Pesa moito a maleta.
Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.
adopt your own virtual pet! |
Hai voces que chaman dende a lonxanía e non sabemos quen son, pero tamén hai voces na proximidade que nos chaman e non as escoitamos... esas voces queren ser escoitadas, necesitan ser escoitadas. Non agudices o teu oido intentando escoitar esas voces na lonxanía, que che fan perder e che fixeron perder cousas próximas.
O susto nunca se pasa, sempre te acompañará aínda que coñezas aos teus camaradas.
Por último, a maleta pesa se a levas chea, se a baleirases do que non serve, aforrarías esforzo... por exemplo, saca desa "maleta" todo aquilo que non che "guste"... esas camaradas de roces que só fan entorpecer e estirar a túa maleta. Esas "banalidades" que non "aportan nada" e mantén só aquilo que vale a pena, aquilo que che fai ser e sentir mellor.. que é... ti dirás...
4:30 da tarde
vaia principiño da estrela do lado, canta razón tes. Pero ás veces temos que escoitar esas voces lonxanas para intentar comprender a esas que precisan ser escoitadas...un trabalinguas, non si?
E ogallá a maleta se puidera baleirar facilmente, (¿cantas veces me preguntaría eu iso?), pero pensa un chisco, se a baleiras, ¿q keda d ti?
Ao mellor só o banal e superficial, eso que nun principio terías que desbotar. Pero quédome co que dixeches " non agudices o teu oído intentando escoitar esas voces na lonxanía" xq de seguro estou perdendo esas máis próximas e que de seguro me axudarían co peso da maleta.
Grazas
8:00 da tarde
Amarante meu... non te obceques e non vaias agora a desperdiciar as voces da lonxanía, que tamén son necesarias para esa perfecta simbiose de fráxiles equilibrios entre o que nos rodea. As voces da lonxanía son necesarias tamén para a creación da nosa vida persoal (esa vida persoal que tanto anhelas) ;)
A maleta baleirámola nós porque é o "noso peso" e facemos del o que queremos, e non sexas tan simplista de pensar que se extraemos o "superficial" non vai quedar nada... ¿De verdade pensas que se sacas esas "banalidades" non quedará nada? Perdoa, pero o que somos pesa moi pouquiño na nosa maleta... moi pouco, só un pouco de "intelixencia", "bondade", "amor" e "respecto"... que nos ocuparía unha cuarta parte da maleta... o resto son "superficialidades" que o único que fan é encher sitio e facernos máis pesada a nosa carga. Desfaite dunha vez desas cousas... Ten a ousadía de ser como realmente es... Pregúntalle a Moncho, verás como te guía ben polo camiño...
Por último... creo que o das voces próximas daráche para moito... pensa que hai voces e voces, e algunhas están próximas porque se fan ver e outras pensas que sempre estarán próximas e non é asi... coida esas voces... Hai moitos logopedas e hai moitos otorrinos que che axudarán, pero non desperdicies esas voces meténdoas no saco das banalidades...
Vou limpara a miña estreliña, que a teño un chisco descoidada, que saibas que eu tamén teño moito traballo en organizar a miña maleta, e que hai veces que as banalidades me sobordan, e eu non son principiño de segunda... eu son principiño de primeira, aínda que esté desperdiciado nunha galaxia que non me aprecia.
Apertas e cando queiras pásate a darme unha visita.
9:48 da manhã