Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/17/2006


Sobre a democracia da información
-e por fin falou o existencialista-.

Ela estaba alí, naquel sofá-escoitando-. Moncho despotricaba porque as cadeas de televisión non aplicaban correctamente o espazo en pantalla de cada partido.
- ¡Putos xornalistas!- acertaba a dicir
-Os xornalistas non deixan de ser unha correa de transmisión máis do sistema. E aínda que fagan o esforzo por unha información plural, os valores adquiridos mediante os diferentes procesos de socialización fan que eles mesmos, nós mesmos, crendo o contrario, simplemente demos a visión “plural” determinada, a visión “plural” teledirixida e dentro dos baremos que se marcan. Non existirá a pluralidade nos medios ata que os seres humanos non sexan seres política e intelectualmente independentes, emancipados e liberados de corsés que provocan que as visións non sexan máis que superficiais e pola liña do previsible.

¿Por que non se di o que realmente sucede?¿Por que non se di que nos estamos a matar a nós mesmos?¿Por que non se di que hai fame,morte e guerras nunha cantidade tan sumamente xigante que nunca na vida poderemos chegar a concebir? Porque non interesa. Estase moi cómodo nun Estado de Benestar minimamente aceptable e contentándonos cunha información que cubra “proporcional e milimetricamente” os partidos políticos seguindo a súa representación no Parlamento. ¿Esa é a pluralidade democrática? Dende logo que non. A pluralidade só se concebirá cando teñamos plena consciencia do que sucede a nível global e poidamos xerarquizar e priorizar de forma coherente.

Mentres, os xornalistas e os medios serán, en efecto, caixas de resonancia de rexímenes autoritarios, chámese nazismo, franquismo, stalinismo/castrismo (sí, compañeiros, si, xa sabedes que penso), capitalismo salvaxe ou socialdemocracia light teledirixida, cunha responsabildiade social desnaturalizada e coxa.

A mellor forma de comezar esa loita é construíla en base ao que pode contribuír cada cultura á cultura universal e non ver un mundo contemporáneo como el aumento de los nacionalismos y de las lenguas que van unidas a ellos coma un problema . Senón coma riqueza e diversidade, deixando a un lado a parte de nós autómata e con comportamento homoxéneo.

E que moitas veces se erra en non profundizar máis aló da segunda lectura. Está ben iso de apuntar conceptos, coma o papel das ONG´s en África, perpetuando unha situación de dependencia do primeiro mundo mediante política de subvencións e esmola nada proveitoso en lugar dunha política integral de axuda en aparello productivo e de educación. Pilares fundamentais, ese aparello productivo e educación, da autoxeración e da democracia.

Pero non é so iso. Hai que construír unha democracia global solidaria e participativa (e non oligárquica e de grupos de poder) que traerá consigo unha verdadeira democracia da información. Porque é moi difícil construír unha sociedade democrática da información cando a democracia, realmente, como tal, non existe.- dixo o existencialista, que por fin falou.-

En efecto, esas mesmas palabras as escribira eu nun artigo de non fai moito tempo. Moncho quedou petrificado e avergoñado dun pensamento tan “liñal”.

Mirámonos de forma cómplice eu e mais o filósofo.

- E cando volva falar, se tal discutimos de democracia e orzamento participativo.- finiquitou o filósofo.

5 Comments:

Blogger Madeleine said...

Non, o sistema económico dos medios de difusión masiva será o que esté subiugado aos grandes rexímenes. O xornalista non é unha polea de transmisión, aínda que teña que escribir con mans de cadea de montaxe.

10:08 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

vou necesitar un tempo pra ler esta entrada, miña nai!

10:47 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Señorita Madeleine, no me diga que leu todo o post? Diosssss, que lle dean un `remio, porque creo que é a única que o fixo (exceptuando a amarante). Eu, como o señor Vaporoso, necesitarei tempo...
:p

7:56 da manhã

 
Blogger Caufield said...

Eu tamén o liN!!!
(en serio, creánme)
:)
debería mudar todo o sistema, si, entren en
www.AforAnarchy.com

10:41 da manhã

 
Blogger amarante said...

en primeiro lugar, agradecer a madeleine e a caufield por ter chegado ao final nese maratoniano post e por ter aportado interesantes comentarios (sigo dicindo que os xornalistas son poleas de transmisión,en efecto, de forma cuasi que involuntaria).
E ao resto...en fin, anímovos a lelo!
un saúdo a todos
:)

1:23 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!