Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/22/2007


Un pouco de humor na noite de pedra.

Fonte: Betanceiros, que queredes? http://www.blogoteca.com/betanzos/

6/16/2007

Queridos amigos e amigas que ledes o meu blog:

En Betanzos vai ser alcaldesa a señora Mari Faraldo, Secretaria de Organización do PP da Coruña que instou aos alcaldes do seu partido a que retrasaran a firma de convenios para constituír as brigadas anti-lume sen importarlle a nosa terra nin os seus veciños e veciñas. Sí, esa mesma señora que milita nun partido que recolle o franquismo sociolóxico. Sí, saben? O partido do xenocida Aznar (guerra de Iraq), do fascista Fraga (sí, sí, foi ministro de Franco, e Franco era un ditador fascista, pola tanto Fraga tamén o será, non sí?) e dos opusianos nacional-catolicistas de Acebes e Zaplana. Sí, eses mesmos que comentaron que era unha ofensa contra o Estado que Zapatero non fora á misa do Papa ou que Anxo Quintana non lle fixera a ofrende ao Apóstolo o día 25. ¿Pero non vivimos nun Estado laico?

Pois ben. Hai un partido novo en Betanzos que se chama Cidadáns por Betanzos. Presentouse ás eleccións, encabezando a lista un ex-PP. Sacaron 3 concelleiros e tiveron a chave de goberno. Hoxe foi o pleno extraordinario de investidura e que sorpresa levei cando CXB (logo de escoitar en boca dos seus militantes que nunca votarían por Mari) fixo alcaldesa á susodita. Dirán, "nós queriamos botar aos Lagares". Ben. Os Lagares serán uns cabróns. Non o nego. Pero Mari Faraldo, ademais de cabrona é facha e analfabeta funcional (lembremos que nun pleno non condenou o franquismo, polo tanto non retiro o insulto e, ademais, o repito..."analfabeta funcional"). E o de facha non é unha perrencha de neno pequeno nin un insulto sen fundamento. É constatable.

Quero dar os parabéns aos "progres claros e transparentes" de CXB por facer alcaldesa a unha tipa do PP de Acebes, Zaplana e Aznar. Non deixo de ter unha pequena pedra neste corazonciño. Porque en Cidadáns por Betanzos pensei que había xente respetable politicamente. Pero logo do espectáculo bochornoso que nos deron (prazos, esixir a alcaldía, etc,etc) pouco queda por dicir.

Eu son nacionalista, de esquerdas e demócrata. E teño que respectar a vontade do pobo. Pero creo firmemente que CXB enganou aos seus votantes.

Polo miña banda só dicir que loitarei porque volva o progreso da man do BNG de Betanzos ao concello. Porque creo que somos os únicos que falamos, durante toda a campaña, de propostas concretas para avanzar en calidade de vida e benestar, construíndo unha cidade participativa dinámica. Queda un día menos para as próximas eleccións. E mentres PP, CXB e PSOE seguen co "mercadeo"o nacionalismo de esquerdas en Betanzos seguirá escoitando aos veciños. Como fixo e fará.

Queda un día menos para que outro novo Betanzos sexa posible. As municipais do 2011 están aí, á volta da esquina. E algúns seguiremos facendo camiño para que o BNG sexa a forza máis votada. Porque será garantía segura de que Betanzos será da maioría social. E non só da mesma clase política vella e podre.


Saúde, patria e esquerda





6/06/2007




Ás veces uns pregúntase que ten que ser o SOCIALISMO. Fuxindo de concepcións dogmáticas e intransixentes, o socialismo debe fundamentarse nunha esquerda moderna e aberta, avanzando nos principios de democracia participativa e na reformulación dun Estado de Benestar agora mesmo asfixiado. Non hai que falar de estatalizar, senón de socializar, facer público. E só haberá socialismo cando exista esa tan demandada xutiza social e cada por fin a igualdade sexa un vocablo con contido concreto. Sen esquecernos, claro está, da propia capacidade do individuo para emanciparse intelectualmente do sistema. En resumidas contas, o socialismo ten que ter claramente dous piares: un material e outro intelectual.

Con isto comezo o encerro por mor dos exames.

Patria, esquerda e internacionalismo

6/02/2007


Eleccións municipais 2007


Hoxe vou desconectar un chisco dos exames e facer unha pequena reflexión ao fío das eleccións municipais. Asumindo e respectando o resultado emanado do pobo, quero deixar constancia dunha realidade, ao meu modo de ver, obxectiva.

