A Asemblea decidiu unha nova Dirección Nacional da que son membro. Parabéns a todos e cada unha das persoas que forma esta nova Dirección Nacional. Eu traballarei dando todo o que teño por Galiza Nova sempre e cando non me poñan pedras no camiño e sempre e cando non se faga dirixismo dende aqueles sectores dogmáticos e medievales que consideran á xente simples compañeiros de viaxe utilizándoos en beneficio propio. Como comentei na AN, o BNG e Galiza Nova son un medio, non un fin. Non debemos converter isto nunha oficina de colocación.
Teño que dar as grazas a certa xente que, tendo que levartarse todos os días ás 8.30 da mañá, quedaba ate horas intempestivas negociando proxectos comúns certamente proveitosos.
Viva Galiza Nova!
Viva a República galega socialista!
Moi boas,
Non sei se sabes quen son. Non me gusta da-lo meu nome por internet (manías), así que tan só direi que son o único dos CAF de xornalismo que non foi á Asemblea Nacional.
En primeiro lugar, gustaríame darche os parabéns por este novo posto na Dirección Nacional e espero que dende alí poidas traballar axeitadamente por Galiza, pola mocidade e polo socialismo (facía falla algunha ranciada)
En segundo lugar, dicirche que aínda que nalgunhas cousas poida estar máis próximo á UMG que a EN ou a Isca!, penso que fai falla deixar un pouco de lado as lerias internas e preguntarse por que o nacionalismo ten tan pouco calado na mocidade. Con isto non me estou a referir tan só aos militantes de GN, senón a tódolos simpatizantes ou colaboradores dalgunha organización afín (por exemplo os CAF. É necesario que arredemos as nosas diferenzas e fuxamos de endogamias. Todo o demais son palabras baldeiras.
Un saúdo
GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
3:01 da tarde
Moi boas compañeiro,
Coido que as explicacións foron suficientes para que te recoñeza. :)
Moitas grazas polos parabéns, ten que por seguro que traballerei axeitadamente por Galiza, polo nacionalismo e pola mocidade dende os estritos parámeros da esquerda.
Estou contigo cando dis que hai que deixarse de "lerias internas" e poñerse a traballar aí fóra para construír nación e benestar. Pero esas lerias internas son necesarias para intentar ter un proxecto político sostible e congruente para irlle a falar a esa mocidade desexosa de escoitar. Porque o que quero, persoalmente, e abrir fiestras en Galiza Nova e non pechar portas. E para abrir fiestras cómpre convencer a esa xente que non atende a razóns de que o que propós e coherente e racional.
Se avogamos pola autoorganización da mocidade é unha tontería pecharse en banda negando unha realidade que se chama asociacionimos cultural, deportivo ou mesmo centros sociais.
Nunca me cansarei de repetir que moitísima xente cre que o BNG e GN son un fin en sí mesmos,unha especie de oficina de colocación. Non compañeiro. O BNG e GN son unha ferramente útil para algo concreto, que é a liberación social e nacional (aquí a coherencia esquerda/nacionalismo). Senón existisen habería que inventalos, aínda que fora con outro nome.
Sen máis, sabes que podes contar comigo para seguir traballando nesa cousa que temos en común que se chama CAF. E anímote a que entres no mundo político. Porque voces como a túa son necesarias. Moito diría eu. Sexas da sensibilidade que sexas, creo que o nacionalismo e a esquerda precísante. Da o paso!
Patria e esquerda
7:26 da tarde
Ben, estou de acordo con todo o que dis pero quería facer un par de matizacións. Sobre todo a respecto do das "lerias internas". Non sei se me expliquei ben, pero eu non me refería con isto ao proceso de debate dentro das organizacións. Algo que, por outra parte, é fundamental nunha organización democrática. Iso si, debate con sentido, porque non debemos caer nos vicios do excesivo asemblearismo e meternos en grandes discusións sobre auténticas tonterías. Como lle pasou a un compañeiro do noso comité, que nunha coordinadora de asemblea lle dixeron que un corte de manga era un símbolo patriarcal.
En fin, ao que ía. Eu referíame a que cando perante unha asemblea, estase máis preocupados de dicir cousas como "vanse cagar eses upegallos" ou "imos foder a eses de EN e de Isca!"; ou de mirar a ver quen berra máis, os de "¡Independencia!" ou os de "Galiza Ceibe Poder Popular", quen perde é o nacionalismo de esquerda.
Outra cousa, así que "poñerse a traballar aí fóra para construír nación e BENESTAR". Non ves como es un socialdemócrata. xD
Por último, quero da-la boa noticia de que no vindeiro comité unirásenos outra cativa de primeiro.
Un saúdo compañeiro
VIVA A GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
PD: o de meterme no mundo político non o vexo a curto prazo. A medio - longo non descarto nada
10:19 da manhã
Boas de novo,
Entendo o que dis.Xa teremos tempo de discutir este tipo de disquisicións no punto varios dos comités.
X certo, a nova rapaza é M?Xq a verdadade é que o xoves pasado estívenlle dándolle a chapa no Avante para ver se daba o paso e se unía ao interesante mundo dos CAF. Vai ser que aínda convenzo á xente!ou iso, ou se meteu para que non lle dera máis a paliza polos pasillos da faculdade.
Decántome pola segunda opción
Patria e esquerda compañeiro!
12:25 da tarde
Non, M. non é. Non falei con ela dende aquel día. Así que ao mellor temos 2 novas incorporacións, vaite ti a saber. Á cativa esta penso que non a coñeces.
Para canto dan os puntos de varios do comité. Un día había que elimina-lo resto dos puntos e pór unicamente un varios.
