Delegados non, grazas.
É obvio, parece obvio vaia, e concordo con el, de que o BNG constitúeno fundamentalmente os seus militantes. Son o activo político máis importante, quen todos os días defende a única organización que ten un proxecto político para Galiza, que defende a súa actuación nos concellos, na Xunta de Galiza e nos colectivos sociais. Son os que cada ano de eleccións (e mesmo cando non son eleccións) piden o voto para o nacionalismo de esquerdas e así construír entre todos esferas de liberdade e benestar.
E paréceme repugnante (por non dicir outro adxectivo) que algúns queiran mermar a democracia interna que sempre representou ao BNG. ( 1 militante= 1 voto), alegando á inviabildiade polo número de militantes. Non é excusa, xa que non medramos tanto dende a última Asemblea Nacional. Polo tanto, quero deixar clara constancia de que:
Amiguiños, DELEGADOS NON, GRAZAS.
Tarde ou temprá caeredes no de todos os partidos, e despois que? seredes tan "pouco democráticos" coma o PSOE ou o PP? todas as sobervias caen, ¿non?
8:34 da manhã
Parece ser que de momento seguiremos a manter o funcionamento asemblear que nos fai diferentes. http://www.arroutadanoticias.com/novas/nova160920061.html
7:17 da tarde
creo que el BNG no debe perder, al menos de momento, su carácter asambleario. Debo decir que es una cualidad de ningún partido de este país que conozca y estoy de acuerdo con ella.
3:29 da tarde