Vaia, vaia. A “ialba” do amencer aínda non chegou (e menos aínda a “ialba de gloria” de Castelao, iso levará moito máis tempo).
Pero o que está dando de sí esta noite de traballo descomunal é para a reflexión. O filósofo, a muller, Moncho e máis EE están certamente sorprendidos que fora tan sensible. E que, como dicia EE, eu máis ben parecía unha pedra, que nada do que acontecía me facía ter un mínimo resquicio de dose, cando menos, pseudo-sentimental. E que falar de certos temas con certa xente sempre nos pon a pel de galiña cun calafrío simétrico que comeza nos dedos de ambas mans e remata simbioticamente no nariz e nos pés, bicurcándose de forma excelente no peito. Un calafrío do cabo á cima, vaia.
Sen dúbida, madurei bastante. Moitos din que son máis frío, e que realmente iso non está implícito na evolución da persoa, senón que é un engadido negativo. Eu sigo sendo ou mesmo. E así o manteño, sigo sendo o mesmo. E crendo no mesmo.
-Creo na amizade como modo de complemento e de crecemento persoal.
-Creo no amor como concepto idílico-utópico-irracional e creo no alter ego. A cuestión é atopalo.
- Creo que o estudo é o mellor método para evolución dunha sociedade.
- Creo que as mellores políticas posibles neste momento son aquelas que intentan afondar nos valores do republicanismo-democracia participativa, por exemplo- e socialismo. E creo, loxicamente, que a política- entendida en termos amplios- é o mellor arma para o cambio.Ao igual que a comunicación.
- Creo no nacionalismo cívico e non non orgánico-historicista.
- Creo que a literatura é moi importante.
- Creo que o conformismo é o peor cancro do home.
E creo que chorar está ben. Sobre todo para canalizar a anguria que me está a consumir por dentro cando penso que o soño vai rematar. E temo a chegada dese auditorio ateigado. E temo que digan o meu nome. “Parabéns, xa estás licenciado”. E temo non saber parar o tempo. E temo perdervos…
Na miña estreliña tamén pasamos por iso, pero é un camiño que temos que seguir, pero non podemos paralo nin un momento... Hai cousas que vostede di no seu relatorio que non podo máis que interiorizar e lembrarme de moitas outras que pasei con vostede (e que sabe que non lle vou comentar, aínda que se quere dígamo e un día falámolas) pero lembre que estando ben acompañado todo se fai máis levadeiro.
Apertas dende unha estreliña perdida...
4:39 da tarde
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
7:10 da tarde