Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/29/2006



GALIZA IS NOT SPAIN
A pesar de que algúns desexen revestir ao partido de onte cun toque "rexionalista e folclórico" e queiran desxelitimar o encontro con novas certamente manipuladas, eu estiven en Riazor. Había 3/4 de entrada, moito máis que nos partidos do Dépor este ano. Ou sexa que iso de que gañou o cemento é men-ti-ra.

O Galiza-Ecuador foi máis que un xogo. Foi máis que un empate a un nun partido vibrante e contaxioso. Comeuzou co himno nacional cos puños en alto, berrando ben forte a estrofa final..."Nazón de Breogán". E non porque quixeramos este concepto no préambulo do Novo Estatuto, como propuxeron no seu día os progres lights sen cafeína, senón porque sabiamos que o fútbol (para ben ou para mal, máis ben para mal, xa que é triste que sexa isto o que máis move ao ser humano) é un arma de socialización e de expresión máis directa: era a nosa reafirmación e vontade a vida voz de que somos unha nación. E dubido que 20.000, ou 30.000 ou nin tan sequera 3.000 persoas se xunten para berrar que somos "unha rexión", "unha identidade nacional", "unha comunidade histórica" ou algún subterfuxio destes.

O que vivín onte foi máis que un partido. Foi a constatación de que a parte de lingua, historia, cultura e dinámica socio-económica propia, temos vontade de ser nación. Dinme conta de que por fin somos un pobo maduro. E como pobo maduro, temos dereito a escoller libre e democraticamente o noso futuro.

13 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Cun pouco de sorte a censura e a opreçom non borran esta mensaxe: un pobo madura??? e décheste conta no partido? pois que triste, eu creo que o partido o único que dá a ver é unha engranaxe do nacionalismo máis ben pobre... xa que máis da metade das entradas son regaladas aos grupúsculos nacionalistas tales coma CAF, Galiza Nova e ata a clases enteiras de colexios de aldeas limitrofes.
Asíq ue relájate con ese patriotismo nacionalista e di que fuches a un partido onde só dous dos xogadores de Galicia disimularon e cantaron o himno galego, o resto nin sabía cantar o Fogar de Breogán... polo kmenos que moveran os beizos, non? que os estaban enfocando!!!

1:31 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non imos falar sen saber: entón as 25.000 persoas que estaban alí era grazas a GN e aos CAF? Por favor! Menos demagoxia!
E como ben sabes as entradas NON FORON regaladas, custaban 5,8 e 12 euros respectivamente agás 2.500 que foron entregadas a SIAREIROS GALEGOS por facer actos durante todo o ano a prol do recoñecemento oficial e internacional da selección galega.

Unha engranaxe do nacionalismo máis ben pobre??Con esta aseveración creo que deixas a túa análise unha tanto deturpada e alonxada da realidade. O partido era aberto a todo o mundo, non era exclusivo dos nacionalistas. Outra cousa será o que o 90% coincide que son nacionalistas. E por certo, non é unha engranaxe máis do nacionalismoen tanto que o equipo non se chamaba "GALIZA" senón selección galega. A Consellería non quixo facer disto, precisamente, algo patrimonializado polo nacionalismo. Antes de falar, por favor, reflexione.

1:59 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

jajaja, gústame iso de que me trate de vostede... ummmm, un respecto novo, jajaja, a engranaxe chameina pobre porque non foron capaz de encher o estadio. Diga a verdade e dígame cantas das persoas que estaban alí pagaron a súa entrada? E por último... Galiza??? quere que saque aqui un peazo discurso sobre Selección Galega e de Galiza? Puxéronlle ese nome por que? para que non só fose do nacionalismo ou porque o PSOE non lles deixaba? porque queríanlle poñer Galiza, ou non se lembra? jajaja que pouca memoria histórica temos... se só foi hai un ano!!!! E repito o de antes... se por este partido te deches conta de que somos un pobo maduro... que triste... (repito que ninguén da selección deste pobo maduro sabía o himno...) e a xente que estaba alí non era o pobo galego... era o dun partido político na súa meirande parte... 99%...
jejeje (despois queixaraste que non creo debate...)

2:47 da tarde

 
Blogger amarante said...

