Encontros casuais -ou non tanto- e etílicos para lembrar pasados tortuosos; turnos na acampada para constatar que o Estado de Benestar fracosou comigo no que se refire á lingua estranxeira; postos do socialismo democrático para afortalar o proxecto colectivo; ofrendas en Bonaval coa Secretaria, o Conselleiro e as consignas panfletarias (véxase título) que tantos nos gustan, a pesares de non ser eu ningún mitificador.
E coñecer xente nova, ver outra que facía tempo que non vía ou simplemente pasar un bo rato entre amigos e traballo.
Uns días para lembrar, coiro. Uns días para lembrar.
E para a xente á que vos incitei a mercar o libro do Concelleiro, déixovos un fragmento (o comezo) para ver se vos remato de convencer.
"Son ben consciente de que a miña historia merece un comezo tan extraordinario coma os extraordinarios feitos que me impulsan a escribila. Un comezo, xaora que si: todas as historias dignas de ser contadas teñen un comezo, un arranque, un punto de partida que se pode situar na infancia, como dicía o outro, ou incluso moito, moito máis alá, quen sabe se nesa plácida e bretemosa lagoa de augas mortas á que nos conducen -contracorrente, escuridade, voces perdidas- os indómitos e entrambilicados afluentes do noso sangue. A miña historia, esta historia, é o relato dunha desfeita, dunha ruptura, dun fracaso, e en certa maneira tamén, paradoxalmente, un relato sobre o éxito. Claro que hai tantas historias sobre éxitos e fracasos -atrévome a dicir que tantas coma seres vivos- que cómpre berrar moi alto para que un novo relato non se converta, dende o primeiro, nunha historia máis no mar de historias, nun borboriño, nunha brisiña tan breve e tan fugaz coma a que pode inducir o derradeiro voo dunha bolboreta."
Editorial Galaxia.
XLL
Encántanme os "click" das dúas últimas entradas! (E é bo saber que o socialismo democrático é exclusivo de EN).
... estamos falando!
9:34 da tarde
O socialismo democrático non é exclusivo de EN, pero cando menos somos os únicos q os temos nas teses..
XD
11:55 da manhã