
- Chegou o final - rezaban aqueles fedorentos garrapatos. Non fica xelo... O home lanzou unha ollada e saiu correndo. O calor aumenta por momentos, e os tecidos non poden resistir. Imaxino-me que o sabe... o que dixen sobre a vontade, os nervos e a conservación do corpo unha vez que deixaron de funcionar os órgaos. Como teoria era boa, pero non podia manter-se indefinidamente. Non contei co deterioro gradual. O doutor Torres sabia-o, pero morreu da impresión. Non foi capaz de suportar o que houbo de facer: tivo que introducir-me nun lugar estraño e escuro, cando fixo caso ao que lle pedia na miña carta, e logrou curar-me. Os órgaos non voltaron a funcionar. Tiña que facer-se á miña maneira - conservación artificial - pois, comprende?, eu falecin naquel entón, fai xa dezaoito anos. "
Boas festas co desexo de que no 2008 a GARELOSFERA se convirta no elemento dinamizador da sociedade betanceira.
Apropiemonos sin pudor dun Betanzos virtual que medra sin pedir permiso.
4:26 da tarde