-Hoxe estou ben. Quizais porque me din conta de que eu, son eu. Son así e ninguén poderá cambiarme. Será o sol, de seguro, o que me fixo liberarme da anguria de prexuízos que me estaban asolagando. E comendo ,paseniño, as miñas entrañas. Sí, paseniño, e non vou dicir “pouco a pouco”. Dame a puta gana de dicir paseniño e vou dicir o que me pete, e senón se entende, síntese.
-¿E ese cambio?- díxome EE.
-Xa ves compañeiro, xa ves. Estou farto do cinismo. E aínda por riba estiven a pesquisar na merda para incidir na ferida, mais, mediante procedementos extraordinarios, serviu de analxésico. Agora só río. ¿Sabes de que río?
(fragmentos, copias literais)
“…dame moita pena que nos estamos distanciando, ti e máis eu, porque collinche moito cariño, de verdade, e antes falabamos moito, pero agora xa non tanto. (…) Voume despedindo Pabliño e recordándoche que estou aquí para o que queiras e que te quero moito. Espero que che gustara esta carta e que nos sigamos levando así de ben moito moito tempo.
Un biquiño moi grande.
A túa amiguiña, por e para sempre.”
XXX
Venres, 5 marzo 2004.
-Río da xente que che prometeu amizade eterna, desa xente que dixo que sempre ía estar aí. E só o dicía coa boca pequena, porque despois…plaf!desapareceu. Coma se ter mozo fose desaparecer do mapa…Enténdesme EE?
-Sí, entendo. Pero o que non entendo é como lle das tantas voltas. Pasou moito tempo e en principio xa o tiñas que ter superado.
- Seino, pero esa persoa foi realmente especial. En tan pouco tempo compartimos tanto...E pasar de todo a nada é duro, ¿sabes? É moi duro. E sei que sempre terei unha espiniña clavada con ese tema, por máis que desfollen as follas do almanaque ou coñeza a xente nova, ela sempre estará aí.
- Ao mellor non a trataches ben no seu momento.
- Pode ser que si, pero xa lle din moitas sinais do meu arrepentimento. E intentei falar con ela para intentar analizar a situación.
- Tampouco tes que forzar as cousas. ¿E cando faláchedes?
- Falabamos do tema en sí un par de noites. Mais tiña bastante alcol en vena. Dicía cousas bonitas e incluso mandaba sms, pero logo quedaba todo en papel mollado. ¡Puto papel mollado EE, puto papel mollado!
- ¿E que queres logo? ¿Que queres agora dela?
- Quero que sexa a que un día foi, non lle pido máis. Quero que volva mirar con aqueles ollos.
- Sabes que vai ser difícil.
- Seino EE, seino. E sei tamén que os días marchan e que queda pouco tempo. Xa vamos en terceiro. As cartas EE, non podo deixar de mirar aquelas cartas. ¿Sería todo mentira? Pero écheme igual, hoxe fai sol, e todo me da igual.
por que estás tan empeñado en facerlle dano á xente que dis que quixeches?
cando te vas decatar que non foi todo o mundo o que cambiou, senón que cambiaches ti?
alédome de saber que vas ser ti a partir de agora. que se note.
9:56 da tarde
ás veces non nos decatamos do dano q facemos, pensamos q foi un mal menor e ficou mais fondo q as boas lembranzas daqeles tempos nos q había entendemento e complicidade. mom renuncies a seguir intentando recuperarlo, non renuncies a ser ti mesmo, testarudo por natureza!
11:33 da tarde
Norma ha quedado gratamente sorprendida por lo directo del mensaje... no estamos acostumbrados a tanta claridad, pero esa es otro motivo de alegría.
solo dos cosas: la amistad eterna es prácticamente inexistente... solo dos personas en tu vida van a ser amigos de toda la vida, los demás serán dulces recuerdos de otra época, lo cual no es malo, solo hay que aaceptarlo y luchar por no perder a quien realemnte te importa
y dos.. a veces no es malo que las cosas queden en papel mojado.. y aunque no queramos, es otra realidad a asumir, y por la que luchar solo si realmetne merece la pena... en resumen...hay que medir muy bien los motivos por los que luchar para intentar conseguir los objetivos que realmente queremos. pero claro, esta es solo la opinión oficial de Sunset Boulevard.
