Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/23/2007



FUXIR


Fuxir. Ese esquizofrenicamente inconsciente desexo de marchar de todas partes.

Fuxir. Esa terrorífica sensación de que todo se vai diluíndo.

Fuxir. Esa abrumadora hipocondría que latexa en casa esquina do edificio.

Fuxir. Ese desacougo que me entra por dentro cada vez te vexo.


Fuxir é ás veces o máis cobarde. Pero logo de tanto cavilar, de darlle voltas e voltas ao mesmo de sempre, chego á conclusión que o meu destino é fuxir. Cando fique parado preocupareime.
Porque cando non pense en fuxir estarei irremediablemente perdido.


E aquí está o fragmento que saquei do baúl das lembranzas para non deixar de avanzar...

A utopía está no horizonte e, cando nos aproximamos dous pasos, ela afástase na mesma medida. Se camiñamos dez máis, móvese en dirección contraria en novos dez pasos.
Por máis que eu camiñe, xamais a alcanzarei.
¿Para que serve a utopía?
Serve para iso: para que eu non deixe de camiñar.

13 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lémbrome do día que me ensinaches ese fragmento por primeira vez... ti lémbraste?
Ás veces a min gustaríame fuxir, moi lonxe, para sempre e non parar de fuxir... seguir cara a diante, sen mirar atrás nin aos lados... pero non son capaz, teño que mirar quen me acompaña... aínda que me doa...
Apertas neno.

12:56 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non me lembro exactamente,cando foi?

1:10 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

pois como dicia a anónima coñecida x msn sen resposta, aquí hai mestura de conceptos. Avanzar detrás dunha utopía, a parte de ser estupendo como autoestímulo, non ten nada que ver con fuxír. Queda algo raro.
muakas con sombras en azul!!!

3:31 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Eu tamén paso a vida fuxindo.
E por máis que corro, nunca deixo de poder ver o que deixo ó fondo; aínda que quede pequeniño.
Temo porque os realmente fortes deben ser os que quedan e loitan.

E sobreviven.

4:58 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Uiuiui, aqui hai moito anonimo... eu, o anónimo 1, pois déchesmo na túa casa...
;)
apertas neno...

6:28 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non comparto a teoría darwinista nalgúns aspectos...

pero si, para sobrevivir hai que ser forte.Ou cando menos facer crer ao esto que es forte.

Seguro que non ter nada que ver a UTOPÍA CON FUXIR???LE DE NOVO!!

12:36 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Suponho q nin saberás quen son, pero hoxe volvín ler o teu blogue e simplemente tinha a nesesidá de disirche q entendo ese teu "fuxir". Sabes?Moitas veses encantaríame espertar nun sitio diferente, con xente desconhesida, lonxe dos recordos e incluso da familia; si, empesar desde sero.
Pero probablemente as janas q eu tenho de fuxir vense inspiradas noutra sensasión de dor diferente. As túas vense q son pola dor dun amor q rematou; ás minhas, sinseramente, xa non sei q é o q as move, se un pasado q revive ou un xa típico malestar familiar q me abruma cada ves q chejo á casa.
Sé forte!Loita!Sobrevive!

9:23 da tarde

 
Blogger amarante said...

veraikon,sei quen es :)

En primeiro lugar aclarar que ese fuxir non te nada que ver cun mal de amores ou algo así, senón que o deixo subxacer como se fora un mal de amores para intentar xogar coa metáfora sen dicir abertamente o que realmente sinto. Porque todo isto vai alén do sentimental...ten un trasfondo máis vital.

Sempre tes a aportunidade de comezar de cero. Mais creo que se tiveras a posibilidade non o farías. Estou seguro. É moi duro deixar todo atrás.

Consello: toma o concepto fuxir non como o estritamente físico. Párate en seco e mira ao teu arredor. Por exemplo na faculdade: observarás que estarás fuxindo sen mover un músculo. A solución é fácil e o máis importante: está nas túas mans.

E repito, non somos radicais!!!:)

10:39 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

=:)Vaia!Sabes quen son,eh???Incrible!=;)
O de "fuxir", aclarado!Por serto, non sei se cho dixen, pero...escribes moi ben, e non son loubansas baratas,eh? Pero bueno, agora tampouco te me tires da moto e non vaias pensar que es un fenómeno!!!!!!=;)
Eu tm repito:NON DIXEN Q VÓS FORADES RADICAIS!!!!!!! ¬¬

10:57 da tarde

 
Blogger Zape (entre outras muitas cousas) said...

Tovarich, o desexo de fuxir pásanos a todos moitas veces na vida. Eu quixen marchar pra descubrir outros ceos en moitas ocasións, sobretodo cando a miña vida non seguia os cauces polos que eu queria leva-la, o que me sucedeu demasiado a miudo... Querer ver outras cousas é normal. Querer deixar o que nos rodea cando non nos satisfai, tamén. Cantas veces me fixen a min mesmo unha pregunta: Que facer cando as feridas que levas soio ficarian curadas con outros aires, outras terras e outros ollos? Cre-me. Eu tamén sinto ganas de deixa-lo todo, deixa-los a todos e ir coa única persoa que necesito, que son eu, a descubrir que hai outros sítios nos que cecais o solo saia polo oeste e se poña polo leste, e o corazón dos homes albergue menos ódio. Onde a brisa morna do mar acariñe os meus pes descalzos mentres converso vendo ao lonxe ós mariñeiros na procesión infinita da faena diária. Onde poida viver pensando que non voltarei ver o sol e polo tanto vivirei cada dia como o último, sen pensar en mañá ou pasado. Onde os amores estean sempre comezando e non lles chegue a puñalada mortal da rutina e o desengano. Onde primeiro non mollen os meus beizos con saliva e logo os meus ollos con bágoas. Onde cecais atoparei homes que poida chamar irmáns.
Pero cada dia sinto que a xente que me rodeades me facedes ver que existen eses lugares. Non pretenderei ser amado polo camiño da miña vida se non amo ao camiño.
Fuxir é doado, pero non quero deixar ocos nos corazóns que ficarian atrás.
Saude, terra, e mil primaveras mais pra que as gastes facendo a fotosíntese como fas habitualmente.

4:05 da tarde

 
Blogger amarante said...

Paco, o desexo de fuxir é intrínseco ao home contemporáneo, por iso da des-humanización progresiva do mundo e ese sentimento de marchar para "tecer ese casulo para preservarse da derrota e da soidade" (O.M.N.E)

Propoño trocar o nome de "cea nacional-popular dos CAF de Ciencias da Comunicación" por "cea de confraternización e coñecemento dende unha perspectiva integralmente soberanista e profundamente esquerdista dos CAF de Ciencias da Comunicación na procura de novo capital humano para que se sume á loita pola emancipación social, nacional e intelectual do pobo galego para procurar afondar na vontade que temos de acadar os dereitos políticos inalienábeis da nosa nación en materia educativa"

Ou sexa Paco, que xa estás facendo lista!

Aberto a militantes actuais e futuros (veraeikon ;) guiño, guiño. ). Xa estás vindo á cea!

10:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

eu sigo en desacordo...
bcsea

11:25 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Jooooooo!Tm estou invitada???'Anda!Q amable pola vosa parte,jeje. Teño q mirar a miña axenda a ver como vai pq..............=:) (bromaaaaaaaaaaa!)jajajajaja.
Amarante, calma esas discusións co Paco, polo menos no meu blogue!!!!!jeje. ¬¬
Bicos, parviños!=;)

11:37 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!