-O BNG de Betanzos presentouse ás eleccións co programa máis completo. Basta con ver que outros partidos presentaban trípticos con medidas puntuais, superficiais e xenéricas. Poñamos por caso o de CXB, que nese tan socorrido papeliño con 7 compromisos parecía que "nos descubrían a pólvora" como por exemplo no que atinxe a participación cidadá na vida pública! Vainos dar un exemplo de democracia participativa a lista que encabeza unha persoa que ata fai moi pouco tempo bloqueou sistematicamente o Regulamento de Participación Cidadá e Consellos sectorais naqueles eidos susceptibes de participación veciñal que propuxo o BNG?

- O BNG presentaba o mellor candidato. Lonxe de cabezas de lista que parecen acomodados na poltrona do poder logo de máis de 20 anos; lonxe de señoras que pouco máis que animaban á xente a prender lume ao monte; e lonxe de candidatos conservadores que pertencen a esas familias burguesas que sempre "cortaron o bacallao" en Betanzos. Andrés Otero era o candidato da maioría social, un candidato preparado que estaría sempre ao servizo da clase traballadora e nunca só das élites despóticas!

-O BNG presentouse cunha xestión municipal boa. Levamos o peso do goberno. Fomos os primeiros en poñer en valor o casco histórico, tomando medidas transversais como a rehabilitación de casas; peonalización e construír esa cidade para o cidadán e non para que os señoritos aparquen o coche diante do bar para tomar o café tendo a súa casa a 20 metros; apoio ao Centro Comercial Aberto e á modernización do Comercio. E que dicir o que se fixo coa mocidade: por primeira vez se constituíu en Betanzos un Consello da Mocidade, dando un paso na calidade da nosa democracia. Os mozos e mozas tiñan voz e voto nas liñas políticas a implementar dende a Concellería.
E que dicir en Urbanismo! A nosa revolución foi simplemente facer que se cumplise a legalidade. Porque o Urbanismo ten que estar ao servizo do interese xeral, e non dos intereses de construtoras, promotores e particulares. É dicir, asentamos as bases para un proxecto de cidade aberta, participativa, dinámica e sostible na que poder vivir.


- O BNG de Betanzos incardínase nun proxecto integral de país que ten o nacionalismo de esquerdas que representa o Bloque Nacionalista galego. Avogamos pola adaptación das estruturas locais á dinámica socioeconómica real e non á unha cuadrícula feita dende Madrid por xente cuadriculada no que se refire ás arcaicas provincias.

Pero a última palabra tena o pobo. Non vou falar de "demopedia", tal e como recolle de forma excelente un grande escritor nun artigo (..."porque unha das meirandes chatas das democracias occidentais –entre as que inclúo a democracia española, e singularmente a española- é a de pasar na punta dos pés por algo que xente en aparencia tan dispar coma Proudhom ou Rousseau ,“o meu dereito de influír nos asuntos públicos imponme a obriga de instruírme antes neles”, puxeron en certa maneira de manifesto: non hai verdadeira democracia –e digo democracia material- sen educación.) Non o vou facer.

-Dou os parabéns a un PSOE cada vez máis descafeinado ( U-la esquerda?) por ser a lista máis votada.

-Dou os parabéns a Cidadáns por Betanzos por irrumpir con tal forza no arco municipal e agardo que a súa presenza faga máis rico o debate. Do mesmo xeito fágolles un chamamento a que non decepcionen ao seu electorado.

-Ao PP non lle dou os parabéns por nada. Basta con estar nunha mesa con eles para saber como son.

E antes de rematar, comentoume "blancolexítimo" na mesa que non entendía o nacionalismo. Pois eu son nacionalista galego por vivo nunha nación que non ve recoñecidos os seus dereitos culturais, políticos e sociais. Son nacionalista porque son de esquerdas e vivo en Galiza. Son nacionalista de esquerdas porque son anti-imperialista, ecoloxista, feminista e porque traballo para a maioría social. E son do BNG porque é a fronte que pode canalizar de mellor xeito as miñas ansias de aportar á cultura universal unha visión particular. E traballo todos os días no BNG porque, dende o meu punto de vista, somos a única organización transformadora, que está en Foros Sociais e en todos os colectivos que aínda pensan que o sistema no que vivimos é tremendamente inxusto como para xustificalo. Porque somos os únicos que cren e loitan por outro Betanzos, outro Galiza e outro mundo máis xustos.

E dos resultados no resto de Galiza, dicir que non foron malos de todo. Mantivémonos en porcentaxe e subimos en concelleiros e alcaldes (a pesar de baixar en votos).

Acepto, como dixen anteriormente, os resultados electorais, por ante todo, son demócrata. Non obstante non deixa de ser certo que se un pobo escolle libre e democraticamente o seu suicidio non por iso está ben o suicidio. Déixoo así no aire. Pero repito, ante todo son demócrata. E o que diga o pobo, que así sexa.

Saúde, patria e esquerda compañeiros!

Os tempos serán chegados. Paciencia e traballo.

 
adopt your own virtual pet!