Revolución e reforma: da enfermidade do desdobramento(I)
Pasara o tempo e eu seguía engulido nesa dinámica esquizofrénica de non saber que carallo acontecía. Fora a decenas de psicólogos e todos daban o mesmo diagnóstico (simplista, presivible, liñal): desdobramento de personalidade.
- Non doutor. Non é cuestión de desdobramento intelectual nin en abstacto. É cuestión de verme a min mesmo na rúa, coma se fora un espello.
E nada,sempre a mesma contestación.
- Veña outro día,de seguro que ve as cousas doutro xeito.
Malhumorado pola merda de sistema psicolóxico dos estados de benestar, aconselláranme un home que daba consulta no Pico Sacro. Ex-militante do PCUS nos 80, aínda tiña no seu poder as fragancias do estatalismo, a socialización e os últimos anacos do Soviet de Petrogrado.
E como non tiña nada que perder, vendinme á perversa maquinaria comunista. Cunhas gotiñas dun líquido azul agoniante, o meu iris ficou infestado de veas. Nun estado de semi-cuasi-inconsciencia, levitei perpendicularmente -de forma perfecta- ás catro paredes brancas. E comecei a cuspir toda caste de sustancias. Un exorcismo en toda regra. Fragmentos da Internacional mesturábanse con consignas reviosinistas e vivas a Eduard Bernstein.
O médico, ao ver que me estaba a converter nun monstro perpetua sistemas capitalistas, aumentou a dose dese líquido azul exfoliante.
E viaxei a Chiapas, de novo. Nun segundo metafórico quedei impregnado dun fondo pouso revolucionario. Mais esa suma zapatista co meu eu derivado deu como resultado un pensamento de corte anarquista.
Agora, ante o estupor do comisario político, comecei a berrar ¡abaixo o Estado! E estaba a punto de tolear. O médico, ex cadro en Petrogrado, non cabía en sí. Cada fonema artellado en contra do aparello estatal era un coitelo afiado no seu férreo e centralizado toracicamente corazón stalinista.
Pero non. Estaba a autocontralarme, a pesares do desquiciamento progresivo. O anarquismo non puidera comigo. O médico e máis eu sabíamos o que pasaba. O meu desdobramento non fora outra cousa que a extrapolación da loita entre os bolcheviques e os mencheviques. En efecto, eu mesmo era o Partido Socialdemócrata ruso. E dentro existían as dúas faccións: a que consideraba como obxectivo político lograr a dictadura do proletariado apoiado nun modelo de partido pequeno, profesional e que garantise a homoxeneidade ideolóxica e a capacidade de organización. E a outra, a que cría que era mellor ter unha base partidaria ampla, a pesares de que iso supuxera sacrificar a homoxeneidade ideolóxica. Defendía, ademais, a evolución do meu organismo cara un réxime democrático. A disquisición binomial Lenin e Martov.
Lenin sempre fora partidario de esnaquizar as sillas de Siza, de poñer patas arriba a Facultade que aliena e tirarse ao monte. Pero Martov cría que na Faculdade, a pesares de que os cadros dirixentes non eran o mellor, podíase aprender a base de xente achegada, de compañeiros. Por iso avogaba por esa ampliación de militancia.
Interesante texto, pero ¿alguén se decatou de que a rapaza da foto se parece a María? Interesante apreciación, ¿non?
12:30 da tarde
sí!!!ten un aire!!
9:58 da tarde
Gústame iso de ten un aire, proque asi todo dios atopa parecidos, ... pero bueno, eu creo que si que se parece, espero que María non o tome a mal...
:)
12:12 da tarde