Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

10/31/2006

A familia feliz (e pixelada). En fin, teño que dicir que a cada paso a familia Real dame vez máis noxo. E é que a monarquía constitúe o elemento máis sumamente antitético á democracia que poida existir agora mesmo no E.E.

Un resquicio absolutista que chupa cartos de todos para crear parásitos reproducíndose como coellos e non facer absolutamente nada. E que non me diga a xente que "hace mucho en las relaciones internacionales". Igual faría outro presidente da república escollido libre e democraticamente! Esta claro, non todo o mundo pode acceder a xefatura do Estado xa que a monarquía é hereditaria.




Hoxe é o cumple de Leonor. Felicidades para ela. Que inocente. Non sabe que xa ten a vida solucionada. ¿E por que? Porque naceu no seo dunha familia que está aí por guerras, morte, sangue e destrucción. Os borbóns e todas as monarquías non deixan de ser unha prolongación do Antigo Réxime. E nunca se constituirá unha democracia de calidade e igualiaria en canto o E.E deixe de ser unha monarquía parlamentaria. E que saiban todos os que sosteñen e defenden esta forma de goberno que non son demócratas.

E dígoo eu, que "España" me la trae floja. Eu avogo pola República galega. Mais as cousas teñen que dicirse como son. Adiante coa República española!

10/25/2006





A desagradecida tarefa do socialdemócrata

Por Lluis Pérez

Preguntáronse algunha vez vostedes sobre por que os mozos levan camisolas do Che Guevara e non de Olof Palme? En fin, mais alá da visión romántica das esquerdas e da satanización das dereitas, o certo é que o Che Guevara non foi unha personaxe histórica que axudase particularmente a mellorar o mundo onde vivimos. Isto soará a sacrilexio para moitos, pero se falamos de feitos concretos o caso é que o Che foi un dos principais responsábeis da viraxe da Revolución Cubana cara ao totalitarismo e as súas ideas a propósito de estender tal Revolución por todo o continente americano mediante a loita guerrilleira foron un completo fracaso. Tampouco en política económica pareceu colleitar grandes trunfos. En fin, alguén dirá que era un "idealista", mais as ideas ás cales consagrou a súa vida parécenme desas que, cheas de moi boas intencións, conducen de cabeza cara ao inferno. Mais, o marketing castrista e capitalista mediante, as mocidades esquerdistas de hoxe en día venérano como a un mito, incluídas aquelas que en principio non comulgan co totalitarismo que rexe en Cuba.

Olof Palme, primeiro ministro socialdemócrata sueco, non lle foi á zaga ao Che en canto a idealismo. Loitou toda a súa vida por dar aos suecos un nivel de benestar e liberdade como non se coñeceu en practicamente ningún lugar da Terra en practicamente ningún momento da Historia. Mais non só mellorou notábel e exitosamente a vida dos seus compatriotas: tamén foi un duro adversario de todos os imperialismos, soviético e norteamericano incluídos, opúxose con vehemencia ao bloqueo de Cuba pese a ser socialdemócrata, foi un dos líderes da comunidade internacional que mais esforzos dedicou á loita contra o apartheid e destacouse como pacifista durante toda a súa vida. Tamén el, como o Che, foi asasinado, só que aínda a día de hoxe non sabemos quen matou a Olof Palme, índa que se rumorea que foi asasinado polos servizos secretos do apartheid surafricano.

O agravio comparativo entre Palme e Guevara dános a medida do agravio comparativo existente entre reformistas e revolucionarios. Uns e outros farían cousas mellores e peores, pero parece ser que o espírito profundo da esquerda, en especial da mais nova, tende a menosprezar a actividade reformista e a idealizar a dos revolucionarios, independentemente de cal das dúas contribúa obxectivamente mais, en cada momento histórico concreto, a mellorar a situación dos parias da terra, dos que piden (pedimos) permiso diariamente a terceiras persoas para sobrevivir. Na Europa Occidental, por exemplo, paréceme indiscutíbel que a práctica totalidade daquelas cousas que fan mais prósperas e libres as vidas dos plebeos como un servidor conseguíronas os reformistas socialdemócratas: dende o sufraxio universal ate o subsidio de paro ou a Seguranza Social, todo foi froito dun ou doutro modo de loitas reformistas. E, con todo, lonxe de valorar a capacidade transformadora destas medidas, o novo esquerdista europeo estándar tende a rexeitalas con desdén a base de consignas de catecismo, ate o punto de que para certa esquerda o apelativo "reformista" pasou a ser un insulto recorrente como o foi no seu día "revisionista". Téndese, erradamente, a considerar que o reformismo carece de capacidade para mellorar e/ou superar a orde social e económico do capitalismo. En fin, xulguen vostedes mesmos se Suecia é igual que o Reino de España.

Por suposto, aprobar unha Renda Básica (por poñer un exemplo de reforma desdeñada por "reformista" desde certa esquerda oligofrénica) non servirá para rematar con todos e cada un dos problemas da Humanidade. Mais, desde logo, contribuirá a solucionar moitos e a mitigar moitos outros. E o que é mais importante: contribuirá a configurar escenarios futuros onde as poboacións traballadoras de todo o mundo terán máis capacidade de resistencia á hora de enfrontarse ás ondas de privatizacións e desregulacións que ameazan con por a poxa a súa liberdade. Pois ben: isto é o que moitas veces certa esquerda, particularmente xuvenil, non sabe ou quere ver. Un tipo de esquerda que, cegada polo que fica pendente por conseguir, non é capaz de valorar o que se consegue efectivamente e comparalo co que custou conseguilo para así facer un balance racional sobre se tal ou cal reforma foi boa ou mala de cara a acadar unha sociedade mais libre e igualitaria.

Ser reformista, e en particular ser socialdemócrata, é pois unha tarefa nese sentido moi desagradecida. O socialdemócrata poderá contribuír a mellorar a vida dos demais, mais de cando en cando verá que os seus esforzos reciben eloxios mais alá da mera felicitación polo traballo ben feito. E iso cando hai sorte. O socialdemócrata adoita ir con traxe e pelo curto, fai unha política aburrida que consiste en falar de orzamentos, garderías, impostos e subsidios. Non ten a melena ao vento, nin vai uniformado, nin a súa vida adoita ser particularmente aventureira. Quizais ten que ver con iso, con que o socialdemócrata non é un tipo de aspecto heroico. Un problema máis de imaxe, pois, que de realidades tanxíbel. Por iso os mozos levan camisolas do Che Guevara e non de Olof Palme: porque por moi "revolucionarios" que pretendan ser non deixan de ser membros dunha sociedade onde a imaxe conta máis que o que hai detrás dela. O triste cuasi-esquecemento de Olof Palme e o culto á personalidade do Che: un tremendo sarcasmo que certa esquerda profire contra si mesma sen nin sequera decatarse.

10/20/2006




Preciso dun chupiño de licor café
Loxicamente, a foto é o encabezamento teñen sentido metafórico. Non son ningún alcólico. Só preciso saborear un chupiño de licor café e ir a aquel sitio para pensar. É estraño, porque ás veces os que pupulan como "moscas á merda en procura do escano" danme certo noxo. Pero vaia, fanme pensar. Que así e todo, é o que conta. Pensar e ao mesmo tempo desconectar (e esquecer).

10/12/2006


Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que en día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
«Señor, que todo o podedes,
-pedinlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición».
E doumo Dios e arrinqueino,
mais... ¿quen pensara...? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor...!

 
adopt your own virtual pet!