Felicidade, concepto difuso. Ao igual que a foto ( desenfocada de forma involuntaria por parte da fotógrafa, que me aforrou a manipulación electrónica para preservar a miña identidade). E ese felicidade constrúese con momentos cativos, con pequenas cousas.
Foi unha verdadeira honra estar ao lado do mestre, do mestre Xosé Manuel Beiras, presentando o acto. Non me gusta iso do concepto "heroe", vocablo das clases de pre-escolar para definir a unha persoa que tes idealizada. Pero vaia, igual temos que retomar a terminoloxía infante para achegarnos a ese sentimento de admiración. Foi esa dose exacta de benestar que me fixo, por fin, esbozar un sorriso completo.
Un milleiro de persoas puideron contemplalo. Foron testemuña dun dos soños da miña vida.
Non é por fastidiar, sabes que non, pero iso de idolatrar a alguén (anque sexa Beiras) non é nada positivo. Pode esnafrar o concepto de obxetividade, a crítica é un valor que nunca debemos esquecer.
Polo demáis, noraboa!
8:09 da tarde
Grazas vaporosa!
Madeleine, ti e máis eu sabemos,logo destes anos na carreira, que...a obxectividade non existe, querida.
:)
9:40 da tarde
Sinto non ter estado aí, pero sabes que había un motivo.
En compensación, déixoche o meu primeiro comentario no teu blog, ;P
Un biquiño e noraboa. :D
10:30 da tarde
Moitas grazas sariña, un pracer o teu primeiro comentario!
Gustaríame que tiveras estado,pero como dixeches, as lexítimas circunstancias impedírono.
Agardemos que haxa unha segunda vez
:)
12:02 da manhã
Eu creo que o concepto de obxectividade de madeleine non ía por aí. Na miña estreliña podemos divagar sobre ese concepto, a obxectividade como veracidade común, non como a individual, non como o verdadeiro, senón a realidade veraz. Pero coma sempre quero apoiar a tese de Madeleine, iso de idolatrar... eu creo que a ilusión non se debe perder, pero esperaba que un sorriso completo cho arrincase outra cousa máis... "ambiciosa" e con máis contido... pero bueno, pasiño a pasiño... Creo que na miña estreliña xa pasou o momento de pulir a vecindade, xa que só se deixan pulir por "outras"...
Que eu saiba non era un milleiro de persoas, que era un cento, e espero que llo agradeceras a todos os que foron por igual.
O principiño reivindicativo.
10:00 da manhã
sei que era un cento, o milleiro era licenza poética.
Eu sigo coa mesma teima. Non está ben iso de idolatrar, pero neste caso non podo atopar outro símil para expresar a miña admiración cara esa persoa.
1:43 da tarde
Perfecto, perfecto... Mi enhorabuena sincera. Se que este no es el canal que debería utilizar para ponerme en contacto contigo pero en vista que tu faceta política, de charlas, ídolos, baños de multitudes y litros de licor café con tus camaradas (deberías acostar más temprano a tus colegas que luego no me llegan a las citas) te tienen tan absorbido, intentaré colarte este post a ver si me haces caso. A quién vamos a traer a la práctica final? Teneis pensado algo o voy pensando yo en candidato/as?
Siento utilizar tu blog para cosas tan poco "bloggeras" pero no me queda más remedio.
3:35 da tarde
vaia, estudante de xornalismo, eso de "Litros de licor café" non e así exactamente...que o alcol non me vai moito.
12:13 da manhã
jajaja, vexo que o meu amiguiño descubriu a única forma de poder falar co camarada... ou afiliándose ao partido ou vía Internet, jajajajaja. E polo que vexo o camarada segue sen respostar aos posts que se lle poñen... jajajaj
6:02 da tarde
Ves ao que me estaba a referir, amarante? Nunca podes ter ese grao de admiración total cara ninguén, perdes o grao de dirección do teu propio coñecemento, da túa decisión persoal. Fágoche unha pregunta: defende todo o que di esa persoa, todos os argumentos ou temas que rebate? Entón xa non sería vostede, senón unha caste de gabinete de prensa
E perdoe o meu primeiro comentario, dende logo que a palabra obxetividade non foi nada acertada
Un bico;)
7:21 da tarde
un bo amigo ten coma subtítulo do seu blog unha cousa que considero unha gran verdade: "SE DUAS PERSOAS ESTAN DE ACORDO EN TODO , PODES TER A SEGURIDADE DE QUE SO PENSA UN DELES"
4:47 da tarde