Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/02/2007


Eleccións municipais 2007


Hoxe vou desconectar un chisco dos exames e facer unha pequena reflexión ao fío das eleccións municipais. Asumindo e respectando o resultado emanado do pobo, quero deixar constancia dunha realidade, ao meu modo de ver, obxectiva.

-O BNG de Betanzos presentouse ás eleccións co programa máis completo. Basta con ver que outros partidos presentaban trípticos con medidas puntuais, superficiais e xenéricas. Poñamos por caso o de CXB, que nese tan socorrido papeliño con 7 compromisos parecía que "nos descubrían a pólvora" como por exemplo no que atinxe a participación cidadá na vida pública! Vainos dar un exemplo de democracia participativa a lista que encabeza unha persoa que ata fai moi pouco tempo bloqueou sistematicamente o Regulamento de Participación Cidadá e Consellos sectorais naqueles eidos susceptibes de participación veciñal que propuxo o BNG?

- O BNG presentaba o mellor candidato. Lonxe de cabezas de lista que parecen acomodados na poltrona do poder logo de máis de 20 anos; lonxe de señoras que pouco máis que animaban á xente a prender lume ao monte; e lonxe de candidatos conservadores que pertencen a esas familias burguesas que sempre "cortaron o bacallao" en Betanzos. Andrés Otero era o candidato da maioría social, un candidato preparado que estaría sempre ao servizo da clase traballadora e nunca só das élites despóticas!

-O BNG presentouse cunha xestión municipal boa. Levamos o peso do goberno. Fomos os primeiros en poñer en valor o casco histórico, tomando medidas transversais como a rehabilitación de casas; peonalización e construír esa cidade para o cidadán e non para que os señoritos aparquen o coche diante do bar para tomar o café tendo a súa casa a 20 metros; apoio ao Centro Comercial Aberto e á modernización do Comercio. E que dicir o que se fixo coa mocidade: por primeira vez se constituíu en Betanzos un Consello da Mocidade, dando un paso na calidade da nosa democracia. Os mozos e mozas tiñan voz e voto nas liñas políticas a implementar dende a Concellería.
E que dicir en Urbanismo! A nosa revolución foi simplemente facer que se cumplise a legalidade. Porque o Urbanismo ten que estar ao servizo do interese xeral, e non dos intereses de construtoras, promotores e particulares. É dicir, asentamos as bases para un proxecto de cidade aberta, participativa, dinámica e sostible na que poder vivir.


- O BNG de Betanzos incardínase nun proxecto integral de país que ten o nacionalismo de esquerdas que representa o Bloque Nacionalista galego. Avogamos pola adaptación das estruturas locais á dinámica socioeconómica real e non á unha cuadrícula feita dende Madrid por xente cuadriculada no que se refire ás arcaicas provincias.

Pero a última palabra tena o pobo. Non vou falar de "demopedia", tal e como recolle de forma excelente un grande escritor nun artigo (..."porque unha das meirandes chatas das democracias occidentais –entre as que inclúo a democracia española, e singularmente a española- é a de pasar na punta dos pés por algo que xente en aparencia tan dispar coma Proudhom ou Rousseau ,“o meu dereito de influír nos asuntos públicos imponme a obriga de instruírme antes neles”, puxeron en certa maneira de manifesto: non hai verdadeira democracia –e digo democracia material- sen educación.) Non o vou facer.

-Dou os parabéns a un PSOE cada vez máis descafeinado ( U-la esquerda?) por ser a lista máis votada.

-Dou os parabéns a Cidadáns por Betanzos por irrumpir con tal forza no arco municipal e agardo que a súa presenza faga máis rico o debate. Do mesmo xeito fágolles un chamamento a que non decepcionen ao seu electorado.

-Ao PP non lle dou os parabéns por nada. Basta con estar nunha mesa con eles para saber como son.

E antes de rematar, comentoume "blancolexítimo" na mesa que non entendía o nacionalismo. Pois eu son nacionalista galego por vivo nunha nación que non ve recoñecidos os seus dereitos culturais, políticos e sociais. Son nacionalista porque son de esquerdas e vivo en Galiza. Son nacionalista de esquerdas porque son anti-imperialista, ecoloxista, feminista e porque traballo para a maioría social. E son do BNG porque é a fronte que pode canalizar de mellor xeito as miñas ansias de aportar á cultura universal unha visión particular. E traballo todos os días no BNG porque, dende o meu punto de vista, somos a única organización transformadora, que está en Foros Sociais e en todos os colectivos que aínda pensan que o sistema no que vivimos é tremendamente inxusto como para xustificalo. Porque somos os únicos que cren e loitan por outro Betanzos, outro Galiza e outro mundo máis xustos.

