Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

3/25/2006


- Teño medo.
- ¿Medo de que?
- Medo de que entre pola porta Manuel. E nos vexa aquí espidos, na cama, coa fiestra aberta e esvarando as gotas de auga polos teus peitos. Medo de que me vexa bicando cada unha das dedas dos teus pés e medo de que eu sexa o único que che faga tremer con aturuxos sublimes. Medo Rosalía, medo de que esto que está a acontecer non sexa real, medo de espertar de forma inqueda deste soño e ficar debaixo dun teito que pingará sangue. Medo de que o lume e o ferro candente que estás sentindo tan dentro non sexa máis que un roce con sabas na vixilia vespertina. Medo de morrer agora, cando xa está tan preto o fin do poema e así acadar o cúlmen literario. Bérrame Rosalía, bérrame os teus versos coma ti só sabes facelo…

EE despertárame dun portazo. Aínda era noite. Mirei o reloxo e marcaba, que curioso, as 4.40. Na miña man apareceu unha chapa que unha boa amiga me dera o outro día na facultade. Seica tiveran un recital polas laberínticas rúas de Compostela.

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

procura non berrar de xeito tan evidente os teus soños eróticos coa xente da túa clase. poderías ser tomado en serio

10:20 da tarde

 
Blogger amarante said...

ola usuario anónimo, vexo q non gustas da literatura, nin sabes diferenciar ficción de realidade.

Sen acritude

:)

4:16 da manhã

 
Blogger amarante said...

ademais, é rosalía unha compañeira da clase?

2:39 da tarde

 
Blogger Príncipe hindú said...

4.40 (hora local de Hyderabad). Palacio Real.

Enhorabuena al autor de este blog por su orgía hiperenxebrista en la que reformas estatutarias, Rosalía, Quintana, el lacón con grelos y el Luar se entremezclan formando una fiesta digna de un Palacio como el mío. Que conste que su AMOR(palabra compleja, verdad?)por aquel pequeño país del que proviene (Galiza o Galicia, tengo un lío...)se contagia, así que intentaré defenderme en su lengua para mi próxima incursión.


PH

4:41 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

sí, sí, moi ben..

8:21 da manhã

 
Blogger Os_Alumnos said...

me ha gustado y he pillado lo de 4.40!
lo k tb me ha gustado (anke no haya acabado de leerlo todo)es el link a marqueze.net...ay,viendo esas cosas! (jaja)

8:25 da manhã

 
Blogger Príncipe hindú said...

Pues no he sido yo el del link... esta vez! Pero ten por seguro que conozco desde hace mucho tiempo Marqueze y lo he visitado. Jajajaja.

10:21 da manhã

 
Blogger Príncipe hindú said...

=Ostia! me he delatado...ya decía mi madre que por la boca muere el pez. El Vaporoso se refería al texto Rosaliano y yo de pringado voy y confieso que soy un Príncipe guarrón con línea ADSL... jajajaja... Olvidadlo, tengo un mal día!

P. H.

10:25 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!