Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/14/2006


Caendo en picado, esvarando sen rumbo. Isto non se pode cinguir única e exclusivamente ao periodo de exames. Ten que ser algo máis. Menos mal que o filósofo existencialista e a muller sen rostro déronme un pouco de ánimos. Precisareinos.

Insistindo na profecía autoconfirmativa: 1,2,3,4,5. O primeiro ás 00:00. O último ás 2:30. ¿Xogamos?

E seguirei esvarando ata o venres.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿O filósofo existencialista e a mulelr sen rostro? ejem, ejem, ... corramos un estupido velo... Aínda así, ánimo...
Xa que che gustan os números: 11'32" foi o que se tardou en contestar a unha sms da Santísima Trinidade (si, ti, que es pai fillo e EE e muller e todos nunha persoa).
De nada, jajaja.

8:55 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!