Nos pasados días Galiza Nova de Betanzos iniciou a cuarta edición da campaña para a eliminación da raíña das festas por considerar que esta representa uns valores caducos e totalmente sexistas non adecuados para unha sociedade onde a igualdade entre os xéneros sexa un dos valores prioritarios. As mocidades nacionalistas anunciaban que “neste momento, onde por primeira vez Betanzos é rexida por unha muller, semella ser o ideal para que desde a alcaldía se amose unha verdadeira vontade por rematar coas desigualdades de xénero, facendo visíbeis as posibilidades de actuación real das mulleres na vida pública” tal vez sería posible dar este necesario paso, mais lonxe diso, e a maiores da belixerancia con que o PP respondeu na prensa, “temos testemuñas de que María Faraldo deu orde a empregados municipais de arrincar carteis de Galiza Nova e temos indicios de que foi así” incidan desde a Dirección Local das mocidades do BNG.
Varias testemuñas afirman ter visto a empregados municipais arrincando os carteis pegados polas mozas e mozos nacionalistas por orde da alcaldesa no canto de desenvolveren as terefas propias do seu traballo. Para Galiza Nova a alcaldesa pretende coutar o exercicio da liberdade de expresión, dereito fundamental que recoñece a Constitución, a Declaración Universal de Dereitos e outros moitos textos xurídicos aplicábeis no Estado. O Partido Popular non só vulnera así un dereito fundamental senón que amosa a súa praxe totalitaria ao obstaculizar a liberdade de expresión e a súa non predisposición ao diálogo, para alén de utilizar aos empregados do Concello ao servizo da alcaldesa e do seu partido no canto de estaren ao servizo de toda a cidadanía.
Con todo, a Dirección Local de Galiza Nova lembra que non é a primeira vez que ten problemas con María Faraldo pola cartelaría, recordando que cando pasaran o filme “Hai que Botalos!” no Liceo María Faraldo arrincara ostentosamente os carteis diante dun nutrido grupo de persoas e tildara á organización xuvenil nacionalista de “indecentes”.
vaia pleno o de onte eh...iso de sangrar polo naris xusto cando o do PP sacou o cartel de "galicia" nova foi bastante metafórico
11:54 da manhã
Que non te sorprenda. Xa se sabe cal é a praxe política (da que tanto nos gusta falar) do PP. Pero non son os únicos, o Partido Español (nin Socialista nin Obreiro) d´A Coruña, unha vez mandou á Policía Municipal a quitar uns carteis que apareceron pola cidade, nos que aparecía Paco Vázquez como candidato á alcaldía...POLO PP. Gran broma
9:49 da tarde