Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

9/15/2006

Chegaron de noite e coa cara cuberta. Premeditadamente seguíranme co coche para saber en que piso vivía. Pero non querían matarte, sabía perfectamente que esa non era a súa intención. Sen min non podían chegar a ningunha parte. Só querían silenciarme.

Foi un deles o que deu o paso. Pero non o ían facer co método tradicional. Vaia, sería un insulto para a súa intelixencia. Foron ata a esquina e prenderon o ventilador de chan coa máxima potencia. Eu estaba atado de pés e mans. Cunha pistola mandáronme sacar a lingua. E así, fóronme achegando paseniño. O sufrimento producíalles placer.

E cal imaxe dantesca, manchei o peito de sangue cun xemido dunha dor irracional. E a lingua ficou alí, nunha esquiniña. Enrugada, vermella.En dúas semanas cicatricei. Os moscardóns déronse o banquete ata deixar só migallas. E os democrátas gañaron. Pero que non teñan a conciencia tranquila: sabían que esa era a única forma de calarme: arrincándome a lingua.

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ademais de recomendar encarecidamente a non lectura de metáforas coma esta despois de xantar (cousa que eu acabo de facer) e de facer un chamamento á cabeza-fría non podo senón mostrar a miña satisfacción polo 55-33. E en decembro, a falar.

3:37 da tarde

 
Blogger amarante said...

Estou contigo muinho en que ás veces esaxero; pero ao mellor a lectura que entendiches non era polo que crías que é (ou era), senón por outra cousa.

E dende logo que non podo deixar de mostrar a miña satisfacción polo resultado do consello!!!!!!

Vaporosas, cando lle cortan a lingua a un simplemente está calado o tempo que dura a dor e o sangue. Cando cicatrice sempre haberá outros métodos de loita.

6:36 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

yo no me entero de nada entre tanta ambigüedad, ¿alguien se atreve a explicármelo?

3:30 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

mejor que no, creeme

8:43 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non é ambigüo nin se refire a algo concreto, só a unha sitación que acontece todos os días nesta "tan boa" democracia occidental.

7:25 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

O da foto pareces ti

10:29 da manhã

 
Blogger amarante said...

grazas maj@

4:13 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

De nada

8:09 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!