De novo está a cometer un erro: porque o BNG non é un partido, senón unha fronte. E mire vostede, colóqueme un estudo non que demostre que o 99% da xente que estaba alí era "dun partido". Está ben opinar sen ter coñecemento...

E non logramos encher o estadio...vaia, vaia...Tampouco creo que lograse encher o estadio a selección española.

É o que quería dicir co post e que a xente que estaba alí berraba ao unísono o recoñecemento explícito da condición nacional de Galiza. E DUBIDO MOITO que ninguén reuna 23.000 persoas nun partido de fútbol no cal se berre GALICIA REXIÓN, GALICIA IDENTIDADE NACIONAL, OU GALICIA PAÍS.

O QUE SE ESCOITOU ONTE FOI BASTANTE CLARO. quen queira, quen non, galiza unha nación! fora de partidismos. É o sentimento quente dun pobo, lonxe, ao mellor, de frías enquisas manipuladas.

e a verba nación non vai caer en saco baleiro. Porque leva emparellados uns dereitos políticos.

4:04 da tarde

 
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Ala, xa te luciches diante dos pastelitos? Non me contestaches a nada do que dixen... a mi me la suda a selccion española, só digo: que a xente que estaba ali lle regalaron as entradas, asi como chas regalaron a ti e aos teus coleguillas por ser de Galiza Nova ou dos CAF; que os que estabades ali erades todos dunha ideoloxia (que non digo que sexa malo...); que mintes cando dis que non quixestes poñerlle Galicia para non facer partidista a selección; que non enchestes o estadio, que vos poderíades esmerar máis en regalar entradas; e que son o único que che escribe no blog, jajajaja... e que hai do ntema da prostitución? berráronche e xa nons abes argumentar??? pa unha vez que tes razón, e que iso da liberdade do corpo é unha patraña... que esconde o segundo poder economico de toda Europa... en fin... arguménta o que de verdade podes, non o da selección... nun partido destes dis que se ve que o pobo é maduro!!! dios... que triste...

4:11 da tarde

 
Blogger amarante said...

E veña a facer demagoxiaaaaa!!!!!Que non se regalaraon as entradas majo!!!!As únicas foron as de Siareiros galegos!!!!Que ata meu irmán tivo que pagar!!

E que de verdade, es pechado pechado!!

4:17 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Aha, e para ser siareiro galego, que tes que militar en Galiza Nova? ou nos CAF...??? Pechado? Aberto de todo, jejeje

4:37 da tarde

 
Blogger amarante said...

Siareiros Galegos é unha plataforma na que precisamente houbo de todo ata o de agora menos xente do bng (xq estaba controlado por independentistas). Galiza Nova meteuse fai menos dunha semana.

Está formado por xente, principalmente nacionalista, nucleada arredro do asociacionismo cultural. E non, non fai falla ser militante de GN ou CAF para estar en siareiros.

Se quere vosé, entre na súa páxina web

4:43 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Vosé???? ai dior mio que a xente coa opreçom váiselle a cabeza... en fin, unha plataforma independentista? aha, está Galiza Nova, aha, e os CAF non recibiron entradas gratis nin Galiza Nova? Aha... estás seguro de que queres dicir iso???

4:46 da tarde

 
Blogger amarante said...

Galiza Nova recibiu proporcionalmente as entradas gratuítas que lle correspondían por estar dentro da plataforma Siareiros galegos. Os CAF non recibiron entradas gratuítas.

8:04 da tarde

 
Blogger amarante said...

ANXELA BUGALLO SABE O HIMNO!!!!

oS que non saben o himno é touriño, rego, etc,etc (PSOE..)

10:05 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Yo paso a comentar lo de los jugadores. Que bien cantaban el himno!! Y como lo sentían!! Pura emoción!!. Patrañas. En cuanto a lo de Galicia is not Spain... ¿queremos ser tan horteras como los catalanes con lo de Catalonia is not Spain?? Que triste. Yo soy galego, y quiero a esta tierra, y reconozco a mi tierra por encima de cualquier otra. Pero Galicia is Spain.

3:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Jajaja, a ver, os xogadores non saben o himno,,, vaporosa tes razón en que os do palco tampouco o cantaban, pero amarante... tampouco te pases, que Touriño sabe o himno mellor ca Ánxela se fai falta... tampouco te pases...

9:27 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!