
-¿En que pensas?-dixo EE-. Mira para Moncho, seica está preparando unha churrasca para o venres.
- E baixaremos da estrela,non?
-Pois iremos.
Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.
adopt your own virtual pet! |
Ese pasado que tanto buscamos esquecer agora parece ser o remedio do futuro incerto. O sosego poñémolo nós, non nolo impoñen dende fóra (aínda que condiciona), pero como dixo unha vez alguén moi sabio: "Non deixes que as viaxes entre o pasado e o futuro estraguen o presente". Esboza un sorriso co pasado, vive o presente e anhela un futuro sen que che condicione o tempo.
¿Quen o dixo?
;)
9:38 da manhã
Woody Allen?jejejeje.
Ás veces precisas dun chisquiño dese pasado para ver que, realmente, ese pasado é pasado porque queres ti que sexa pasado.
Conclusión: Non hai pasado se non queremos.
9:28 da tarde
Non... e o pasado non se necesita, só se lembra con añoranza e alegría. Se necesitas do pasado nunca poderás desprenderte del. E o pasado é pasado porque xa pasou, non por que queiras ti ou deixes de querer... xa está... pasou e "nunca volverá..." jejeje.
Ala, se te pos a lembrar lémbrate do 26 de agosto do ano pasado, a ver con quen durmiches esa noite... ;) que seguro que lle deches unha mala noite acaparando a cama ;) e a quen querías chamar...
8:28 da manhã