Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

8/26/2006

Para todos aqueles socialdemócratas light españolistas que cren que por aprobar dúas leis corte progresitas son a "nova esquerda".

Extracto da Declaración de Láncara, X. M. Beiras.
Principiose valores da esquerda en Galiza:


1. Cooperación. Digo "cooperación" como valor antitético do contravalor "competición" –que non equival á simples "emulación". Levo insistido arreo en afirmar que non pode haber socialismo nen esquerda sen que as pautas de conduta individual e de relación social no seu seo consistan na cooperación. A dia de hoxe ouso afirmar que, sen esa condición, nen sequer pode haber democracia. O andacio máis pernicioso suscitado pola exacerbación ultraliberal da competición non consiste en que leva ao paroxismo a irracionalidade social do sistema económico, senón en que carcome e destrue as condicións de existencia posíbel da democracia. E cando ese andacio penetra, como está a penetrar con aceleración constante, en orgaizacións políticas e sociais da esquerda, surte o efeito dunha gangrena irreversíbel que fadalmente enxendra monstrosas malformacións letais: non hai esquerda que poida sobreviver se non erradica a competición do seu seo.

2. República. Deixémonos de lerias: a república non é un sistema político; a república é unha forma de civilización e cultura sociopolíticas. Ben sei: a monarquía é un anacronismo histórico. Mais de pouco val derrubar ou abolir unha monarquía se a sociedade non asume a república como cultura civicopolítica, se non a impregnan os valores republicáns. Quero dicer que a república non é cousa que atinxa só nen primordialmente á configuración do aparello do poder político e do Estado. Nen os valores republicáns se confunden ou identifican cos democráticos. A cultura civicopolítica francesa distingue entre democracia e república, e mesmo enxendrou un coñecido requilorio preñado de ironía: "se chega a perigar a democracia aínda nos restará a república". Que na Galiza poderíamos traducir no famoso retrouso roqueiro: "menos mal que nos queda Portugal" –que é república, claro. A laicidade, por exemplo, é un valor de xinea republicán, que na cultura cívica francesa asumen mesmo os non demócratas. Eu son demócrata, mais a miña forma de ser demócrata baséase nunha cultura republicán, e non podo concebir democracia sen república, na cultura cívica –e na forma de Estado. Aínda que só fose por ter estado sempre a nación e o povo galegos sometidos á monarquía española -dende os dous católicos aos austrias e aos borbóns- o nacionalismo galego foi sempre explícitamente republicán e non pode ser outra cousa nen doutro xeito –non o pode ser vergonzantemente, como arestora.

3.Democracia participativa. É un valor indispensábel se pretendo manter a congruencia co que levo dito até eiquí. Mais non é só por congruencia polo que o sosteño, senón porque sen democracia participativa non hai democracia posíbel –e menos no presente histórico da humanidade, no que a diverxencia e mesmo o divorcio antre a instancia política e a cidadanía, ou sexa a sociedade en canto povo, non cesa de ampliarse e agravarse. Sen democracia participativa a democracia representativa padece esclerose e deriva en oligarquía, mesmo no senso definido hai máis de dous mil anos polos clásicos gregos, nada menos. Os partidos convírtense en "aparatos" e as cámaras de representantes en "cámaras de gas", como ousara eu dicir hai anos xa no parlamento da Galiza –metafóricamente, claro. Esta deriva perversa suscita a necesidade de reconstruir as pontes, ou construirmos pontes novas, entre a cidadanía e a instancia política: é un dos debates primordiais nos foros sociais mundiais destes anos. Mais as novas pontes terán que apousar os seus peares no tecido asociativo horizontal e diversificado da cidadanía, veiculizador e articulador dunha dinámica participativa. Entramentras, a autoorgaización das xentes do común terá que suplir a parálise das esclerosadas superestruturas políticas, partidos incluídos, en emerxencias críticas –como aconteceu con Nunca Máis, coas movilizacións contra a invasión do Irak, contra a tiranía das OTAN, FMI, OMC e demais "extraña família"- ou con ocasión do plebiscito francés do Tratado pretensamente constitucional da UE.

4. Autodeterminación cara a independencia. Qué queredes que vos diga. Tardei en convencerme. Mais, após decenios de vida malgastos en ensaiar o raciocinio, a paciencia, o tempero, a argumentación, a persuasión e até o optimismo da vontade para contribuir dende a miña identidade nacional galega a construirmos en común un Estado español habitábel por todos, despois de todo ese esforzo durante todo ese tempo, cheguei á conclusión de que estivera a "traballar para o inglés". Nen sequer se trata dun esforzo ilusorio por realizar unha utopía. Non. Trátase dunha "impossible mission". Debín facerlle caso ao don Ramón María dos esperpentos, que hai ben tempo xa que dictaminara por boca do seu alter-ego Max Estrella que "España es un corral nublado". A caverna española obstínase en darlle toda a razón aínda hoxe. Compre renderse á evidencia: só o combate pola nosa autodeterminación como povo, orientada cara a independencia, só ese camiño poderá chegar a algures, só esa actitude suscitará respeito cara nós e os nosos dereitos cívico-políticos, poisque a caverna española só respeita a quen teme. É mágoa, mais é asi. Porque o problema non o somos nós, os galegos nacionalistas: sóno iles, os chovinistas de diversas córes e adubíos. Os atrancos non os pómos nós: poñenos iles. Nós tentamos construir para tódos: iles só se aplican a destruir o que nós dámos construído. Cómprenos elevar o ángulo de tiro na nosa pacífica e cívica proposta para chegarmos alén das suas posicións. E dende aí sempre estaremos a tempo de falar se acaso "abrenuncian" á apolexética dos dogmas para profesaren o uso da razón ilustrada –é dicir, se acaban por ingresar na cultura da modernidade propriamente dita.

