Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

11/25/2007


25-N. Rematemos con todas as desigualdades que sofre a muller!

"Ao aumentar de forma efectiva a influencia da muller en todos os niveis da vida pública, aumentan as posibilidades de cambio en dirección cara a igualdad entre os xéneros (…), así como cara unha sociedade más xusta e democrática.
( Kofi Annan, 2005 )

Unha idea moi significativa é a existencia dunha estrutura social que en todos os seus eidos, ben sexan nas dimensións materiais ou simbólicas, están sobrecargados de sexismo. A sociedade está configurada de tal xeito que o todo o entramada institucional reproduce, ás veces inercialmente e outras intencionadamente, a diferencia xerárquicamente asimétrica entre homes e mulleres. E os medios de comunicación teñen unha importancia capital na reprodución da sociedade sexista, e tamén teñen a responsabilidade no desenvolvemento da democracia representando equitativamente todas as voces sociais na información que nos ofrecen. É e que os medios de comunicación reproducen unha sociedade fondamente machista, patriarcal non só nos contidos, senón tamén dende a propia estrutura e funcionamento interno das diferentes empresas dos medios de comunicación, que exclúen maioritariamente ás mulleres dos postos de decisión. A conclusión lóxica, tal e como apunta Ana Sánchez Bello, é que os medios teñen unha responsabilidade inequívoca na reprodución da situación hexemónica dos varóns e sobordinada das mulleres e, ao mesmo tempo, poden e deben ser unha ferramenta fundamental na igualdade entre os xéneros, pois ten unha capacidade de influencia social limitada pero efectiva. Para isto, os e as profesionais da información precisan formarse nese mirada intelectual que explica as causas e os mecanismos da situación de desvantaxe social das mullere. No Seminario Taller “Participación Política de la Mujer y Democracia: Visión desde sus protagonistas”, organizado en Honduras polo PRODDAL en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) en abril de 2005, chegouse a afirmar que a igualdade de xénero é imprescindible para acadar o desenvolvemento e a paz no mundo. Tamén se incidía no tema de estar ante un problema basicamente de vontade política, de participación activa da opinión e de decisión clara das mulleres en cada país para lograr a plena igualdade e de dereitos mediante unha participación política activa, que en termos ideais debería conducir rapidamente a esa igualdade.

A democracia moderna non debería perpetuar esta situación. Xa que logo, deberíase implementar os mecanismos oportunos en todas as esferas da vida económico, político e social para que ese situación de desigualdade e subordinación desapareza. E ademais diso, os poderes públicos deberían remover os obstáculos que o dificultan avanzando no desenvolvemento dunha democracia de calidade e igualitaria. As mulleres deben de ser case a metade dos parlamentos e a metade dos gobernos. Como se dixo en Atenas, “a metade do ceo, a metade da terra, a metade do poder”.

5 Comments:

Blogger oko said...

e pos unha cita de kofi?
ti sabes como estaba o status da muller na onu hai uns anos???

11:03 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non sei...podes dicirmo ti?

9:52 da manhã

 
Blogger amarante said...

(en serio,non o sei)jeje

9:52 da manhã

 
Blogger oko said...

pois mira, sería longo de explicar, pero podes acudir a alguén que tes moi preto e que foi quen mo contou a min, a profesora de CC. PP. en Compostela Irene Rodríguez Manzano. Leva anos investigando sobre o tema, e asombraríaste de como estaba a muller na ONU

11:39 da tarde

 
Blogger oko said...

(senón tamén podes acudir aos documentos do cumio de beijin, que foi sobor do tema da muller. e senón, no nadal explícocho!)
:D

11:40 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!