Marcho para Polonia, ese Estado que durante séculos semellaba o Guadiana (aparece, desaparece, aparece, desaparece). E deixo moitas cousas aínda sen rematar, suspendidas no aire á espera da materialización ou no caso contrario, da desintegración final.
Eis tamén vos deixo unha frase de Antón Baamonde, moi interesante dende o punto de vista da análise de acción e discurso político.
"Un partido precisa, ademais da racionalidade, satisfacer determinadas demandas simbólicas, garantir non só que vai xestionar máis ou menos eficazmente; ademais debe mostrar que ten vontade de entrar en pugna e gañarlle o combate aos inimigos cualificados”.
Saúde, patria e socialismo para todos e todas
agardo que voltes san e salvo...
coidado coas polacas, que son bravas
11:29 da tarde
Pásao ben socialdemocratiña. E como ben dixo o anónimo, coidado coas polacas.xD
5:07 da tarde