Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

3/27/2006


Atopei no caixón uns fragmentos de poemas que tiña gardados cando aínda vivía na terra.

I)
Bombeando o corazón,
con revolucións indefinidas,
sangue, zume e mel.
As mans entrelazadas.
Acariñando, os meus beizos
o teu cabelo.
Morremos naquel intre, os dous,
entre as pernas
e o cheiro
dun novo
amencer.
II)
Pero xa non lembras.
Non lembras.
Agora só observas por riba,
facendo fortes intentos,
por fusilarme,
por facerme crer,
que todo foi ilusión
dunha masa gris
con milimetría inducida
por desexos
incumplidos.
E xa non miras.
Non miras.
III)
Mais, querida amiga, por
moito que intentes asasinar
os xogos comúns,
as miradas,
ten presente que as lembranzas
que artellamos de forma
inconscientemente consciente
-dende o RAG ata o Da Vinci-
ninguén poderá
esnaquizarmas.


E que bo é apertar os dentes mentres lle vas botando sal á ferida.
E que bo é apertar os dentes mentres lle vas botando sal á ferida.
E que bó é apertar os dentes mentres lle vas botando sal á ferida.

15 Comments:

Blogger Os_Alumnos said...

me ha encantado este poema. joder, venía bien en un blog que ya se estaba politizando en exceso!
creo que Amarante ha expresado muy bien la rabia como síntoma del amor. una felicitación por mi parte!

8:18 da manhã

 
Blogger Os_Alumnos said...

P.D.: la foto es buenísima!

8:18 da manhã

 
Blogger Os_Alumnos said...

gardei o teu poema pa levalo pra casa...

8:44 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Por dios, comos e lle dá á xente por poñer poemas agora...

9:28 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Expresar os sentimentos a través da poesía é fermoso... Por moito que se retoque, o terceiro non me gusta tanto coma os outros... eu vexo demasiado... non sei... creo que a versión anterior debía estar mellor... porque a min iso de pintores e dicionarios tráeme lembranzas...
Cambiando de tema: non te piques que ao final sempre estás irascible cos mesmos temas... ¿e ves como non deberías estar picado? Hai actos de "xustiza" que te colocan onde te teñen que colocar, e se non cho din é porque ás veces non o mereces... espero que agora non raies con eu "primeiro" ou eu "segundo" ou eu despois de "outras persoas" (cóllelo?), mira dentro de ti e sé capaz de mirar o ben dos demais (si o das persoas que non es ti!!!), e non compares relacións, iso é un acto odioso que che fixo, fai e fará dano... ok?

10:31 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

E non me gustou a frase de "quen ri último ri mellor", un simple ata mañá chegaría... pichabrava...

10:33 da manhã

 
Blogger amarante said...

Para alumnos:Rabia como síntoma do amor ou rabia como síntome de perda de amizade. Pero como se pode observar a rabia non impede ver q esa amizade foi bonita mentras durou...entón, a pesares de q esa persoa intente esnaquizar as lembranzas, sempre se gardarán moi dentro. Porque "non se poden roubar".

Para principiño da estrela:E non me piko con "eu primeiro, ti segundo" o que pasa e q xa raya ese tema que sacas constantemente. Pola miña parte, téñoo moi superado. O que lle das importancia es ti. E todo sen acritude e con cariño eh??

3:47 da tarde

 
Blogger amarante said...

Para alumnos:Rabia como síntoma do amor ou rabia como síntome de perda de amizade. Pero como se pode observar a rabia non impede ver q esa amizade foi bonita mentras durou...entón, a pesares de q esa persoa intente esnaquizar as lembranzas, sempre se gardarán moi dentro. Porque "non se poden roubar".

Para principiño da estrela:E non me piko con "eu primeiro, ti segundo" o que pasa e q xa raya ese tema que sacas constantemente. Pola miña parte, téñoo moi superado. O que lle das importancia es ti. E todo sen acritude e con cariño eh??

3:47 da tarde

 
Blogger Príncipe hindú said...

Os meus parabens!A xente necesitaba desa gracia literaria que te caracteriza, dese falar de cousas terrenais e deixarse de politiqueos. Unha de cal e outra de area.
Eso si, olvidese do feo e vaia directo aos pensamentos fermosos.
Un bico dende a India,

P. H.

8:15 da manhã

 
Blogger amarante said...

Agradezo moito os comentarios do Principe, mais creo que o politiqueo non é tan feo como o pinta..anímoo a mergullarse un chisco nese mundiño, descubrirá que existen moitas cousas bonitas...

4:43 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Xa nos chega con un raiando, Príncipe, non se meta nesas lindes...

6:44 da tarde

 
Blogger Madeleine said...

Unha sorpresa é que a xente poida chegar a espirse tanto co difuso pretexto do anonimato. E estoume a referir á expresión de determinadas sensacións que por exemplo un día reflectiches nun poema.
P.D. outra sorpresa: PRÍNCIPE EN GALEGO???

9:11 da tarde

 
Blogger Príncipe hindú said...

Sí Madeleine, encontrei un tradutor hindi-galego/galego-hindi boísimo. Faloume del un vello coñecido, Billy (Gates) nunha desas correrías nocturnas que temos por Calcuta. Por favor eviten a rima fácil.
Como son un Príncipe tolerante e humilde (máis que algúns e algunhas de baixa cuna) trato de compracer a todo o mundo. Sei que ao amigo da Estrela gústalle que polo menos empregue o galego neste blog. O seus desexos serán cumpridos!

10:19 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

¿Quen é a musa que inspira estes versos?
Coméntase que existe, e que é humana, coma nós. E que, para máis detalle, anda por 2º... ¿ou 3º?


Pregamos ao autor que aclare estas dúbidas (a cafetería está a ferver de rumores........................)

1:27 da manhã

 
Blogger amarante said...

Ao comentario anónimo: teño q dicir que SI que existe esa musa. É real, como a vida misma...

10:03 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!