P.D. mejor me quedo yo con tu amigo el filósofo existencialista que vengo notando que a ti no te hace demasiada falta, tu te vbastas y te sobras. jaja
11:47 da tarde
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
12:39 da manhã
amarante dijo...
Anónima sobradamente coñecida, a verdade non estou empeñado en facerlle dano á xente que quixen. Quizais ás veces pásome xq a frustración non me deixa ver más aló...E podo dicir que eu cambiei, ou non, non o sei, pero tamén o resto da xente. Todos cambiamos. E as liñas non converxeron precisamente. Gustaríame ter unha conversa contigo, desas q tiñamos, se penso que es quen es..xq iso do anonimato deixa dúbidas...
Ao usuario anónimo: non renunciarei nunca a conseguilo, nunca!E dende logo non renunciarei a ser eu mesmo, cos meus defectos pero tamén coas miñas virtudes, coiro, q de seguro q as teño!
James: non podemos ir coa idea pre-establecida de que as amizades non van ser de por vida, xq senón nunca as comezariamos. pero sabes o q mais me doe?q tes razón, ás veces un bo recordo é mellor q unha cruel realidade...
12:40 da manhã
As amizades son coma o lume: de perto alumean e quentan pero se te alonxas perde a intensidade.
De ti depende a calor que vai botar ese lume segundo alimentes esa fogueira.
Animo e se se apaga unha fogueira sempre quedan as lembranzas dos bos tempos a sua beira.
E gracinhas pola visita ao meu blogo que eu non sabia da tua existencia.
4:08 da manhã
cando queiras. xa sabes como atoparme
11:20 da manhã
acedre, ao mellor por moito carbón que botes a fogueira non vai. E as pastillas de encendido apáganse co vento. Ten que existir complicidade para que o lume volva prender.
:)
12:43 da manhã
Tou dacordo contigo amarante, si non hai complicidade, pouco se pode facer. De non ser así a amizade non colle forza, non serve para nada. Ten que ser un sentimento mútuo.
Unha aperta.
(é a 1ª vez que te visito).
:)
2:47 da tarde
Vexo, veciño da estreliña do lado, que xa atopaches unha forma de dicilo ;)
Saltándonos o das formas, dicir que analizar os sentimentos é un pouco raro,e as nosas formas de actuar máis raro aínda. Vexo que fluctúa bastante con ese tema. Falaron moito de amizade eterna, non eterna, efémera, non efémera... as amizades son cousa de dous, e un mantenas se quere e hai reciprocidade, ¿verdade? Eu intento manter as miñas, ás veces custa un pouco, porque a outra parte non se entera moito, pero cando se cre nela, inténtase todo... eu como estreliña da mesma galaxia creo que hai persoas que se distancian, e non só de vostede, por se non se lembra...
Só dicirlle que vostede loite polas amizades que vexa que valen a pena, e loitar é loitar, que non se "volta gañar" un amigo con catro palabras. Actúe, e déixese de lamentos... e por certo non cambiamos, evolucionamos co noso entorno... se as persoas non as temos no entorno evolucionan de xeito distinto... e se alguen colle parella non significa que xa deixe aos amigos de lado, porque teño (á miña idade é normal) amigos con aprella e seguen a ser os meus amigos... e espero que para sempre, verdade mascotas?
12:09 da tarde
Hola, escribo solo habiendo leído el post, no me he parado a leer los comentarios por lo que ya pido perdón de antemano si me repito o digo algo errado, ok?
Solo quiero decirle al protagonista que a veces a la gente no le llega con un perdón después de haberla tratado mal. Te entiendo porque a mi me costó lo que más quise en mi corta vida pero también hay que aprender de esos errores. Aprender a aceptarlo y seguir adelante, sabiendo que ese error no se volverá a repetir con el resto de personas que vendrán después... nada más. A lo mejor con el tiempo, cuando menos te lo esperes, dejando que la cosa fluya (en el sentido que sea), la cosa se acaba normalizando.
Eso sí, si usted fue (que no lo se) reincidente en "portarse mal" la cosa es más difícil. Algunos perdonamos pero no olvidamos. De todos modos, suerte!
Príncipe
5:52 da tarde