E non quero.
Iso. É iso. Exactamente iso.
Quero buscar fórmulas que expliquen mediante analoxía o que está a pasar. E dinme perfectamente conta que os desdobramentos da estrela están a converxer. Que xa non hai bloques antagónicos. Todo son tristes, similares e paralelas certezas.
E dame moita pena que, paseniño, todo se vaia difuminando. Sen querelo, pola miña parte. Sen querelo. A silueta case que non se distingue e todo sedimentará en lembranzas. Quizais naceu con esa premisa: na de ser unha bonita lembranza cando pares en seco no camiño e botes a vista atrás.
Iso. É iso. Exactamente iso.
E non quero.
xa sabes onde atoparme???levo tanto tempo na túa procura e ti sen saber o meu nome...
1:27 da manhã
jajaja bolboreta, jajajaja, efectivamente dende o ponto de vista estético o post é moi modernista jajaja
12:16 da tarde
Post cargado de sentimento, mais...a quen vai dirixido??
3:50 da tarde