Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que en día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
«Señor, que todo o podedes,
-pedinlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición».
E doumo Dios e arrinqueino,
mais... ¿quen pensara...? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor...!
xa se sabe... menos mal que nos queda o tempo, ese "aliado" que vai cicatrizando as feridas dos cravos que a vida nos vai deixando no corazón... aínda que eu sempre digo que doen máis as feridas da alma cás do corazón... xa que esas non se curan nunca...
Apertas neniño...
3:41 da tarde
En efecto, sempre terei o tempo para que se vaia difuminando a dor. E se queda ferida a alma?nunca a poderei curar?
moitas grazas
10:37 da tarde
Pois non, esas feridas nunca se curan, pero aprendes a vivir con elas, e despois xa non doen con rabia, senón que se acostuma un a esa dor e convértese nunha dor veciña, próxima... aínda que segue a ser dor...
8:12 da manhã
Si, pero eu son da opinión de que non podes pasar da dor asi por asi, non tes que forzarte aos dous días e ser a persoa máis feliz e máis activa do mundo, porque te estás enganando... o que non quere dicir que teñas que estar de luto... pero se te enganas nalgún momento terás que reventar...
10:09 da manhã
Ilusos.
Pero, Vós pensades, que a dor das feridas (tanto me ten que sexan da ialma coma do corazón) se curan?.
NON amiguiños....non se curan...láian toda a vida.
O que pasa é, que se aprende a viver con elas.
8:05 da tarde