Debo afirmar que, a pesares de que algúns queiran verme como un antiupegallo, non o son. Afirmo sentenciosamente que dende o meu punto de vista a UPG foi e é un activo importantísimo do Movemento Nacionalista Galego. Cos seus pros (traballo incansable, formación medio-alta) pero con moitísimos contras. Entre eles, claro está, a do seu afán de "controlar" e impoñer disciplina a súa maneira. A frase do principio non é baladí, xa que reflicte perfectamente o que, nas miñas carnes, vivín en diversas organizacións socias e estudantís nacionalistas alén do BNG (véxase CAF, por exemplo).
Considérome marxista na forma de analizar a sociedade (na estratificación estrutura-superestrutura e na dialéctica ideolóxica, mais non no caduco sistema de confrontación clásica de clases como motor da Historia que algúns seguen como un catecismo sen saber que xa estamos no século XXI) e liberal-revolucionario no pensamento político. De aí nace o meu socialismo democrático que, ao nacer en Galiza, faime ser nacionalista tamén.
Outros, non obstante, prefiren vivir nunha burbulla sen adaptar o discurso teórico (U-la nova análise da estrutura social que Beiras quería facer no 2004 antes de que o decapitaran para ter praxe congruente cun país terciarizado?). Para ben ou para mal, o agrarismo xa pasou e precisamos dunha nova releitura da situación económica de Galiza que, a pesares de seguir sendo unha neo-colonia da periferia europea, dista moitísimo do que foi nos 70".
Deixando dun lado este tipo de apreciacións que xa realizaremos máis adiante, algo importante que unha opción paridaria da Fronte Patriótica A-ideoloxizada ("estamos por riba da esquerda e da dereita") debe deixar de facer é, por unha parte, a aplicación de métodos stalinistas da aplicación da lei ("según me conviene") e o control férreo dos movementos socias.
No tema da Asociación Galiza-Israel, o que se fixo foi unha persecución contra Pedro Gómez Valadés por ser "cómplice do imperialismo"."Se nos estatutos di que somos antiimperialistas, toda acción que vaia en contra disto é motivo de expulsión". Non direi nada. Porque non comparto a postura do compañeiro Pedro, que ao meu modo de ver é errada. Pero engadirei que tamén nos estatutos do BNG pon que "defendemos os dereitos humanos". E, como é sabido, moitísima xente da Fronte está metida en Asociacións de Amizade con Cuba é Irán. E xa non das súas xentes (como é o caso da AGAI), senón da súa clase política que creba a liberdade de información, non respecta ás mulleres nin aos homosexuais e ten instaurada a pena de morte. Eu non estou nin con uns nin con outros. E despois din que a "nosa" postura é a maniquea... (ou comigo e coa miña espada anti-imperalista, ou con eles, os imperialistas do capital).
Por outra, e non menos importante, o tema da independencia dos movementos socias. A todos eles hainos que separar rapidamente dunha opción partidaria porque deben ser ferramenta ao servizo da sociedade civil, e non correas de transmisión de ningunhas siglas. So así se constrúe a nación. Paso de xigante que deu a CIG coa plataforma "Cultura si, mausoleos non", pedindo responsabilidades ao goberno do PP pero, no caso de existir, tamén á xestión da Consellería de Cultura que agora mesmo preside A. Bugallo.
Un paso importante. Agardemos que tanto CAF, como A Mesa, como ADEGA (Verdegaia xa superou en militantes a ADEGA, vedes o que se consigue sen control?) como demais asociacións sigan o camiño de emancipación que está emprendendo a CIG.
No marco da disciplina dos coroneis nos 70" remataremos por ser unha forza residual. E non avanzaremos cara o que algúns anceiamos: a República galega con xustiza social.
Ui, isto ten moita chicha e agora non teño tempo para discutircho todo. En primeiro lugar, xa vexo cal é a principal diferenza ideolóxica entre ti e min. Eu creo na loita de clases como motor da historia, logo son comunista, ti non, logo es socialista. Coido que xa che expliquei a miña opinión sobre a configuración das clases sociais no mundo globalizado, polo que non a vou pór aquí.
Por outra banda, xa que citamos o documento contra os coroneis, cómpre dicir que foi baixo a súa dirección cando o nacionalismo acadou os seus maiores logros. E mira onde están os que se opuxeron ao control e á disciplina dos que falas. ¡En organizacións residuais sen ningunha influencia social! (véxase a FPG de Ferrín, persoa sumamente crítica cos coroneis)
Tamén me gustaría dicir, que o tema do control dos movementos sociais, non só é a algo inevitábel senón que é necesario, por cuestións de praxe. Pero agora teño que marchar, así que sigo logo
9:33 da manhã
os peores son os conversos
10:09 da tarde
Un par de citas do Libro Vermello Presidente Mao Zedong (pésimo gobernante pero gran estratega)
A disciplina do partido esixe, ente outras cousas, que a minoría se someta á maioría. A minoría, aínda que no caso de que a súa opinión fóra rexeitada, debe apoia-la decisión acordada pola maioría. Se o estima necesario,pode volver a presentar o asunto na reunión seguinte para a súa consideración, pero de ningún xeito debe actuar en contra da da decisión xa adoptada
-------------------------
e necesario reafirmar a disciplina do partido, que consiste en:
1)a subordinacion do militante á organización
2) a subordinación da minoría á maioría
3) a subordinación do nivel inferior ao superior
4) a subordinación de todo o partido ao Comité Central
Quen viole estas regras socava a unidade do partido
Amén
3:32 da tarde