Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/12/2006


-¿Por que dis iso EE?
-Porque é certo. Non te podes concentrar. Levantas en todo momento a cabeza dos apuntes, ¿buscando que?¿ou a quen? ¿a quen buscas? Saes da biblioteca a facer nada. Só a ver se ves a esa persoa para topala de súpeto e cruzar unha mirada case que nanométrica. ¿E á hora de comer na cafetería? Están falando contigo. ¡Failles caso! ¿Por que non lle fas caso en lugar de procurar a alguén que nin tan sequera sabes se existe?¿ E por que quedas mirando pola fiestra?¿A ver se a ves? Pero home, que vives nun oitavo andar... E cando a tes cerca, ou cres tela cerca, das a espalda e só sacas o espelliño para que a visión directa non te cegue. Perfecto, ten o pelo longo. ¿Sabes algo máis? Pois moi ben. Douche ánimos para seguir construíndo a túa tétrico-deprimente historia. Espero que non leves un golpe. Outro máis, vaia.

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Como implicado no relato só dicir que me ofende que non em atendas... sei que nunca me fas caso, pero que o recoñezas xa é o colmo... por riba que só comes comigo (porque non hai ninguén máis) aínda dis todo cheo que me ignoras!!!! a pesar da rata asasina!!!! isto es the last (por iso de practicar inglés...)
Segue evadido, que asi estás contento...

6:24 da tarde

 
Blogger amarante said...

jajajaja. Si que che atendo oh, pero ás veces marcho da mesa,pero só un suspiro...
Dende logo que quero coñecer á rata xigante asasina...Creo que farei boas migas con ela...

Rata asasina, ¿queres vir comigo a un mitín de Quin? Se a resposta é sí gañas 3 minipuntos na escala de amizade...

Pero se vas a unha charla de Beiras onde eu presento, gañas moito máis.

7:44 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

jejeje, anuncio aqui que iremos a facer unha batida á rata asasina, supoño que o venres! Onte xa estivemos tanteando o terreo eu e Kimi, pero temos que preparar os fachos e as armas!!! Misty quere sacarlle unha foto e venderlla ao xornal, seguro que sacamos cartos, asi que apuntádevos na lista, ok?
Se non nos dan cartos no xornal, pois secuestrámola e pedimos rescate a mamarata e a paparata, ok?
:p

8:21 da manhã

 
Blogger amarante said...

Dende logo que non valoro aos amigos polos mitíns aos que van...serei moi triste,non?

11:26 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

O máis triste sempre é o que máis se aproxima á realidade, ¿non?, ¿ou é ao revés?, iso nunca o saberemos...

12:59 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!