Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

1/21/2007
























OUTRO MUNDO É POSIBLE!

Un ano máis celébrase o Foro Social Mundial, desta vez en pleno corazón de África, nomeadamente en Nairobi. E doutra volta, a totalidade das forzas política do Estado español (agás unha) danlle ás costas e este encontro tan importante no movemento altermundista para buscar solucións aos problemas comúns que sofre a humanidade e máis concretamente a periferia desfavorecida. Alí estarán os movementos socialistas de Sudamérica, as correntes de liberación africana e moitos outros, entre eles, integrantes de Alianza Libre Europea- Verdes. E como non, o nacionalismo galego estará representado por Xosé Manuel Beiras en nome do BNG e da Fundación Galiza Sempre.
Entre outros temas trataranse aqueles en favor de construír un mundo de paz, xustiza, ética e respecto. O de liberar ao mundo da domininación do capital e asegurar o acceso universal e sustentable aos bens comúns. Democratizar a informacón e o coñecemento asegurando a dignidade, defendendo a diversidade e garantindo a igualdade de xénero e elimando toda discriminación.
Garantir os dereitos económicos, sociais e culturais, especialmente os dereitos á alimentación, ao coidado da saúde, educación, vivenda, emprego decente. Construír un novo orde mundial baseado na soberanía, a autodeterminación e os dereitos dos pobos, cunha economía sustentable e construída en base a estruturas e institucións políticas reais e democráticas coa participación das persoas nas decisións e no control dos asuntos e recursos públicos.

E non me cansarei de repetir que a homologación é un insulto á intelixencia. E aínda teño un terrible zunido nos oídos que me dicía algo así como que os "nacionalistas rozais la xenofobia". Así que, queridos amigos do PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL, dígoo así de claro, somos os únicos que estamos alí onde está a esquerda mundial máis avanzada e os únicos que nos importa (non de fachada) todo o que acontece no mundo. Onde está a representación do PSOE neste foro??? Non hai.

E repito, é un insulto á intelixencia todo o que escoito das vosas bocas. "Rozais la xenofobia".

Aquí está a nosa xenofobia. Está no foro Social Mundial intentando buscar solucións á pobreza e intentando implementar estratexias para un mundo xusto e en paz. Non teño outra palabra que agora mesmo defina a sensación que me da esa doble moral que tendes que esta: noxo.

4 Comments:

Blogger Os_Alumnos said...

es cierto que en el psoe hay mucha gente que de izquierdas tiene sólo un discurso memorizado y rancio, pero créeme que yo soy el primero en frustrarme y no tú. Y, la verdad, no sé por qué no hay nadie del psoe en nairobi, pero creo que hemos demostrado cien mil veces que hemos sido tolerantes y que, como estamos demostrando desde el poder -algo de lo que no puede presumir un BNG que está cayendo en los mismos errores que el PP y se deja llevar por su inercia-, somos coherentes.
Porque el principio hay que defenderlo desde el principio, y sabemos de sobre cuál fue la primera medida del ejecutivo actual.
No sólo hay que hablar sobre lo que nos interesa. Ser de izquierdas es un estilo de vida más que defender las tesis de un partido y, lo que es peor, aprendérselas de carrerilla como si fuera una cantinela.
Yo estimo mucho a Beiras, más que a mucha gente de mi partido, pero tb es cierto que mucha gente del BNG no lo considera de su partido. Así que la verdad hay que decirla toda, y no sólo lo que creo que me viene bien. ¿De verdad va Beiras en calidad de representante del BNG? Lo dudo. No veo unidad en el BNG.

9:24 da manhã

 
Blogger amarante said...

Si que foi en representación do BNG

11:19 da manhã

 
Blogger Os_Alumnos said...

jajaja, es muy gracioso el contraste entre mi parrafada y tu contestación. Bueno, só decirte pablo, que la política, además de servir para canalizar la rabia por defender nuestras ideas, tb debería servir para conocer ocurrencias varias y reírse de vez en cuando de ellas.
Si tú no crees que el PSOE es iquierda, yo te diré que si y no. Pero hay algo que creo que no deja lugar a ambigüedades: la izquierda, entendida como tú la entiendes, es una conquista diaria, y no la adscripción a un partido. Lo más meritorio es unirse al carro de los más criticados. lógicamente, tb se corre un riesgo, que es caer en su inercia...
un saludo

1:01 da tarde

 
Blogger amarante said...

Un día pedinche que me definaras a esquerda, e non o soubeches dicir. Apuntabas a que é unha conquista diaria, etc, etc, etc. Pero como saberás, a esquerda tense que fundamentar en realidade material a parte de ideal. Obviamente a materalización parte da premisa inexcusable da teoría utópica de toda esquerda baixándoa ao terrenal. Eu un día che expliquei o que era para min a esquerda democátrica e como se podía implementar (e como a facía, para ben ou para mal, a miña fronte).

Por favor, dime pois que é para ti a esquerda, e non fundamentes os teus razonamentos en "difusos" conceptos.

Outra cousa: non creas que eu sigo ao pé da letra o catecismo do BNG, porque non é así. Ben saberás que estou asdcrito á chamada Alternativa, moi crítica coa dirección que saíu.

O Bloque Nacionalista Galego para min non é un fin, senón un medio cara algo concreto: liberación social e nacional tendo como piares fundamentais o benestar individual, colectivo e a cooperación para o desenvolvemento armónico e integrado nun mundo onde prime a xustiza social.

Dime Misti, para ti que é o PSOE?

saúde!

9:40 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!