Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/27/2006


Ando moi atarefado ultimamente. EE non existe, está nun estado cuasi-invernal, de seguro que preparándose para desconectar uns días en terra irmán. E é que imos baixar da estrela e ir todos a Euskadi.

Tardaremos uns días en voltar á casa, por iso pedimos desculpas. Pero volveremos con gañas renovadas para seguir coa poesía, a política e todo o que se poña por diante. Queda prometido.

PD: Propoño unha visita guiada polas mocedades de EA.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu estoume preguntando ¿de onde sacou o tempo para meter este post? ah, siii, cando deixou tirados a dous nas compras, ¿non? Esquirol, ven que corrías detrás do Xabier, e a outros nin un bikiño de despedida, ¡¡¡¡vendido!!!! Claro, tes tanto que facer... e outros nada, ¿verdade? ¡¡¡Teño que limpar os pratos que outros mancharon!!!

8:06 da tarde

 
Blogger amarante said...

este post fíxeno nun minutiño...sen acritude...

1:11 da tarde

 
Blogger Príncipe hindú said...

sin acritud a esos platos, la próxima vez vamos con el Nanax...
:(

5:49 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Co nanax non, pero cun pouco de conversa pode que a acepte...
:)

9:43 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!