Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

3/23/2006


Tiven a miña primeira discusión con EE. Coido que está alienado, que non entende o que lle explico. Disque quere divertirse un pouco e disfrutar un pouco máis da vida, que pasa de amargarse en asambleas con xente milimetricamente cuadriculada, que pasa de escribir freneticamente poemas para meter no caixón e que...
Fiquei calado, poñendo a balanza. Creo que o proceso de diverxencia entre Eu e EE é imparable.
Mirámonos de forma allea e eu marchei a falar un anaco con Moncho Reboiras. Seica estaba cantando a Internacional. A III Internacional.
- ¡Non me fodas, Moncho! -díxenlle-.
-¡ Que ese non era socialismo, nin era nada! (bum bum, quen?o socialismo real, posible e pragmático chamando á porta!). Paso a paso. Espero que a certa xente lle entre na cabeza.

6 Comments:

Blogger Madeleine said...

Non adoeza por troulas políticas, a xente sempre estará agardando a súa diagnose, e estará nunha desprotección moi notable ante as opinións dos demáis. E arréglese con EE, eu estou desarreglada con 74 e non é boa cousa!
Unha aperta

11:01 da manhã

 
Blogger amarante said...

É moi complicado amañarse con EE, cada vez o vexo máis distante e creo que nun breve espazo de tempo a diverxencia será total e coido que marchará para sempre de estrela.

12:56 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

a política ten que servir para unir puntos diverxentes. se ten problemas por mor dela, iso quere dicir que non fai un bo uso da política...

1:23 da tarde

 
Blogger amarante said...

os alumnos, agora non me estou a referir a termos políticos, senón a termos persoais. É a loita entre Eu e EE, pero sobordando temas políticos...

1:38 da tarde

 
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Non comprendo o que é a política,na miña estreliña non hai diso, pero estou dacordo co Vaporoso en que se algo o distancia de EE terá que arranxalo e se a política se entromete pode ser que teña que utilizala doutra forma. Vermello sempre me poñía mala cara cando estaba con Rosa ata que se decatou de que debía ser feliz de verme feliz, igual que eu estou feliz cando Vermello está feliz. EE ten que aprender a compaxinar esa política na súa vida e vostede ten que saber introducir na súa xusta medida a política para que EE non o tome así.
Equilibrios que temos que facer, e iso que a min Rosa me axuda moito neses equilibrios...

4:17 da tarde

 
Blogger James Hepburn said...

o principiño semella ter moita razón, en Sunset Boulevard hai xa moito tempo que está esquecida a política, pero os lazos persoais están máis firmes ca nunca. se EE é unha persoa que aprezas e que che aporta algo, ¿porque non o arranxas? todo se pode soliviantar se se lle pon vontade. Norma perdeu amigos por mor dun tal McCarthy. sen embargo outros seguen, a día de hoxe, acudindo puntualmente ás suas partidas de bridge. todo pode verse por un lado que mereza a pena, polo que todo se pode amañar. todo depende do cristal co que se mire

4:20 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!