás amigas detrás. Está mirando para as amigas.
(Congreso 15 anos. Corroboro. Si que miraba).

- Queres ir ao portal?Vivo aí.
(Facía frío).

- Queres licor café?
- Non, prefiro unha clara.
(Reixa)

- ¿Non che parace surrealista?
(moitas veces dito)

- Acompáñote
( Porque teño e quero facelo).

- ¿Porque terán iso no teito?É bonito.
(Moito)

- Hoxe tócache escoller a ti.
(Chovía moito).

- Tesme que dar o teu número. Se queres, claro.
- Si, claro.
(Magosto, CAF, roubo).

- Son independentista e merco en Inditex.
(Crechas).

-Ola, son Pablo.
(Mellor Paulo).

- Facíannos rezar.
- ¿E non denunciáchedes?¡É un colexio público!
- Tiñamos medo.
(coa boca aberta)

- Agardo que esto fora un bo agasallo de Nadal.
( No Obradoiro, despedida)

E todo así mesturado, sen querelo distinguir. Sería inxusto.

Bolboreta. Pecho os ollos e vexo a bolboreta.

E non teño ningunha intención de facer xogos metafóricos nin estrafalarias combinacións de palabras. Porque son consciente de que as veces o preciso é o precioso, de que unha mirada nanodecimal nese instante xusto onde os beizos deixan de ser unha simbiose poética é a axuda necesaria para comprender un desacougo tan electrizante e tan pracenteiro que quixera telo comigo sempre. Todo o vexo cunha claridade psicodélica.E co convecemento de que a liña de puntos de arriba hai que recortala entre dous. Porque así o mandan os cánones.


Bolboreta. Pecho os ollos e vexo a bolboreta.

12/20/2006


Un xogo de máscaras


Ninguén, a primeira vista, pode caer mal. Neses primeiros encontros é cando máis máscaras temos enriba, coma unha intensa capa de maquillaxe que impide ver a pureza da pel. Somos cínicos. Movémonos de forma pouco natural. Finximos ser o que non somos. Posamos. Incluso poñemos a voz un chisco máis grave.

Só cando vamos quitando as múltiples máscaras de nosa perfecta, simpática, agradable e intelixente personalidade finxida coñecémo(nos-mesmos) e a quen nos rodea.

E é moi reconfortante saber que cando quedamos nós (os 2), tal e como somos, cuns olliños virxes e o noso corpo totalmente nú, a única palabra que se me ven a mente é aquela retrousa melancólica (e perdida na memoria) de antano: benestar.

E repito, é moi reconfortante coñecer as persoas tal e como son. Sen máscaras. Prodúceme unha intenta sensación de BENESTAR.

12/09/2006

A escravitude, aínda que consentida, segue sendo escravitude!

A explotación sexual das mulleres é un problema serio de desigualdade, fundamentado na relación de dominación masculina e de explotación, levando implícita e explicitamente unha grande carga de violencia de xénero.Vivimos nun mundo en que todo se pode mercar por cartos. O capitalismo neoliberal salvaxe impón unhas pautas de comportamento de sumisión tranversal do pobre sobre o rico, do poderoso sobre o sumiso. E ata a dignidade das persoas pode adquirirse por un puñado de euros. Pero non. As persoas non son mercadorías e a súa dignidade debe ir máis aló das regras do libre mercado. E legalizar a prostitución sería unha conquista máis do grande capital, pois vería lexitimado, aceptado e regulamentado o seu negocio. Que non se deixen enganar aqueles “progres” legalizadores, porque baixo esa máscara de normalización nin tan sequera o máis sagrado do ser humano, que non é outra cousa que a súa dignidade, estaría protexido do mercantilismo puro e duro.Todo está en venda. Todo vale. E no tema concreto, non podemos consentir que a corpo das mulleres sexa un simple produto de consumo no que uns homes, aplicando a lei da oferta e da demanda, teñan a potestade de facer da muller unha escrava. Porque a prostitución é escravitude, non nos enganemos. E aínda que a escravitude sexa consentida, segue sendo escravitude.

12/04/2006


Nunca debemos ter unha estrutura interna onde un grupo (sexa cal sexa) teña posición hexemónica. ¿Por que? Pois porque somo unha fronte plural na base. E debemos ter o convencemeto de que esta executiva, en termos globais, responde á base militante. A Asemblea Nacional foi un éxito, agás, claro está, do tema dos delegados. Pero dinme que o teño que aceptar porque foi a propia Asemblea a que decidiu a súa decapitación. Eu respondo: a escravitude consentida segue sendo escravitude.

O Consello Nacional é plural. Estou contento. Quizais preferiría outra correlación de forzas. Pero o escenario que se abre é esperanzador: houbo algún que outro guiño explícito á esquerda que antes non existía no discuros oficial.

Moi boa a actuación de Movemento pola Base. Moi dignos e consecuentes. Parabéns.

Agora toca traballar en positivo. E reafirmar o que somos: somos fondamente nacionalistas e, por iso, debemos procurar a soberanía plena de Galiza. Somos de esquerdas porque actuamos en prol da maioría social.

Adiante co BNG. Adiante con movemento de liberación social e nacional!

 
adopt your own virtual pet!