Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/16/2007

Queridos amigos e amigas que ledes o meu blog:

En Betanzos vai ser alcaldesa a señora Mari Faraldo, Secretaria de Organización do PP da Coruña que instou aos alcaldes do seu partido a que retrasaran a firma de convenios para constituír as brigadas anti-lume sen importarlle a nosa terra nin os seus veciños e veciñas. Sí, esa mesma señora que milita nun partido que recolle o franquismo sociolóxico. Sí, saben? O partido do xenocida Aznar (guerra de Iraq), do fascista Fraga (sí, sí, foi ministro de Franco, e Franco era un ditador fascista, pola tanto Fraga tamén o será, non sí?) e dos opusianos nacional-catolicistas de Acebes e Zaplana. Sí, eses mesmos que comentaron que era unha ofensa contra o Estado que Zapatero non fora á misa do Papa ou que Anxo Quintana non lle fixera a ofrende ao Apóstolo o día 25. ¿Pero non vivimos nun Estado laico?

Pois ben. Hai un partido novo en Betanzos que se chama Cidadáns por Betanzos. Presentouse ás eleccións, encabezando a lista un ex-PP. Sacaron 3 concelleiros e tiveron a chave de goberno. Hoxe foi o pleno extraordinario de investidura e que sorpresa levei cando CXB (logo de escoitar en boca dos seus militantes que nunca votarían por Mari) fixo alcaldesa á susodita. Dirán, "nós queriamos botar aos Lagares". Ben. Os Lagares serán uns cabróns. Non o nego. Pero Mari Faraldo, ademais de cabrona é facha e analfabeta funcional (lembremos que nun pleno non condenou o franquismo, polo tanto non retiro o insulto e, ademais, o repito..."analfabeta funcional"). E o de facha non é unha perrencha de neno pequeno nin un insulto sen fundamento. É constatable.

Quero dar os parabéns aos "progres claros e transparentes" de CXB por facer alcaldesa a unha tipa do PP de Acebes, Zaplana e Aznar. Non deixo de ter unha pequena pedra neste corazonciño. Porque en Cidadáns por Betanzos pensei que había xente respetable politicamente. Pero logo do espectáculo bochornoso que nos deron (prazos, esixir a alcaldía, etc,etc) pouco queda por dicir.

Eu son nacionalista, de esquerdas e demócrata. E teño que respectar a vontade do pobo. Pero creo firmemente que CXB enganou aos seus votantes.

Polo miña banda só dicir que loitarei porque volva o progreso da man do BNG de Betanzos ao concello. Porque creo que somos os únicos que falamos, durante toda a campaña, de propostas concretas para avanzar en calidade de vida e benestar, construíndo unha cidade participativa dinámica. Queda un día menos para as próximas eleccións. E mentres PP, CXB e PSOE seguen co "mercadeo"o nacionalismo de esquerdas en Betanzos seguirá escoitando aos veciños. Como fixo e fará.

Queda un día menos para que outro novo Betanzos sexa posible. As municipais do 2011 están aí, á volta da esquina. E algúns seguiremos facendo camiño para que o BNG sexa a forza máis votada. Porque será garantía segura de que Betanzos será da maioría social. E non só da mesma clase política vella e podre.


Saúde, patria e esquerda





10 Comments:

Blogger Veraeikon said...

Hey! Vaia carallada,eh? Debes de estar q botas lume! Meu pobre.
Pois mira, vouche comentar eu como andan as cousas por aqui pola redonda, vale?. En Dodro consijeu a alcaldía o vello Arturo Díaz Díaz (do PSOE e q non se empapa das cousas ¬¬), pero bueno, nós consejimos case todo o q pediamos e...non nos podemos queixar.
O colmo cheja se che falo dun Consello do lado, Cesures, conoselo?¿?¿ Q FORTE! Xuntáronse PP, PSOE e Independentes e botaron do joberno ó BNG, q era a lista máis votada! Iso é..... mima! Non teño nin palabras! Q vai disir agora o Feijoo de q joberne a lista máis votada e de q os pactos son aqui e son ala?¿?¿
E q hai dos do PSOE? Serán.........si,si, ti podes por todos os adxectivos q queiras. Hai q tocarse moito o carallo,eh? IMPRESIONANTE. Pero bueno, xa che contarei mais sobre o asunto e sejun vaian as cousas.
Polo de agora, eu vou sejir co meu "enserro" tm particular,jeje.
Bicos dunha enxebre ;)

8:20 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Fraga xa o dicía, os fillos das boas familias son mellores que o resto.... En Betanzos onte retrocedimos de golpe 70 anos, teremos unhas festas con touradas e mantilla, El Fary e Ana Kiro, de pregoeiros Ghayoso ou Núñez Habichuelo e de santos, ademais de San Roque, algún santurrón opusiano. Os Desempre (é igual que sexan Pitas, Faraldos ou De la Fuentes, ou Sánchez e Lagares) seguen a mandar, mais están máis preto da súa fin.
Estamos a coller carrerilla!

