Ás veces é difícil diferenciar realidade de ficción. Cando todo parece unha construcción (a priori) do onírico, acaba converténdose en espantosa ( triste e irreductible) certeza.
E cando esbozas un sorriso (de novo a priori) material, derrítese e cae nos fíos da perversa maquinaria neuronal nocturna.
A obsesión do francés Michaud: vixilia e soño.
E vaia, fuxindo da utopía, tiven que abandonar o determinismo de Marx (que nunca o marxismo), e concebir ao socialismo como unha construcción humana consciente, nacida do convencemento da maioría de que é necesario instaurar unha forma superior de convivencia, e non fruto inevitable do desenvolvemento de forzas económicas impersoais. Somos ante todo humanos. Íntegros, e con conciencia. E non un simple número. E non vou falar hoxe do civismo... Hoxe non.
¿E todo ao fío de que? Fai 70 anos do levantamento fascista contra o goberno lexítimo republicano. Sempre está ben facer MEMORIA. E que os de sempre non comparen víctimas con verdugos. Aquí só houbo unhas víctimas: as que estiveron reprimidas polo franquismo. Queda aquí unha sentida homenaxe a todos aqueles que morreron por defender os seus ideais. Viva os mártires galegos! E viva os mártires de todo o mundo, claro está!(muletilla internacionalista).
(Tradución das derradeiras palabras pronunciadas por Alexander Bóvesa, en español por obriga, no xuízo en que foi condeado a morte).
PD: non sabía que existían colonias de cantantes...vaia, un produto máis do sistema,non?
ummmmmmmmm,si,otro producto mas dl sistema q tanto odias...xo la cuestion es:olia bien o no??
1bico d dspedida...
5:59 da tarde
depende el cantante, no?
6:13 da tarde
a cuestión é que ulía ben...
Ou era o mar?
7:46 da tarde
Na miña estreliña non teño iso do mar... pero sempre que volto ao meu pasado procuro ir a visitalo. Ten algo para nós, a xente que creceu ao seu lado, que nos enche, que nos chama, que nos calma, que nos atrae e que nos fai necesitalo. Del vívese, nel síntese...a el voltamos... O seu son, o seu cheiro... e cando estás só nas tardes de inverno, pasear ao seu lado...
Principiño melancólico.
9:27 da manhã
é certo, existen certas cousas que evocan moitas sensacións...non me descubre nada novo...
pero grazas pola interesante reflexión
8:06 da tarde
si,la cuestión es q olía bien,en conjunto:olía bien la colonia (era d britney...),el mar de A Coruña y aquellos peces q parecían a punto d saltar a tu cuello en cualqier momento(siempre t atacarían a ti 1ero!!)
9:12 da tarde
Dende logo: calquera tipo de animais se lanzarían a min primeiro, en especial a zonas próximas ao pescozo.
E como me encanta que escribas "a" "a" "a"
jajaja
7:15 da tarde