Xogando as luces do amencer a facer figuras solsticias na parede, o despertador seguía a marcar a fatídica hora do mediodía, sendo consciente Amarante de que, para ben o para mal, hoxe comezaba un novo e duro día. Non tiña intención de apertar os dentes, doutra volta, para botarlle de novo as doses exactas de sal á ferida e autoflaxelarse. Xa tivo suficiente coa humillación que tivera ao lado do Mercado de Abastos. Prendera o sono enriba do seu brazo esquerdo, polo que, durmido e aínda sen comezar a circular o sangue e notar aquel fatigoso formigueo, tivo que darse golpes contra a parede para recuperar a súa condición de persoa coas extremidades superiores en plenitude de condicións prensís. Logo de tal exercicio absurdo (e absurdo entendido dende a postura de observador exterior, xa que se existise un grande irmán rozaría a incomprensibilidade ver unha persoa ao erguerse golpear o seu brazo dereito contra unha parede) e, seguindo os parámetros do convencionalismo fisiolóxico- o que a xente do común chama ir ao baño-, topouse de fronte coa pura realidade do estudante universitario medio logo dunha xornada intensiva ( e autoexpansiva) de xoves compostelán. Merda saíndo de cada un dos poros do piso, cascos de cervexas, patacas fritidas polo chan e un fedorento cheirume que viña dun extraño bulto envolto nunha vella manta no sofá. Era Laura. Era a fodida Laura. Por un momento crin verme no espello envolto en sangue lembrando o desagradable e fotográfico capítulo da nosa vella historia.
Por un momento crin lembrar. Pero menos mal que todo foi triste sono. Ou o que algúns chaman pesadelo. Que mais ten. A cuestión primordial é que non foi real.
non entendín nada
11:47 da tarde
menudo muermo
9:57 da manhã
grazas
12:08 da tarde
jajaja, que maja a xente por Dios...
¿Aínda estás ocupado?
11:05 da manhã
amarante: "grazas" as que eu teño e das que ti careces.
5:52 da tarde
Pois a min gustoume!! A verdade é que está mi equilibrada a parte poética e a narrativa. As críticas dos anónimos estarían ben no caso de qeu foran construtivas e non ataques persoais que é o que parece. Non ía poñer nada pero a xente que mala é....Seque escribindo así.
6:54 da tarde
Ao anónimo das 5:52: majo.
a Bolseiro: ocupado ando sempre.
ao anónimo das 6:54. Obrigado pola defensa, aínda que certos comentarios xa caen por sí sós.
9:35 da tarde