11:42 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

machiño.... declaraste nacionalista de esquerdas e democrata. a sensacion que das de cara á galeria, polo menos a miña opinion, é dun sectario radical. podería dicir moitas cousas pero imaxino q caerían en saco roto. non empeces criticando algo q ainda non comezou. dade algo de tempo para ver o que hai e se a xente non esta contenta co traballo, iso demostrarase nas elecións q están á volta da esquina.

saudos

12:19 da tarde

 
Blogger Miguel said...

Te dejo mensaje , agrégame pasmón.

Saudos!

2:16 da tarde

 
Blogger amarante said...

Imos ver: de sectario radical teño pouco. Oxalá traballe o PP por Betanzos. Pero voume cinguir a feitos: a dereita sempre se caracterizou por non traballar en prol da maioría, senón dos máis ricos. Equivócome? A dereita privatiza en pon a empresa que antes era pública en man privada. Equivócome?

O PP de Betanzos, dende a oposición, opúxose sistematicamente ao progreso de Betanzos e facer da cidade un lugar onde se poida vivir e participativa,como é o tema da peonalización ou reglamentos de participación cidadá e consellos sectoriais.

Eu, como nacionalista e persoa de esquerdas, nunca, nunca, nunca quero Á DEREITA no goberno. Porque pode haber xente válida, como en todas partes. Pero esa xente aséntase nun partido cunha estrutura político-ideolóxica que ten como piar fundamental a dereita .E a dereita, como ben sabemos, non traballa para a aumentar o benestar dos cidadáns, senón que traballa polos intereses duns poucos, sexan construtores ou señoritos que desexan aparcar o seu coche no casco vello para tomar o café obviando que O CASCO VELLO É DE TODOS OS BETANCEIROS. E unha estrura que se asenta sobre o clientelismo e o amiguismo.

Ademais disto, o programa do PP de Betanzos, se o levan a cabo, era certamente irrisorio.

O PP de Fraga e de Mari xa tivo oportunidades. O PP estivo 16 anos gobernando en Galiza...e que conseguiu? Destruír o medio rural desmantelando os sectores produtivos básicos?Despilfarrar fondos europeos? facer que cada vez falemos menos galego?subir o paro? precarizar o traballo e os servizos sociais?
E o PP de Aznar?Privatizar empresas públicas?levarnos a guerras ilegais?facer decretazos?trasvases para campos de golf?

Oxalá o faga ben Mari Faraldo en Betanzos. Permíteme que con estos antecedentes, e sendo unha persoa nacionalista e de esquerdas, dubide un POUCO de que por algunha carambola ou por algunha alineación dos planetas a dereita o vaia facer ben.

Porque querid@ amig@, que esté na deireta no poder significa involución. Involución económica, cultural, social, intectual.


En xeral, coa dereita no poder involuciona o xénero humano.

saúde

2:41 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

son a nai de miguel,logo de ler o ultimo comentario-panfleto, agregame tamen "pardillo"

2:48 da tarde

 
Blogger amarante said...

?????

3:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

vale que non keiras á dereita no poder, pero eu penso q a nivel local non ten tanta importancia o partido. betanzos necesitaba un cambio de aires. como ben escribiches ti, os lagares son uns cabrons e a miña sensacion é que a maioria dos votantes de CXB elixiron a súa opción para que betanzos tivera un cambio de aire. podo comprender que dende o teu punto de vista o bloque tiña millor programa, mais correcto politicamente, mais completo, como keiras chamalo. a miña opinion e que un grupo de xente "anonima" por dicilo de algunha maneira que se molesta en fundar un partido para presentarse a unhas eleccions municipais non pode ir coa idea de atentar contra a democracia poñendo a un partido de dereita no poder, etc etc etc. son veciños coma ti e coma min, polo que teño entendido de diversos ideales politicos q se xuntaron coa intencion de facer algo por betanzos. iso para min vale moito.
o maior fallo que eu penso q fixeron poi poñer en cabeza de lista a quen puxeron, pero polo q oin que a eleccion foi a sorteo e tocoulle a este individuo.
vale que e un escindido do pp, vale que a sua familia sexa do opus, pero o partido integrano moita mais xente asi que eu penso q non deberiamos xuzgar a todos polo que sexa o seu cabeza de lista.

saudos

4:07 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Faime graza que falen de Amarante como "sectario e radical". A quen se lle conte...

A verdade é que lamento o que vos está a acontecer en Betanzos, pero é que con estos partidos independentes xa se sabe, a cara pública di que son xentiña do lugar que quere facer algo polos veciños, pero a realidade evidencia que son os caciques de sempre que se arriman a quen máis lles ofreza.

En fin, ánimo sectario radical, xD

12:53 da tarde

 
Blogger Miguel said...

http://cuentosdepolska.blogspot.com/

1:29 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!