Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/28/2006


Anotación previa: Dígoo con toda lealdade ao proxecto de Galiza Nova e do BNG.


Volvemos ao de sempre. Creo que ás cousas debemos entendelas por convención. Non podemos crear unha endogamia lingüística que o único que alimenta é un proceso de diverxencia coa sociedade e unha sorte de espiral do silencio.
Non se pode conectar coa mocidade presentándolle unha dicotomía moi enrevesada teoricamente e pouco efectiva e palpable na práctica. Nacionalismo VS Estatalismo ou, no seu defecto, Nacionalismo VS Imperialismo. E quedamos tan tranquilos. Ou es nacionalista ou senón estás a favor da aniquilación dos pobos e dos dereitos políticos destes.

Creo que debemos encadrarnos nas correntes de pensamento da cultura universal para poder chegar a ser unha forza hexemónica en Galiza. Debemos asentar a cabeza, permeabilizar o descurso (sen chegar a descafeinalo, ollo) e explicitar o que convela ser de esquerdas no universo simbólico das ideas. Ser antiimperialista, traballar en prol da maioría social, estar a favor da igualdade real e efectiva sen discriminación de ningún tipo, ser solidarios cos pobos asoballados e tamén coa xente non asoballada no sentido nacional pero sí no seu día a día, intentar erradicar a pobreza, ser antimilitaristas, ecoloxistas, propoñer medidas para un desenvolvemento sostible no planeta, participar activamente nos foros sociais mundiais onde o descurso se rexuvenece...

Non debemos entender que é o "sistema" esa man invisible que nos obriga a definirnos. Porque para ben ou para mal, estamos dentro do sistema e se queremos cambialo debemos aceptar certa terminoloxía. Cando menos a terminoloxía. E que queredes que vos diga. Eu son antisistema no sentido en que non son conformista e non estou a favor do status quo. Síntome orgulloso de ser nacionalista e de esquerdas porque creo que é o máis intelixente que podo facer eu como galego. É o meu grao de area dende este pequena nación do mundo para a cultura universal.

 
adopt your own virtual pet!