E dos resultados no resto de Galiza, dicir que non foron malos de todo. Mantivémonos en porcentaxe e subimos en concelleiros e alcaldes (a pesar de baixar en votos).

Acepto, como dixen anteriormente, os resultados electorais, por ante todo, son demócrata. Non obstante non deixa de ser certo que se un pobo escolle libre e democraticamente o seu suicidio non por iso está ben o suicidio. Déixoo así no aire. Pero repito, ante todo son demócrata. E o que diga o pobo, que así sexa.

Saúde, patria e esquerda compañeiros!

Os tempos serán chegados. Paciencia e traballo.

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

vamos, aquí los del bloque sois los únicos que teneis programa no???el resto que está solo para chupar del bote??

10:36 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Moitas grazas polos parabens,pero as de coincidir, que o programa de CXB, e o mais realista,e axustado as necesidades do pobo, polo menos,despois de ter que pagar a debeda que nos toca, eso si votado por o Psoe mais apoiado polo Bng, e dicir que non produciria quebranto para o concello,me remito a xusticia.Saude

10:16 da manhã

 
Blogger amarante said...

Non creo que o programa do BNG non se axuste ás necesidades do pobo, xa que ese mesmo programa foi posto en común co pobo mediante reunións periódicos cos distintos sectores.

No da débeda debo lembrarche que o Bloque non estaba no goberno cando aconteceu o delito. Por iso non entendo moi ben iso de "votado polo PSOE e apoiado polo BNG". O que si que podes estar segur@ é de que cando o BNG tivo responsabilidades de goberno sempre se cumpriu a legalidade. Cousa que, coincidirás comigo, non tempos que corren, non é pouco. Marchamos coa cabeza ben alta e fachendosos do que fixemos e do que tiñamos en proxecto facer.

saúde

12:31 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Amarante! O Concello de Dodro verá a lus do sol despois de 28 anos jobernados por un casique! Si,si, hai transisión. Os do BNG fomo sos únicos q subimos en votos, rompémo-la maioría absoluta do PP. Janamos dous concelleiros: un q perdou o PP e outro q perderon os do PSOE (q máis ben se deberían chamar PE e deixarse de caralladas, pq non sei onde teñen o de Sosialistas e o de Obreiros, pero bueno). De todos xeitos, o dito, hai transisión en Dodro!!!!!!!
Agora só están á espera do consenso, pero os do PSOE queren a alcaldía a toda costa. Do q non se dan conta é de q o Bloque vai pisando forte,jejeje.
Moitos bicos da enxebre e moita sorte para os exames, señor lisensiado!!!!!;)

1:06 da tarde

 
Blogger amarante said...

Alégrome moitísimo que en Dodro perdera a maioría absoluta o PP.Mais coido que polos resultados (705 votos PSOE e BNG 574, aínda que ambas formacións con 3 concelleiros) ten lexitimidade para ser o alcalde o do PSOE.

Pois neniña, como ves, aquí en Betanzos imos ao revés: posiblemente a dereita máis recalcitrante e conservadora (de número dous ía unha persoa que se negaba a condenar o réxime franquista nun pleno alegando que Franco o fixera ben)vai gobernar co apoio dunha organización independente que, a pesar de contar con xente válida, ética e de esquerdas, foron enganados (ao meu modo de ver) e utilizados polo que era o número un, ex-concelleiro do PP. Dirán que todo se escolle libre e democraticamente nunha asemblea en que cada militante é un voto..pero non hai democracia onde todo xa estaba pactado de antemán.

Xa nos veremos pola Faculdade que irei a estudar polas mañás alí.

Biquiños!Dúas asignaturas e xa son xornalista!:)

9:21 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Bueno, niso dos votos tes rasón, pero é q o do PSOE por Dodro é tan............ jeje.
Sejuro q queda de alcalde pero...eu quería a anxo franco no poder! É moi válido, non como o outro ¬¬.
Non creo q nos vexamos xa moito pq eu estou na miña casiña estudando. Temos os exames tan xuntos!!! E aínda por riba cádranme cos da escola de idiomas ¬¬, jobaaaaaaaaa!jeje
Veña, ánimo lojo con esas dúas asignaturas! Q ben! Q ilusión! Xa es xornalista!!!!!!jjejeejeje
Bicos da enxebre ;)

1:13 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Creo que blancolexitimo entende perfectamente o nacionalismo, o que sucede e que non comparte en absoluto o proceder dun sector do nacionalismo galego, vivindo como vivimos en Europa e na oitava economia do mundo.

Espero e desexo que dentro de duas asignaturas non teñamos un xornalista, senon un deses intelectuales comprometidos (mellor con certo grado de heteredoxia) que Galicia tanto necesita.

Un saudo

7:11 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!