Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

7/01/2006


-Un ano máis. Un ano menos.

(e agora é cando baixamos a cortiniña e miramos nostálxicos ao chan, cos ollos cheos de bágoas)

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E que me aburro e estiven mirando os blogs!!Isto demostra que nunha consellería non se fai case nada pola tarde!!Moita sorte na súa nova andaina!!Perdoa por dicir sempre que non.:)

6:54 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ás veces é mellor dicir sempre que non, créame sae gañando.

8:50 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! »

12:13 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!