Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/23/2006


E dende aquel momento, ao longo de lentos, escuros, tétricos e nauseabundos anos de monotonía e fastío, o filósofo existencialista traballa, como e durme. Xa non bota en falta a maxia das lonxanas colinas, nin treme por segredos que burbullan como verdes arrecifes nun mar insondábel. Xa non lle produce tristeza a monotonía dos seus días, e os seus disciplinados e liñais pensamentos resultan suficientes para unha imaxinación escasa. Na súa mirada xa non hai un atisbo de inquietude; e se algunha vez presta atención, tratando de escoitar ao lonxe solemnes cantares ou lonxanos desexos, é só de noite, cando vagan libremente os soños antigos.

- Que estás facendo de min, que estás facendo de min- choraba o filósofo.

6/21/2006

"Respirarei tranquilo cando vexa as cinzas no amencer. Coma sempre. É triste que ao final o único que me faga respirar tranquilo é un chisco desa normalidade de antano, mirando por aquela fiestra adolescente, escoitando aquela música dos primeiros amores e sentando nesas escaleiras da praza maior como facía con quince primaveras... En efecto precisaba dunha boa dose de pasado. Para entender o presente e afrontar o futuro. Ese tempo e esa xente que me da tranquilidade e nostalxia. E estarei polo menos un par de horiñas da noite de meigas con eles. Porque preciso esa bocanada de aire morriñento".

-¿En que pensas?-dixo EE-. Mira para Moncho, seica está preparando unha churrasca para o venres.
- E baixaremos da estrela,non?
-Pois iremos.

6/16/2006


Ponte el moño apretao, sirena, que se joda el viento,

rompe las horquillas de espuma
y déjame que te remache sonrisas de hierro
de esas que disipan las brumas,
que sé que entre los males nos lloverán cristales,
yo iré descalzo y tú desnuda
al son del amor del ronco tambor que toque la luna,

vamos a trepar a la copa de éste sol de enero,
y a hacer un nido en su ramaje,
y allí reírnos viendo como a cada minutero
se lo devora el oleaje,
y cuando entre mis brazos resuenen cañonazos
yo iré perdido entre tus dunas
dejándolo todo, quemando los tronos donde reinen dudas,

y báñate en mis ojos, que se joda el mar
que quiera mecerte a su antojo,
si no somos nadie a nadie va a encontrar,
y si a las heridas quiere echarles sal
solo va a encontrarse cerrojos
y las cicatrices de la soledad,

coge resina para untarnos poco a poco el cuerpo,
por si vuelve la ventolera,
y mientras tanto, entre los huecos que nos deje el tiempo
deja volar tu cabellera,
que si a nuestra locura vuelven nubes oscuras
nos cogerán frente con frente y codo con codo,
cada vez más solos, rodeados de gente.

y báñate en mis ojos, que se joda el mar
que quiera mecerte a su antojo,
si no somos nadie a nadie va a encontrar,
y si a las heridas quiere echarles sal
solo va a encontrarse cerrojos
y las cicatrices de la soledad.

(Marea, un pouco de tranquilidade)

6/14/2006


Caendo en picado, esvarando sen rumbo. Isto non se pode cinguir única e exclusivamente ao periodo de exames. Ten que ser algo máis. Menos mal que o filósofo existencialista e a muller sen rostro déronme un pouco de ánimos. Precisareinos.

Insistindo na profecía autoconfirmativa: 1,2,3,4,5. O primeiro ás 00:00. O último ás 2:30. ¿Xogamos?

E seguirei esvarando ata o venres.

6/13/2006


-Un. Dous. Tres. 3: 34 a.m
- ¿Que dis?
- Catro, cinco, seis. 4.40 a.m
- ¿Toleaches?
- ¿O sea, sabes?
- Non pode ser! Son unha plaga...
- E multiplícanse exponencialmente. Bum! Perfecto, din por completo na diana, como acostumo facer... ( sarcasmo irónico, punto equívoco).
- Estuda e déixate de trapalladas.

(con Travis de fondo)
I cant sleep tonight
Everybody saying everythings alright
Still I cant close my eyes
Im seeing a tunnel at the end of all these lights
Sunny days
Where have you gone?
I get the strangest feeling you belong

6/12/2006


-¿Por que dis iso EE?
-Porque é certo. Non te podes concentrar. Levantas en todo momento a cabeza dos apuntes, ¿buscando que?¿ou a quen? ¿a quen buscas? Saes da biblioteca a facer nada. Só a ver se ves a esa persoa para topala de súpeto e cruzar unha mirada case que nanométrica. ¿E á hora de comer na cafetería? Están falando contigo. ¡Failles caso! ¿Por que non lle fas caso en lugar de procurar a alguén que nin tan sequera sabes se existe?¿ E por que quedas mirando pola fiestra?¿A ver se a ves? Pero home, que vives nun oitavo andar... E cando a tes cerca, ou cres tela cerca, das a espalda e só sacas o espelliño para que a visión directa non te cegue. Perfecto, ten o pelo longo. ¿Sabes algo máis? Pois moi ben. Douche ánimos para seguir construíndo a túa tétrico-deprimente historia. Espero que non leves un golpe. Outro máis, vaia.

