"É un vello truco do opresor aparecer vestido coas ropaxes do oprimido: o verdugo dá un chouto ao palco e finxe ser a vítima da representación. É tamén unha coñecida trapela negar as razóns da opresión: non hai nacións, non hai pobos, só hai cidadáns, só hai individuos, como nas películas de Clint Eastwood, sálvese quen poida".
Ao fío da reacción da maquinaria mediática do españolismo máis feroz e intransixente, e tamén observando certos blogues amigos, véxome na obriga de facer algunhas consideracións ao respecto.
En primeiro lugar, existen varios tipos de nacionalismos, unha miríada deles, diría eu, pero, para o caso, trazaremos dúas variables: esquerda-dereita (non será explicado pola súa condición transversal); nación sen estado-nación con Estado. Polo tanto caer no argumento de que "todos os nacionalismos son iguais" é non ter visión histórica nin perspectiva política.
Hai un nacionalismo que non se pode observar claramente porque está institucionalizado, por dicilo dalgún xeito. Ver unha bandeira española nun partido de fútbol é nacionalismo. Nacionalismo de exaltación dunha nación que ten un Estado que preserva a súa identidade e que, ademais, IMPÓN ese cultura hexemonizadora e homoxeinizadora (através da Administración, dos medios de comunicación, de Decretos, de Recursos contra medidas de discriminación positiva lingüística...) sobre outras culturas que obxectivamente e a pesares do intento do españolismo para aniquilalas, dende os Reis Católicos ate Aznar, viven aínda. Este nacionalismo tamén é coñecido como nacionalismo opresor.
Hai outro nacionalismo que pretende a emancipación. Normalmente non está nas estruturas de poder e ten que valerse de partidos políticos nacidos do "poder popular" para que as súas lexítimas demandas de preservar a identidade negada saian adiante. O nacionalismo galego é un nacionalismo de liberación nacional, reacción do nacionalismo español que agora pretende porse a pel de cordeiro e escenificar unha opresión que sería á inversa. A nación galega (simbólica, cultural, racional, sociodemográfica, económica) ademais, ao non ter Estado, posee a dupla opresión: a xa citada do Estado español que impuxo e impón a súa cultura, e a do sistema neoliberal desnacionalizador por e para o mercado ("impoñamos unhas pautas de comportamente homoxéneas. Fagamos aos seres humanos autómatas. Borremos as culturas. Argumentemos que falar de nación, sexa no contexto que sexa, é estúpido. Vivamos na nación universal do consumo").
¿E todo isto a que ven? E que estou farto, realmente farto, de que algúns digan que nós, os nacionalista galegos da esquerda anti-neoliberal, queremos impoñer falar galego, queremos adoutrinar o Himno nas Galescolas, queremos anexionar municipios limítrofes ou queremos...en fin. Eu só o que quero é SER GALEGO, que o meu idioma non se deixe de falar, que a miña xente poida saber da súas raíces e da súa cultura para aportar coñecemento á humanidade. Ademais, claro, de autonomía fiscal e política. Quero existir como pobo sen impoñer nada a ninguén. E que estamos a confudir NORMALIZAR con impoñer. Porque hai que ser ESTÚPIDO, con maiúsculas, pensar que o galego e o español están ao mesmo nivel, porque é constable que o castelán ten ventaxas xurídicas.
Pois ben, a Historia Política Universal demostrounos que para que os nosos dereitos nacionais (non é baladí ser nación!!!) sexan respectados, a opción máis nidia é rachar todos e cada un dos fíos de subordinación e dependencia do Estado que sistematicamente nos nega. A solución e que os cidadáns galegos exerzamos o noso dereito a decidir libre e democraticamente a constitución dunha República galega social dentro dunha Europa dos pobos e solidaria. Unha vez constituídos en Estado propio, escolleremos como integrarnos noutras estruturas supranacionais e como colaborar para o desenvolvemento dos homes e mulleres e dos pobos do mundo.
E que non vexo outra opción. O nacionalismo español xa é chovinismo e negación de por sí. E eses que non avogan nin por patrias nin por bandeiras, normalmente teñen "embaixo de toda a súa faramalla individualista e anti-identitaria a adhesión a unha nación. A española, por suposto. Unha nación que ademais se concibe como unha entidade eterna, intemporal, como unha deidade que precede a todo e que sobrevivirá a todo. Estes individualistas adoran unha nación que só existe nas súas mentes, a mesma ensoñación mítica que cantara José Antonio Primo de Rivera no seu discurso da Comedia, a da unidade indisolúbel da Constitución española. Así son estes posmodernos: un chisco de Lerroux, un chisco de José Antonio, un chisco do embaixador do Vaticano, un editorial de Pedro Jota, o último alegato progolpista de Jiménez Losantos e a continuar coa representación mentres os verdadeiramente oprimidos continúan unha miga atordoados e algo intoxicados polo pensamento único."
E estou farto dos cipaios. E dos que se amparan na liberdade de escoller para, de forma premeditada, fusilar a Galiza e á súa cultura, que tamén é fusilarme a min. Pero non pasarán. Teña a completa certeza de que venceremos. E non pasarán.
Viva a República Galega con Xustiza Social!
Viva todos os pobos e nacións do mundo!
Viva o xénero humano!
E viva o altermundismo, por suposto!
Totalmente de acordo. Polo que expós ti aquí e polo que lle teño medo a organizacións como Ciutadans ou o novo partido de Basta Ya! Son eles os que lle fan o traballo sucio ao españolismo máis caduco. Nin tan sequera o PP se atrevería a defender posturas tan reaccionarias no tema da lingua, como Ciutadans.
9:47 da manhã