SAÚDE
12:48 da tarde
Creo que isto é algo premeditado pola xente de primeiro para controlar o comité...ben,ben. Interesante. Moi interesante. ;)
Eu propoño tomar unhas cañas en lugar de deixalo para o punto varios. Por iso de permeabilizarnos á sociedade/mocidade.
X certo, contestáronme xa polo tema da charla do FSM. En principio non haberá problema en contar cos tres poñentes. Temos que pechar a data canto antes, iso si. De todos os xeitos isto xa se tratará nos organismos pertinentes (onde o "reprimido" leva a orde).
saúde e patria!
2:01 da tarde
Claro que queremos controla-lo comité e orientalo no camiño correcto do marxismo-leninismo pensamento de Ferrín.
Paréceme ben o tomar unhas cañas e xogar a arranxa-lo mundo.xD
Perfecto o do FSM. Por certo, ao final imos proxecta-la peli o 25-A? A xente prefire poñela, se queres falámolo no vindeiro comité, se o "reprimido" o mete na orde do día, xD.
SAÚDE E REVOLUCIÓN!!!
2:21 da tarde
Aínda non puxéchedes os cadros de Lenin, Marx e Ferrín...Lembrádevos da miña transacción de meter a Beiras e Castelao, todo sexa polo consenso dende a "esquerda nacionalista". xq todos somos da "esquerda nacionalista",non? Iso non o dubido XDDD
O do vídeo xa din a miña opinión no último comité...De todos os xeitos, haberá que agardar aos organismos pertinentes...
x certo, dille ao señor que non es ti nin o reprimido que xa teño o contacto do CXG (ai dios, isto do anomimato cibernético é un tanto tedioso...)X certo!o reprimido non mandou a acta pseudopornográfica de desnudos contra-bolognha!
Ai,ai,ai
e o blog pouco actualizado está!!jejeje
saúde e REVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA, TRANQUILA, INTELECTUAL E PACÍFICA
2:51 da tarde
Máis que o termo "esquerda nacionalista" prefiro o de "nacionalismo marxista". Para evitar confusións.xD
Ao "reprimido" xa lle botei a bronca o outro día porque leva 2 actas de retraso. Dixo que estaba niso.
A respecto do blogue, pois e que agora mesmo estou moi liado traballando un interesantisimo texto de Jouvenel para CC. Políticas. Non puiden nin actualizar o meu, pero cando teña un pouquiño de tempo, póñoos ámbolos dous ao día.
SAÚDE E REVOLUCIÓN SOCIALISTA DEMOCRÁTICA, POPULAR, NACIONAL E CIENTÍFICA (acorde cós postulados marxista-leninistas-pensamento de Ferrín)
7:38 da tarde
Tes razón, todos vimos do marxismo. Algúns algo máis prácticos e realistas que outros pero, ao fin e ao cabo, Marx non pasou en balde.
Ánimo co traballo e non te esforces moito, que aíndas estás en primeiro!
Acabarás na FPG...en fin...
jejeje
8:11 da tarde
os únicos que presentabades proxecto alternativo!!!permíteme que o dubide!
A militancia falou e escolleu a Iria,por máis que vos joda ides ter que aguantala dous anos. Vos que falabades tanto de democracia, isto non é democracia????
jajajaja
8:15 da tarde
JA, agora ser revisionista é ser realista e práctico? Veña oh, hai que pór en dúbida o sistema. E non por iso deixas de ser realista e práctico. Efectivamente as condicións materias obxectivas non son as da Rusia de 1917 e fai falla adapta-lo marxismo as circunstancias políticas, económicas e socias da nazón. Pero non por iso imos limitarnos a pórlle panos quentes ao sistema.
Temos que ter ti e máis eu un día un debate sobre moitas cousas, que seguro que será divertido.
Cambiando de tema, Anónimo, unha cousa é que se acepten os resultados, porque non queda máis remedio. Pero o compañeiro tamén pode mostra-lo seu desacordo sen por iso deixar de cuestiona-los principios democráticos.
GALIZA CEIBE E SOCIALISTA (de verdade, non revisionista)
11:26 da tarde
Querido anónimo:
Como bo demócrata teño que aceptar os rsultados da Asemblea. E digo como bo "democráta" con todas as súas letras. Porque certa xente falou en certas comarcas que a "democracia" non lle gustaba moito, ou lle soaba "mal".
Iso en primeiro lugar. En segundo lugar dicir que ás veces a democracia tende a converxer coa chamada ditadura da maioría, na cal esa enorme masa descerebrada chega a votar a disposición de tempo dunha candidatura. Explícome: o que se fixo na asemblea de non deixar falar a un compañeiro na defensa da candidatura número 1 que previamente se repartira con outro compañeiro ataca ferozmente a liberdade de expresión.
¿Se a Asemblea decide que hoxe non como, non vou poder comer? Teño dereito a comer como o dereito fundamental de alimentación!!!
En terceiro lugar, indicir no tema algo sospeitoso dun secuestro de listados.
Pero, a pesar de todas esas irregularidades, eu seguirei a traballar por GN e polo nacionalismo, que é o que me interesa. Esa é a diferencia entre uns e outros. A min non me importa deixar de controlar o chiringuinto con tal de que avancemos, porque a min as cotas de poder nin fú nin fá. Non pode dicir todo o mundo o memso (véxase centros sociais, Siareiros galegos, etc,etc).
En fin camarada cibernético "xan guindán", ás veces fas ben en non meterte na política porque da certo noxo.
Pero creme que precisamos xente que queiran limpar e purificar un pouco isto.
Adiante con Galiza Nova!Adiante co BNG!
3:04 da tarde