Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

10/12/2007

Parabéns, doutra volta. Déixovos tres vídeos. Un sobre a formación do BNG, outro sobre a intervención do mestre e un emocionante Himno Galego.

Saúde e patria





10/01/2007

Resaca post-vacacional, resaca post-vocacional e unha felicitación


Resaca polaca. Dulce resaca post ex-órbita soviética. Volvín a ese pasado adolescente e de súpeto todo virou por dentro. Reatopei a vellos amigos que parecían perdidos pola sombra do frenético mercado laboral, afiancei amizades consolidadas e tiven gratas sorpresas e fructíferos puntos de frenesí.

Cracovia e a praza como referencias. Si, a Praza. A orgmásmica Praza de Cracovia. Os Orange Hostel, as comilonas, os “all for you”, os “¿Onde está Cup.?”, Gdansk, Varsovia (a pesar de todo), Torum, o castelo, os pavoneos, os amigos do tren, a xente de Erasmus e C., as 2.500 fotos, A.K, as 11 noites de convivencia, a discusión final por non durmir nada no aeroporto de London, as cervexas de medio litro, o meu triste inglés, o sprint para a Gate 59, os “non son español, coño”, o Kebab recalentado das 6 da mañá con xente descoñecida, a mochila de Ch., a fodida mochila de Ch. A humanidade de M., a tranquilidade do Director Xeral, a sorpresa de B e o “Non levaba nada” de Cup. E con claridade meridiana a pesares da presente acronimia redaccional.


E agora…Compostela. Pero de xeito distinto. E agora si que é a hora de comprobar que xa non teño que volver entrar nas aulas de Siza. E só un se da conta de que todo cambiou co novo curso académico. A carreira esvaeceuse e tristemente moitos dos que a compartiron comigo tamén, deixando atrás as promesas de amizade eterna. E sen querer escarbar nas laberínticas e amarmeladas lembranzas, teño ese cosquilleo parecido ao do primeiro día (ese de 2003) no que por primeira vez me subín á pedra xacobea con mochila en man e incógnitas na cabeza. Novas compañeiras de piso, novos horizontes na segunda carreira, un doutorado por construír, moita política que facer e un milleiro de cousas que vivir. Teño ganas de voltar e agarrar ben forte a cidade contra o meu peito para que non se me escape.

E por suposto, teño que dar os parabéns a unha parte moi importante da miña vida e do meu tempo. Feliz 25 aniversario BNG! Como dixo Beiras "irmandade, soberanía popular, democracia participativa e esquerda”.

 
adopt your own virtual pet!