Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/31/2007

O Avante, a canción, Marx e independencia!

E para pechar o ano, un anaco da canción que pecha tantos xoves composteláns, mesturados de licor café e berros de "Independencia!! E ben, non sendo eu comunista, teño que admitir que ás veces é preciso unha análise marxista da sociedade para entender moitas cousas. Pero como dixen repetidas veces, Marx non debe estar secuestrado polo comunismo. O socialismo democrático debera retomalo e actualizalo para non esquecer de onde ven un.

Bo ano a todos e todas. Ano 2008 no que agardemos a xustiza social sexa algo máis que unha retrousa dos reformistas.

Independencia para Galiza!
Xustiza Social en todo o mundo!


12/24/2007

Viaxar na Galiza: materia pendente do Estado!

12/23/2007



Condición da esquizofrenia (persoal ou política?)

Bipolarismo: O disturbio bipolar é unha condición médica na cal a xente ten uns altibaixos fora de proporción, ou totalmente sen relación cos eventos da vida. Estes altibaixos afectan aos pensamentos, sentimentos, saúde física, comportamento ou funcionamento.

Bipartidismo: É un sistema de partidos políticos que favorece a aparición de dúas coalicións políticas (polo xeral antagónicos no espectro político) para xerar unha exclusión de minorías políticas.

12/02/2007


Aire frío

"O que habia, ou houbo, no sofá é algo que non podo nen me atrevo a dicir aqui. Pero isto é o que, en meio dun estremecemento xeral, descifrei do pringoso e embadurnado papel, antes de quitar un misto e prendé-la lume até ficar só unha pavesa, que conseguin descifrar aterrorizado mentres a patrona e os dous mecánicos saían disparados daquel infernal lugar cara a comisaría mais próxima para balbucear as suas incoherentes histórias. As nauseabundas palabras resultaban pouco menos que incríbeis naquela amarelenta luz solar, co ruxido dos coches e camións que subian tumultuosamente da abigarrada Rua Catorce..., pero debo confesar que naquel momento crin o que dician. Se as crio agora é algo que sinceramente ignoro. Hai cousas acerca das cales é mellor non especular, e todo o que podo dicir é que non suporto o mais mínimo o cheiro a amoníaco e que me sinto desfallecer ante unha corrente de aire excesivamente frío.

- Chegou o final - rezaban aqueles fedorentos garrapatos. Non fica xelo... O home lanzou unha ollada e saiu correndo. O calor aumenta por momentos, e os tecidos non poden resistir. Imaxino-me que o sabe... o que dixen sobre a vontade, os nervos e a conservación do corpo unha vez que deixaron de funcionar os órgaos. Como teoria era boa, pero non podia manter-se indefinidamente. Non contei co deterioro gradual. O doutor Torres sabia-o, pero morreu da impresión. Non foi capaz de suportar o que houbo de facer: tivo que introducir-me nun lugar estraño e escuro, cando fixo caso ao que lle pedia na miña carta, e logrou curar-me. Os órgaos non voltaron a funcionar. Tiña que facer-se á miña maneira - conservación artificial - pois, comprende?, eu falecin naquel entón, fai xa dezaoito anos.
"

H.P Lovecraft


 
adopt your own virtual pet!