Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

1/09/2007




Negociación: Proceso mediante o cal as dúas partes ceden
. Poñamos de exemplo o proceso de paz (xa roto) entre o Goberno e ETA.

Goberno: “Estamos nunha negociación. Non pagaremos prezo político. Non presos, non autodeterminación. Só Estado de Dereito.”

Alguén máis se da conta de que isto é algo tremendamente incongruente? Ademais, claro está, que o principio de proceso (non haberá negociación mentras ETA non abandone as armas) é o mesmo que o final (que ETA abandone as armas). “O que tes que facer, querido amiguiño, é rendirte, abandonar as armas, arrodillarte e poñer as mans na cabeza. Logo, claro está, negociaremos.”

Pois sí querido goberno, hai que falar de presos, hai que falar de Navarra (e xa non falo do recoñecemento xurídico da autodeterminación), hai constituír unha mesa de partidos e dende logo que non hai que encarcelar ao único interlocutor válido entre Goberno, Batasuna e ETA, que non é outro que Arnaldo Otegui.

Mentras non se dean estas condicións, a negociación non ten sentido, simplemente quedará en pura pantomima panfletaria da socialdemocracia española. As formas están ben (trámite parlamentar) pero os métodos, as tácticas e as contraprestacións non fican claras.

Repito: a negociación parte da inexcusable condición de igualdade democrática, tendo en conta as distancias e sabendo que é entre unha organización terrorista e o goberno. Pero nunca cunha pistola na cabeza do outro. Nin para uns, nin para outros.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Paréceme do máis asqueroso este post: Negociar non é pagar prezo político, é negociar a saída ao conflito.
Partimos da base de que eles son terroristas e non se vai negociar sen o fin de violencia, son eles os que se teñen que amoldar ás regras do estado de dereito, non somos nos quenes temos que negociar mentres eles matan... iso é unha falta de respecto apra a sociedade. DASTE CONTA QUE ELES MATAN, ESTÁN FÓRA DUNHA DEMOCRACIA E POR RIBA TEMOS NÓS QUE LAMERLE EL CULO MENTRES SEGUEN MATANDO??? Non homiño... e claro que se falará de achegamento de presoso, pero cando non amten e se vexa que a súa extorsion deixa de ser... Que burradas dis... pois nada... eles que amten e todos a negociar, a sacalos a todos do cárcere e nada... que despois hai efectos colaterais coma as mortes!!! Non te jode... se pos bombas aínda teremos os demócratas a culpa de que morra xente... non as poñas estúpido!!!!

8:46 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Aclaro, o de estupidos e por ETA e o de asqueroso é polo tema...

8:49 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

non faga demagoxia señor bolseiro, sabe vostede que amarante ten razón

11:19 da manhã

 
Blogger amarante said...

Bolseiro, imos ver: E para "negociar" como di vostede a saída do conflito...q debemos facer???Pechar herrikotabernas?seguir con ese retórico estado de dereito policial??dígame, que debemos FACER SE NON SE PAGA PREZO POLÍTICO???

Digo eu que nunca negociación,haberá que dar contrapartidas: ben, está claro que o queremos é a paz. non? Pois mira, se definitivamente abandonas as armas terá terceiro grao penitenciario aqueles etarras que non teñan delitos de sangue, ou, cando menos, cumprir un "dereito constitucional" que é que os presos estés o maís preto das súas familias e non dispersos por toda Europa!

Creo que está vostede caendo no discurso do PP de "son terroristas con eles non se fala".

E repito, sei perfectamente que o Estado español nunca recoñecerá xuridicamente o dereito á autodetermiación e que a soberanía parte da base de pacto federal. Pero se simplemente fixera iso todo estaría solucionado.

Porque cando un pobo quere independizarse vaino facer, haxa ou non mecanismos legais. Entón, a efectos prácticos (politicamente falando) non cambiaría nada.

E estou co anónimo, non faga demagoxia por favor, que isto é un tema moi serio.

"DASTE CONTA QUE ELES MATAN, ESTÁN FÓRA DUNHA DEMOCRACIA E POR RIBA TEMOS NÓS QUE LAMERLE EL CULO MENTRES SEGUEN MATANDO??"

PSOE: GAL (matou a xente)
PP: Iraq (miles de mortos)

E isto non é demagoxia querido amigo.

12:30 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

señor espiño non sabe o que di... pablo se deixaras falar moitas veces podería escoitar aos demais, porque non em deixaches falar nada de nada... entendes? nada de nada, asi vai o país...
E para o outro dicirlle que eu nonv exo ben que eles sigan matando e teñan que falar por que si... hai un minimo de coherencia... non?

12:51 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Que neno pequeno es... que demagoxico es... acabo de ler a contestacion...

12:51 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!