Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/04/2006


Nunca debemos ter unha estrutura interna onde un grupo (sexa cal sexa) teña posición hexemónica. ¿Por que? Pois porque somo unha fronte plural na base. E debemos ter o convencemeto de que esta executiva, en termos globais, responde á base militante. A Asemblea Nacional foi un éxito, agás, claro está, do tema dos delegados. Pero dinme que o teño que aceptar porque foi a propia Asemblea a que decidiu a súa decapitación. Eu respondo: a escravitude consentida segue sendo escravitude.

O Consello Nacional é plural. Estou contento. Quizais preferiría outra correlación de forzas. Pero o escenario que se abre é esperanzador: houbo algún que outro guiño explícito á esquerda que antes non existía no discuros oficial.

Moi boa a actuación de Movemento pola Base. Moi dignos e consecuentes. Parabéns.

Agora toca traballar en positivo. E reafirmar o que somos: somos fondamente nacionalistas e, por iso, debemos procurar a soberanía plena de Galiza. Somos de esquerdas porque actuamos en prol da maioría social.

Adiante co BNG. Adiante con movemento de liberación social e nacional!

 
adopt your own virtual pet!