6/11/2006


"O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades e as ideas en feitos"

Castelao

6/09/2006



Shhhhhh.

Estamos estudando

6/04/2006



Revolución e reforma: da enfermidade do desdobramento(II)

E Cris, vaia. ¿E Cris que pinta en todo isto? Realmente non se chamaba Cris, senón Alexandra Kollontai. Muller revolucionaria e bolchevique, paladín do movemento feminista. Estaba namorado. Participara nos acontecemento revolucionarios de 1905 e apoiou a Lenin na visión dos soviets como organismo para o exercicio do poder e da necesidade de superar a revolución burguesa coa revolución proletaria. E por ela, o que fose. Dábame igual deturpar e prostituír a miña ideoloxía con tal de estar ao seu lado. Se é ben fácil facerse pasar por leninista. Só tes que escoller a alguén que pense por ti e repetir panfletariamente o que diga.

O médico do Pico Sacro morrera, sen razón aparente. Quizais porque a miña metafórica loita interna sobardara a súa capacidade conceptual. El sempre estivera acostumado a non pensar e crer que todo ben dado. Que inxenuo. Agora a única solución sería aniquilar unha parte de min. Petrogrado é frío. E Alexandra morreu. Chaman ao timbre.

-¿Quen é?

- Son o pragmatismo. Douche unha educación sinxela, casa, comida e ocio.

- ¿A cambio de que?

- De nada home. Dun desenvolvemento intelectual mermado. ¿Aceptas?

- Claro, como non. A ignorancia é a felicidade, como soen dicir os conformistas.


Revolución e reforma: da enfermidade do desdobramento(I)

Pasara o tempo e eu seguía engulido nesa dinámica esquizofrénica de non saber que carallo acontecía. Fora a decenas de psicólogos e todos daban o mesmo diagnóstico (simplista, presivible, liñal): desdobramento de personalidade.

- Non doutor. Non é cuestión de desdobramento intelectual nin en abstacto. É cuestión de verme a min mesmo na rúa, coma se fora un espello.

E nada,sempre a mesma contestación.

- Veña outro día,de seguro que ve as cousas doutro xeito.

Malhumorado pola merda de sistema psicolóxico dos estados de benestar, aconselláranme un home que daba consulta no Pico Sacro. Ex-militante do PCUS nos 80, aínda tiña no seu poder as fragancias do estatalismo, a socialización e os últimos anacos do Soviet de Petrogrado.

E como non tiña nada que perder, vendinme á perversa maquinaria comunista. Cunhas gotiñas dun líquido azul agoniante, o meu iris ficou infestado de veas. Nun estado de semi-cuasi-inconsciencia, levitei perpendicularmente -de forma perfecta- ás catro paredes brancas. E comecei a cuspir toda caste de sustancias. Un exorcismo en toda regra. Fragmentos da Internacional mesturábanse con consignas reviosinistas e vivas a Eduard Bernstein.

O médico, ao ver que me estaba a converter nun monstro perpetua sistemas capitalistas, aumentou a dose dese líquido azul exfoliante.

E viaxei a Chiapas, de novo. Nun segundo metafórico quedei impregnado dun fondo pouso revolucionario. Mais esa suma zapatista co meu eu derivado deu como resultado un pensamento de corte anarquista.

Agora, ante o estupor do comisario político, comecei a berrar ¡abaixo o Estado! E estaba a punto de tolear. O médico, ex cadro en Petrogrado, non cabía en sí. Cada fonema artellado en contra do aparello estatal era un coitelo afiado no seu férreo e centralizado toracicamente corazón stalinista.

Pero non. Estaba a autocontralarme, a pesares do desquiciamento progresivo. O anarquismo non puidera comigo. O médico e máis eu sabíamos o que pasaba. O meu desdobramento non fora outra cousa que a extrapolación da loita entre os bolcheviques e os mencheviques. En efecto, eu mesmo era o Partido Socialdemócrata ruso. E dentro existían as dúas faccións: a que consideraba como obxectivo político lograr a dictadura do proletariado apoiado nun modelo de partido pequeno, profesional e que garantise a homoxeneidade ideolóxica e a capacidade de organización. E a outra, a que cría que era mellor ter unha base partidaria ampla, a pesares de que iso supuxera sacrificar a homoxeneidade ideolóxica. Defendía, ademais, a evolución do meu organismo cara un réxime democrático. A disquisición binomial Lenin e Martov.

Lenin sempre fora partidario de esnaquizar as sillas de Siza, de poñer patas arriba a Facultade que aliena e tirarse ao monte. Pero Martov cría que na Faculdade, a pesares de que os cadros dirixentes non eran o mellor, podíase aprender a base de xente achegada, de compañeiros. Por iso avogaba por esa ampliación de militancia.



6/03/2006



Fai calor. Teño o completo convencemento de que sairei airoso do meu bloqueo mental. Mentres, farei un documental da miña vida. merda! Non sei se facer un plano contrapicado. Doume de cabezazos contra a parede. E rompo, de novo, a conciencia. Sangue.

 
adopt your own virtual pet!