Non me canso de repetir, unha e outra vez, que calquera persoa que se prece e que non teña algún tipo de tara mental debe darse conta de que non vivimos no mellor dos mundos posibles. ¿E cal é a súa resposta?
Un fío de voz tatexo! Porque non é capaz de argumentar porque coño non move un puto dedo para intentar cambiar as cousas. (“por pouco que se poidan cambiar as cousas vale a pena intentalo”). E claro que vale a pena, aínda que moitas veces das moito máis do que recibes. Pero bendita satisfacción dese segundo de placer por ver o teu traballo recompensado.
O dito: as cousas son moi sinxelas. O conformismo do ser humano. E é que me gustaría crer a Rousseau sobre a bondade innata, pero cada vez son máis pesimista. Non digo que haxa que militar nunha fronte, nun partido político, en dúas fundacións, en dúas organización xuvenís, e en 4 asociación culturais para intentar traballar por mellorar as cousas. Non, nin tan sequera creo que a política sexa a única ferramenta.
Pero pouco se fai non facendo nada.
Manifesto contra o conformismo
A totalidade de habitantes do planeta literario, abaixo asinantes.
1- Condenamos a actitude de toda a xente que non fai nada por mellorar o mundo amparándose en maniqueísmos estúpidos.
2- Esculpimos en letras de ouro o seu egoísmo.
3- Sinalámolos co dedo e os miramos con desprezo por tal falta de conciencia comunitaria.
4- Rexeitamos a todas as persoas que viven nunha burbulla ou nun mundo de plastilina que non coincide co real. Pódese ser feliz sen ter que tapar os ollos. E pódese aínda ser máis feliz se observas que as cousas están mal e intentas cambialas.
5- A indeferencia é a ignorancia.
Disposición adicional:
-No caso de darte por aludid@ e querer facer algo non tes máis que aplicar unha serie de máximas. A primeira, a máis sinxela é “pensa globalmente e actúa localmente”; comezar por amañar o que está ao teu arredor estará ben. As restantes virán dadas.
Co puño pechado enriba da mesa e cunha furia que non cabe en min fago un chamamento contra o conformismo. Parémolo.
e eu, totalmente dacordo, o suscrevo.
un saúdo.
8:09 da tarde
En fin, asi vai a cousa..
Por certo meu, como sería entón habelas, hailas??
7:16 da manhã
Meu benquerido amigo, hai frases na túa entrada que son "verdades coma puños". Non quero deixar de subscribir certas cousas e darlle, se cabe, máis énfase:
O egoismo da xente, a falta de conciencia social e comunitaria, a cegueira xeral e o conformismo son lacras que vemos no día a día, ao noso arredor e moito máis alá. Deseguro que se pode facer algo por cambialo, aínda que sexa, como ben dis ti, ao teu lado, e por pequeno que sexa esa cousa que fas seguro que serve de algo, e se o fixese todo o mundo sería un gran paso cara a diante.
Espero que tamén saibas que esas "lacras" se dan en todas as facetas da vida do ser humano, e que vexas que ti tamén podes axudar como ben dis aínda que nons exa nun partido político.
Apertas...
9:38 da manhã
Pero mira que hai que ser parvo, falades de socialismo democrático e de galeguismo e de egoísmo e non tedes in puta idea do que é unha democracia, nin o socialismo, nin moito menos o galeguismo, epecialmente ti, parvo, que falas castelán 9 de cada 10 veces que abres a boca. Cando un non ten zorra idea, está mellor calado, empeza a darte conta do ridículo que resultas....
11:11 da manhã
Hai que ser bastante subnormal para escribir iso, mira que dá pena que haxa xente asi... e por riba non dis nada que sexa certo...
11:27 da manhã
Apoio totalmente ó comentario anónimo. Aínda non sabes ben de quen falas...pregunta por eles en dereito...
3:08 da tarde
Estiven pensando en borrar os comentarios anónimos que descalifican sen dar argumentos. Pero non o vou facer. De todos os xeitos animo a esa descoñecido a dar a cara e non escudarse nun anonimato cibernético para dicir completas estupideces. Falo castelán 9 de cada 10 veces?Erro. Non sei o que é o socialismo ou todas as súas variantes?Erro. E esto último é aínda máis sangrante, porque se me coñeceras un chisquiño saberías que che podo falar de todas as variantes do marxismo, unha por unha, pasando pola socialdemocracia nórdica ata rematar no castrismo. Poderás meterte comigo en moitas cousas, porque non son perfecto, pero creme, nacionalista, demócrata e socialista sono. E ademais falo galego.
Un saúdo
4:27 da tarde
e non quero sonar a prepotente, vaia
6:29 da tarde
jajaja, ¿pregunta por eles en dereito? "Buaaa, neno, la panda del bate nos va a pegar..." por Dios... espero que estean de coña eses comentarios, porque se non o están voume rir un cacho, haberá que ir a dereito a dicir: "Bua neno, quienes son los tios del blog neno?"
Non me fagades rir!!! E estudade que seguro que vos quedaron pa setembro algunhas...
10:03 da manhã
POis non, a pesar de ter bastante máis que chapar que ti...
11:16 da manhã
Non quero discusión...Só dicir que estou conforme co que di bolseiro e ao de dereito...en fin...dicir que estás equivocado rapaz...
5:51 da tarde
Ti o dixeches "chapar", iso é o que facedes, ¿non?
4:05 da tarde
Descalificar. NO.
Ir por ahí de justiciero anónimo. Déjaselo al zorro.
Que "podo falar de todas as variantes do marxismo, unha por unha, pasando pola socialdemocracia nórdica ata rematar no castrismo" suena a prepotencia. No más que otras miles de perlas que has soltado.
De todas formas soloquería decir (para todo el mundo)que es muy fácil dar consejos y ponerse chapas de "conducta ejemplar" pero todos tenemos ojos y nos conocemos.
Las disputas de mi carrera es mejor que la tuya, mi partido político es más de izquierdas que el tuyo, etc. no dejan nada que desear a las disputas futbolísticas, entre barrios o por ver quién tiene el coche de mayor cilindrada, es decir: irrisorio (por no llamarlo de otra manera). Madurad, interiorizad y asumid lo que gritais a los cuatro vientos y luego dad consejos por ahí.Sino haced como yo, no seré ejemplo de nada, seré poco activo, pero por lo menos suelo ser consecuente. Para decir lo que uno quiere escuchar ya están los políticos (profesionales) y las líneas eróticas...
2:18 da tarde
Ola, somos unha nova campaña galega que está loitando para conseguir que os significados do termo "gallego" que se poden observar na RAE sexan modificados xa que nos tratan de "parvos" e "tatexos" e deprezan completamente a nosa língua definindoa simplemente coma "lengua de los gallegos" . Se algún de vós esta de acordo connosco pode ofrecer a súa sinatura na seguinte páxina web: http://aproldalinguagalega.galeon.com
Os nosos correios-e de contacto son
aproldalinguagalega@hotmail.com ou aproldalinguagalega@gmail.com
10:28 da tarde