Vémonos todos alí, no ceo de bandeiras e de estrelas. Ao fin e ao cabo, todos estamos na mesma casa. E se queredes escoitar a tan socorrida canción, pinchade aquí e premede no reprodutor do último post.
Viva Galiza Ceibe e Socialista!
Viva a República Galega!
OS TEMPOS SON CHEGADOS(NA LÚA)
Que non pare o bailador
que non pare, vai arredor!
Cheguei o vintecinco a Compostela
nun ceo de bandeiras e de estrelas
estabas onde ia a Galiza Nova
de tódolos secretos tomei a proba
un saúdo
de vellos compañeiros, de namorados
que brindan porque
os tempos xa son chegados
Que non pare o bailador
que non pare, vai arredor!
busquei teus ollos perto dos insubmisos
amei a libertade do teu sorriso
e crece o movemento que nos defende,
nin amos nin escravos do amor que prende.
un saúdo
de vellos compañeiros de namorados
que brindan porque
os tempos xa son chegados
os tempos son chegados das vaguedades,
amamos a loucura e a inmesidade
Pasamos toda a noite eu e mais ela
na lúa de Santiago de Compostela
Os vellos compañeiros, os namorados
brindaban porque
os tempos xa son chegados
que non pare!
Abraiado pola túa postura a prol do consenso ;) QUE SE VEXA
SEMPRE 25 DE XULLO
VIVA A PATRIA GALEGA!
11:45 da manhã
Feliz día da patria!
Un biquiño
10:18 da tarde
Se ao fin e ao cabo eu sempre avoguei polo consenso...
Resaca de cansanzo infernal do Día da Patria...non teño q trabalar tanto...snif.
Viva a Patria galega por e para sempre!
Viva todos os pobos asoballados do mundo!
E por suposto, viva A XUSTIZA SOCIAL!
xq non hai liberación nacional sen xustiza social!!!
Porque para algo somos NACIONALISTAS DE ESQUERDAS!
7:26 da tarde
Iso parece unha pegata do MpB. xD
Mira que me levei textos, estatutos e teses do Festigal. Fáltanme os de EN, pero erades os únicos que cobrabades.xD. De tódolos xeitos gárdame as últimas teses tanto de EN coma de mocidade.
VIVA A GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!
7:57 da tarde
jajaja, xa ves, e que os de EN somos un pouco ratas..E non é pegata de MpB, senón algo que sempre se reclamou dende o socialismo democrático.
saúde e patria!
X certo, hai que quedar para iso que temos que falar e q non se pode falar x internet!xa sabes...jajaja
9:46 da tarde