Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/20/2006








ENBLOGS´06

Non.O portugués e o galego son linguas diferentes. Irmáns e moi similares sí, iso sí. Mais non son linguas iguais...
As circunstancias políticas, o marco político-territorial, fíxoas diferenciarse pola diferente evolución do galego-portugués nos distintos territorios lindados.

O encontro foi de moito proveito. Dende aquí parabenizar á organización, sobre todo polo café da mañá.

PD: Antón, tes castelanismos. Hai que mellorar! Pero dende aquí douche os meus ánimos. ¡Ánimo!Que non o estás a facer de todo mal. Pero non lle quites a estrela á bandeira, anda. E tranquilo que non me meto contigo. E por certo, en que quedamos, Galicia ou Galiza?

4 Comments:

Blogger acedre said...

Mira que comparar Galicia con Coca-Cola...polo menos comparao con licor cafe industrial.
Quen e o Anton ese ?.

5:31 da manhã

 
Blogger amarante said...

Jeje, quería comparar a Galicia coa cocacola "light" e "sen cafeína" (por iso do rollo descafeinado e light) e Galiza co que é,algo forte e noso, como é o licor café.

Antón Losada é o Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Xunta, de Vicepresidencia. :)

Graciñas pola visita,un saúdo!

12:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Mira ti que cousas ten a vida que ao señor amarante lle gusta esa bebida light e descafeinada que se chama coca cola... un pouco paradoxal non? Non será que ás veces está ben iso de descafeinarte un pouco, aínda que sexa unha noite...
;p

4:30 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

que ostia facías no enblogs?
enterácheste de algo ou tiveron que facerche un croquis?

8:41 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!