5. Socialización. Non pode haber democracia real e efectiva, na praxe cidadán, sen socialización como eixo do avance histórico dos povos. Mais sempre entendín que, para a socialización prosperar, non podía consistir na simple nacionalización ou colectivización das unidades e meios de produción, nen cinxirse á instancia económica de sociedade. A socialización é un proceso que, a nivel individual, atravesa cada ser humán desque nace até que desaparece da biosfera: un proceso de constante aprendizaxe da convivencia, en interacción co seu entorno. A normalización dese proceso a nível colectivo é a chave do avance histórico nas formas que pode revestir a estrutura social dos povos, nunha causalidade dialética coas condicións materiais de existencia e máis coas formas culturais e as representacións ideolóxicas e axiolóxicas que o proprio proceso vai enxendrando. Compre encetarmos un debate de ideas amplo e veraz sobre o sentido e contidos que poden ter a socialización e, portanto, o socialismo na Galiza de hoxe e na conciencia nacionalista contextualizadas na presente conxuntura histórica do xénero humán.



E como conclusión:
Home novo, muller nova –nova cultura. Se o primeiro ponto que vos espuxen enunciaba un postulado preliminar, iste derradeiro sinala o necesario ponto de chegada referencial do proceso orientado polo repertorio de valores que asumo e veño de ofrecer á vosa sensibilidade e a vosa intelixencia. Ben vos decatades de que o logro do "home novo" constitue o cerne teleolóxico de todo proceso revolucionario. Mais non iñoro que o valor semántico da verba "revolución" non é unívoco, senón plural –polisémico- e, pola mesma, préstase a moi diversas interpretacións. No entanto, nalgo podemos coincidir todos nós: todo nacionalismo emancipador é, no seu cerne, revolucionario –e até libertario no senso orixinario da palabra. Xa era xerminalmente así na revolución irmandiña galega do século XV, na que os nosos ancestros servos percuraban ao seu xeito o nacemento do "home novo" nas condicións do seu proprio tempo histórico. Esa revolución pioneira na Europa de entón deixou unha pegada indelébel na que, máis tarde, chegaría a ser a cultura do nacionalismo galego. Compre un grande "encontro irmandiño" rexenerador desa cultura cívica e política. Para ese labor sigo a estar disposto, como un operario máis na cooperación das xentes do común, da república dos cidadáns e as cidadás galegas auténticamente boas e xenerosas.

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

jajaja, así puxeras tanto ímpetu noutras cousas!!! eu creo que isto é idolatría, creo que vos cegades pola figura dun político e cando vos caia ides levar nos morros.

7:46 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

pablo, nadie dice que PSOE sea la nueva izquierda, es mucho más vieja que la izquierda del bng. y ya estoy cansado de tu sectarismo, el que dice que o eres nacionalista y del bng o no eres de izquierdas. MIra, cuando tu apliques a tu vida diaria tu política de izquierdas, entonces hablamos, pero no se puede partir de que tu eres el rey sol y los demás vivimos para contemplarte. Tus palabras son muy fuertes.

Y por cierto, yo no seré de izquierdas, pero mi tolerancia me ha llevado a leer la declarción de láncara, de beiras, de la que aquí te apropias como tuya. Soy tolerante y no me obceco con mi discurso. Punto y final.

Un saludo, y sin acritud.

12:49 da tarde

 
Blogger amarante said...

Compañeiro, non me apropio da Declaración de Láncara, senón cando menos cambiaría o rollo de "cando eu era deputado"...non cres????

un saúdo

4:25 da tarde

 
Blogger amarante said...

ademais sergio,arriba pon claramente de quen é...seguro que o liches??'

4:32 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

si ao lado de socialdemócratas light españolistas, jajaja, a iso chámase definir con propiedade, non? "Compañeiro", jajajaja

5:32 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

si que la leí, aquí pone de quién es, pero no en el blog de los socialistas. Y no quiero que desvíes el tema. El tema no es la declaración, sino la forma con la que estás llevando toda esta batalla dialéctica. He sido diplomático, me he comedido mucho, es más, te he publicado una entrada en el blog de xuventudes, y lo haría cien mil veces, por que te respeto, pero creo que no has hecho bien en decir que somos todos unos "seudo", que significa "falso", unos "light", y muchas cosas más. Yo creo que te he demostrado que las cosas se pueden cambiar, y que el mundo no es blanco o negro. Por eso, nunca rechaces a nadie por el color de su partido, pk cada persona es diferente. Yo hago autocrítica, yo critico a muchísima gente del psoe y seguiré criticando a más, y a mí mismo, y no veo que tú critiques demasiado a las personas de tu partido. Creo que en los últimos tiempos has sido muy corporativista y que has permitido que la política te consuma, apartándote de tus amigos. Ahora crees que ellos te abandonan, y no es así, ellos han estado mucho tiempo esperándote.
Perdona que ponga este comentario públicamente, pero hay ciertas personas, tú sabes cuáles, que deben leer esto, pk tb lo comparten.

Un saludo sincero.

8:51 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Pasaba por aquí, pasaba por aquí, ningún teléfono cerca y no lo pude resistir...

1:51 da manhã

 
Blogger Luis Valcarce said...

Localizar su blog no es tan dificil. Nueva demostración de que el anonimato en internet no existe.

Un besote

11:40 da manhã

 
Blogger Príncipe hindú said...

joder! vengo de poner un comentario al post de abajo y me encuentro más de lo mismo. Caray, como estamos!

2:24 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!