Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/31/2006


Pechando o ano cunha reflexión ao fío dunha nova de onte

Marx tiña razón na súa visión científica do avance da Historia: a evolución (ou involución) ven dada pola confrotanción dialéctica de dous bloques antagónicos que rematará nun proceso de síntese (da antítese da tese) con preponderancia do bloque emerxente. Pasou no antigo Réxime coa Revolución Francesa (que previo paso da Restauración deunos o Liberalismo). Dun quedounos, para desgraza, a monarquía. Da revolución a soberanía, a seperación de poderes e a Declaración Universal dos Dereitos do home e do cidadán. Do outro a filosofía global que aparece subordinada á idea de liberdade do individuo e o racionalismo. Máis tarde o Liberalismo sufriu unhas reformas que resultaría nas Democracias Liberais Monárquicas, nas que conservamos a igualdade xurídica entre homes, máis non a efectiva. Diso ocuparíase a Democria Igualitaria no que non se dará prioridade ao mantemento da liberdade individual, senón que estará por debaixo da búsqueda da igualdade real (lembremos a retrousa de que prima o interés xeral sobre o particular). Para iso socializarase a política mediante unha educación laica, gratuíta e universal e uns medios de comunicación independentes. O problema será a ineficacia da Democracia autodenominada igualitaria para solucionar as desigualdades. Disto xurdirán proxectos políticos que neguen a capacidade desa Democracia para lograr unha sociedade igualitaria. Os dous movementos antagónicos serán primeiro o pensamento socialista. Logo os recalcitrantes fascismos. Este último caso unha clara e perversa involución.
Logo desa Democracia igualitaria interrumpida en Italia, Alemania e no Estado español, configurouse o que, obxectivamente, elevou o nivel de vida dos europeos cuantitativa e cualitativamente levándoos aos máis altos niveis de benestar coñecidos ata a época. Suecia, Francia, Alemaña, Países Baixos, Noruega. A democria do benestar. É aquí onde o pensamento de Marx non se pode aplicar. Xa que diante desta democracia de Benestar está xurdindo dúas antíteses.

En primeiro lugar a antítese neoliberal, que pretende abafar o Estado, restaurar os principios do liberalismo intransixente clásico e favorecer o interese dos máis ricos en favor dos desherdados da terra e así afondar nas desigualdades. É ideoloxía da morte, da destrucción e do imperio do máis forte.

En segundo lugar a democracia participativa do benestar individual e colectivo, como a min me gusta chamala, non en tanto unha antísese senón unha evolución reformadora cara un socialismo práctico, aberto e fondamente reformista tendo como valores a igualdade, a democracia participativa e a fraternidade. Parto da idea de que o cultura individualista do sistema ten que ser derrotada en mans da cultura da cooperación. Ten que ser unha sociedade civil activa a que fiscalice o poder, botando man de certos mecanismos de democracia directa sempre dentro da viabilidade lóxica e da cultura democrática do lugar. Ven sendo un resumo de todo o bo que nos deixou o pensamento político teórico e práctico universal adaptado ao século XXI. E para facelo extensible a todo o mundo.

Eis a miña reflexión para rematar o ano. Non queda dúbida que deixarei ata o meu último alento para que esa democracia participativa do benestar individual e colectivo gañe a batalla.

 
adopt your own virtual pet!