Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

8/13/2007



"Sie sind süß spanischer Junge"
Cinco días no paraíso do capital dan para moito. O primeiro, constatar unha realidade: Europa remata nos Pireneos. Basel-Basilea (campamento base das mini-vacacións) é unha cidade que representa moi ben o meu ideal de harmonía. Un ente "cívico" dos cidadáns e cidadás. O transporte público baséase en liñas periódicas por toda a cidade con tranvías e buses cunha periodicidade curta que desconxestiona o centro. Por poñer un exemplo ilustrativo, en hora punta, vense máis bicicletas que coches. Cascos históricos peonís, rúas limpas...Iso é o que se chama desenvolvemento sostible. Logo de tamén visitar Colmar, Estrasburgo e Lucerna, teño a certeza de que debemos avanzar (dende o nacionalismo e a esquerda, como é lóxico e para que non diga ninguén que me vendín ao sistema por estar uns días en Suíza) para construír espazos máis habitables no país e fuxir do mifundismo ideolóxico que nos inxecta ese españolismo convertido en localismo que burbulla dende as esferas estatais. E é que non hai agora mesmo unha ideoloxía máis universalizante e internacionalista que o nacionalismo galego.

Deixando dun lado reflexións políticas da mini-fuxida Europea, tiven tempo para o lecer. A pesares de que o nivel de vida en Basel é moi alto (8 euros unha caña), as saídas nocturnas foron bastante proveitosas. Nunha delas, nun local chamado "Papa Joes", cruzáronse no aire ferventes paixóns de ollos azuis e pelo dourado. E logo dun pequeno esperpento inducido por factores esóxenos ("kiss star"), ELA susurroume ao oído algo así como Sie sind süß spanischer Junge ("Ti es moi doce, mozo español"). Logo da tradución simultánea, de que a miña boca tatexara, de que as miñas pernas tremeran e de que a miña cervexa agarimara a súa pel, eu, desexando respostarlle algo tan fermoso como a súa cara, espeteille."I am not spanish, swiss girl".

E que, compañeiros, neste miña vida triste, o meu subconsciente aínda ten prioridades. Nin que dicir hai que a rapaza quedou cortada.

10 Comments:

Anonymous Anónimo said...

como che dixeron unha vez.."ti cando estás cunha muller na cama pensas en Anxo Quintana"
XDDD

12:33 da manhã

 
Blogger Xan Guindán said...

E entón de repente, zas, gatillazo. xD

9:21 da manhã

 
Blogger amarante said...

Con Anxo Quintana a calquera lle da...so fai falla montar un trío con antón losada...aish!

11:43 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

A rapaza era moi Alemana, xa que te tratou de Vostede, non de ti, en Alemaña a todo o mundo se trata de vostede... Así que a tradución correcta é "Vostede é moi doce" jejeje... e por riba de ser educada ti sóltaslle esa gilipollez... vamos home... nin en Suiza desconectas...

11:47 da manhã

 
Blogger amarante said...

.... como se di entón ti?A traducción fíxoma unha xermano-falante. De todos xeitos o sentido ven sendo o mesmo...

educada?eu diría algo "máis" que educada. Sabes ese momento coa cara sorrinte na miña casa en xullo do 2005?-en véspera do congreso-
pois tiven esa cara de novo en suíza!jajajaja
imaxínate!

12:38 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

Este post tiene mucho jugo. En primer lugar, me hace mucha gracia como relatas tus vacaciones en Suiza...parece un tratado de física cuántica. En segundo lugar, pobre chica, seguro que pensó que saliste de alguna secuela de james bond...
en tercer lugar, creo que poco a poco vas descubriendo de que el mundo no se acaba en galicia, por muy hermosa que sea.
Y en cuarto lugar, la solución a las aglomeraciones de coches na nosa terra a ver si se encuentra en la propuesta de áreas metropolitanas del ejecutivo gallego.
Pásao o ben!

12:21 da tarde

 
Blogger amarante said...

Semmpre está ben ver mundo para coñecer outras culturas, outras cidades, outros lugares...E dende logo, dinme conta de que aquí, en GZ, todos pecamos de excesivo localismo (que non nacionalismo, oxalá houbera máis XD). Quen non escoitou que "Coruña es la ciudad máis bonita" ou que "Vigo é a ostia". Pois logo de ver outras cidades europeas...o que nos queda aínda por avanzar!se é que estamos á cola de Europa!á cola!!!!

E o das aglomeracións non ten que pasar simplemente por unha proposta de áreas metropolitanas do executivo (ui, como me lembra á proposta do BNG de vertebración territorial jejeje) senón pola asunción dos propios gobernos municipais da máxima de que o transporte público ecolóxico e sustentable é o futuro para non sobrecargar de tanto ruído aos cidadáns e cidadás, de tanta merda a atmósfera e por fin humanizar un pouquiño as rúas.

1:07 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Pero que Compostela é a cidade galega por excelencia, e unha das máis bonitas do mundo, non mo discutades...

1:34 da tarde

 
Blogger amarante said...

Por supostos que non. De feito a única cidade que podería competir por "beleza e historia" coas outras cidades sería Compostela.

2:52 da tarde

 
Blogger Colectivo GZ-Israel said...

Ola amigos de Betanzos. Un favor (a ser posíbel) Precisamos fotos das rúas de Betanzos que en tempo foron habitadas por xudeus, a Xudaría de Betanzos. Ou o que fique dela. Se tedes algunhas enviádelas por favor a:
galiza_israel@yahoo.es
Moitas grazas

7:45 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!