Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

9/18/2006

Baixade ata abaixo da páxina. Sí, podedes coller o rato e darlle á barra que está na dereita da pantalla. E alí atoparedes a miña mascota. Podédeslle dar de comer e botarlle auga. Chámase cocho ceibe. Parece ledo, ¿non si?
Pero detrás disto péchase unha irreductible certeza. É un ser animado froito da combinación dun código binario. E a pesar do seu nome, nunca sairá dese recadriño, nin tan sequera poderá dar unha volta polos post e commments do propio blogue.
Mirádeo. ¿Non tendes de súpeto, un invisible fío de atracción cara a súa feitiña expresión? Pero non lle collades cariño. Porque non é real.
Agora estará agardando a que lle deades de comer unha insulsa peza de froita. Non ten máis que iso na súa existencia. E sorrirá. E correrá a buscarvos o punteiro. Que triste é a vida do cocho ceibe. E eu que fillo de puta por poñerlle ese (triste e irreductible) nome.

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

é certamente triste, pero máis outras cousas, non si?

6:36 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

outras cousas a que se refire, ás diferenzas sociais e á fame no mundo, ou a que a farola do campus sur non alumea? porque creo que hai que relativizar, e tanto ir de guai con frases tan rimbombantes, é contraproducente.

11:48 da manhã

 
Blogger amarante said...

Dende logo que hai cousas moitooo máis tristes. Pero unha cousa que ata certo punto serve para producir ledicia e tenrura (co nome ese, aínda por riba), convértese en algo certamente deshumanizado e distante.

Puxen o exemplo do cocho ceibe, pero temos máis cousas ao noso arredor que nun primeiro momento poden parecer bonitas, fermosas, cando realmente pechan unha aureola tétrica e deprimente.

7:23 da tarde

 
Blogger oko said...

isto recórdame á frase de "que boneco tan triste". o cocho non precisa ser libre porque non é un ser vivo, non lle busques metáforas. ah, e gracias por ofrecer a túa virilidade para defenderme, ouh desamparada nun mundo cruel de homes, na excursión, xa que vou sen macho dominante. como eu soa non me podo valer...

3:11 da tarde

 
Blogger amarante said...

jajajajaja, foi un comentario sen ningunha maldade...dende logo que ti soíña podes coidarte...de feito creo que vou ser eu quen precise de coidados...

4:13 da tarde

 
Blogger amarante said...

Dios, acado de reler o que puxen e quero recalcar que vai sen ningunha carga de tipo erótico.

7:12 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

yo tb pensé hace tiempo en poner una mascota, pero aparte del cocho, las demas no son muy bonitas que digamos

saludos

12:27 da tarde

 
Blogger Caufield said...

eu teño un pato los vaporosos e é ben bonito
o triste é que todos somos cochos ceibes
e non nos damos conta (ou si?)

8:03 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!