A bandeira de Galiza
é dun branco inmaculado
con unha banda de azul
que a atravesa de lado a lado.
E no medio do azul
-cores do ceo e do mar-
a estrela de cinco puntas
como un facho a relumbrar.
Esa estreliña vermella
de sangue roxa e caudal
é siño liberador
do asoballo nacional.
A bandeira de Galiza
sin a estreliña vermella
parece que algo lle falta,
un soño morto semella!
Vermello, branco e azul
berran na nosa bandeira:
A nosa esperanza de hoxe
e a da Galiza vindeira!
Manuel María
pregunta estúpida: que siginifica la estrella roja en la bandera?
4:21 da tarde
Simboliza á vez a esquerda política universal xunta á emancipación nacional de Galiza
4:45 da tarde